Continuamos con esta actividade, posta en marcha na
pasada edición, co obxectivo de seguir impulsando a acción e
concienciación ambiental.
Como?
É moi sinxelo. Só tedes que mostrarnos en redes sociais o que estades a facer polo medio ambiente… Que é moito!
Cada mes, propoñerémosvos un eco-reto para realizar accións de recuperación ou defensa ambiental no cole, en casa, con amigos, etc.
Cando o consigades, sacades unha foto ou facedes un vídeo cortito (menos dun minuto) e subídelo a Facebook ou a Instagram, engadindo o hashtag #AccionVozNatura e o hashtag de cada mes.
E... Non vos esquezades de etiquetar cada foto ou vídeo con: @voznatura para que podamos ver todo o que publicades!
No mes de marzo, o reto é: Plantamos para protexer os nosos ecosistemas, reducir o cambio climático e frear o deterioro do planeta. Hashtag: #RetoPlantamos
É dicir, ás fotos ou vídeos dos retos que subades ao longo deste mes de febreiro, debedes engadir: #AccionVozNatura, #RetoPlantamos (ademais de etiquetarnos con: @voznatura).
Animádevos a participar!!! Podedes etiquetarnos a nós tamén #acharcadoslibros
No hay comentarios:
Publicar un comentario