A celebración do día das
Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia
Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro "
Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou
escritora en lingua galega.
- "Cantares
Gallegos", está considerada como a obra literaria que inicia o
"Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna.
- A proposta de celebrar
ese Día foi formulada por tres membros da Real Academia Galega, Manuel Gómez,
Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego.
- A primeira escritora
homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro seguíndolle en anos
posteriores: Alfonso Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez,
López Cuevillas...
- A Real Academia Galega
celebrou o pasado 2006 os seus cen primeiros anos de historia.
- Fontenla Leal e Manuel
Curros Enríquez, dende Habana, deron os primeiros pasos para a creación dun
organismo que loitara pola lingua e a cultura galega e así, un 30 de setembro
de 1906 celebrouse no salón de actos da Reunión Recreativa e Instructiva de
Artesanos da Coruña a constitución e primeira reunión da Real Academia Galega.
- A primeira sede foi no
Pazo Municipal de A Coruña, pasando posteriormente a un edificio da Rúa
Tabernas, propiedade dunha das académicas, a condesa de Pardo Bazán.
- O seu primeiro
presidente foi Manuel Murguía, marido de Rosalía de Castro.
Xogo de dardos
https://view.genial.ly/5e750fa6d0e81c0e4046557d/game-don-ridardo-o-xogo
O miserio da casa de Ricardo Carvalho Calero
https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020?