27/11/16

Contra a violencia de xénero

O venres, 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional contra a violencia de xénero. Alumnado do Ceip Carlos Casares (aula de 5º de primaria), do noso centro (as dúas aulas de 4º de primaria), os de Limisi e algunhas persoas maiores do Centro de día acudimos ó convite que nos fixeron desde o C.D.R. "O Viso", A cruz Vermella e o CIM de Xinzo. 
Aínda que estaba programado facelo na praza maior, por mor do tempo chuvioso, tivemos que acollernos ó plan B e nos soportais da Casa de Cultura fixemos algunhas actividades. Unhas preparadas por nós nas aulas e outras que as tres organizacións tiñan para concienciarnos desta problemática... Despois ás doce, coa presenza das autoridades Municipais, deuse lectura a un manifesto. Pasamos frío pero pasámolo moi ben. Aquí tedes algunhas mostras.

25/11/16

Magosto no CEIP Rosalía

O xoves 17 os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria participaron no magosto no colexio.
A xornada consistiu na práctica de diferentes xogos populares por todo o patio e na degustación dun menú propio desta festividade.

Aquí deixamos unha mostra do ben que o pasamos todos/as: profesorado e alumnado.

Natación en 5º e 6º

O pasado mércores 23 de novembro os rapaces e rapazas de 5ºe 6º desfrutaron dun día de piscina, diversión  e competición.
Comezamos de esta forma as xornadas de deporte escolar que se desenvolverán durante todo o curso, practicando campo a través, atletismo, natación, fútbol, baloncesto, orientación, xogos populares...

A vindeira semana serán os nadadores/as de 3º e 4º os que terán a posibilidade de participar nesta actividade.


24/11/16

Andaina e Magosto polo río Faramontaos

   O xoves pasado, 17 de novembro, fixemos o magosto no Ceip. O alumnado de infantil, 1º , 2º e 3º de primaria celebráronno no patio do centro. O alumnado de 4º, 5º, e 6º de primaria fomos en autobús ata o pobo de Faramontaos. Alí fixemos unha xeitosa andaina (temos un folleto explicativo) toda a beira do río ata a presa de Gudín. Aínda que tivemos moita sorte co bo tempo que nos fixo, o espectáculo non é que fora tan amable como outras veces; porque aínda que xa estaba todo o chan verde poidemos ver os "cadáveres" das árbores... pasto do lume. Tampouco poidemos escoitar a auga do río porque co pouco que choveu ata ese día, non podía levar moita. Con todo, fomos vendo os restos dos muíños e aprendendo a distinguir algunhas árbores, tratando de descubrir algunhas pegadas, animais... 
   Finalmente, á volta, na área recreativa onde xantamos, coa bonita ponte medieval (con pouquísima auga) case non puidemos probar as castañas porque os que contabamos que nolas asaran non o fixeron; así que aínda que nos puxemos a asalas... non tivemos tempo máis que para queimalas algo por fóra. De seguida houbo que volver coller o autobús para regresar.   





22/11/16

Participamos nas VII xornadas de B. E. de Galicia

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/course/view.php?id=27
   Este pasado fin de semana, dúas persoas do noso Ceip, participamos nas VII Xornadas de Bibliotecas Escolares, que tiveron lugar no Pazo de Congresos de Santiago os días 18 e 19 de novembro. Un ano máis estivemos encantados de participar formando parte dese milleiro de persoas que nos xuntamos para aprender, falar, escoitar e compartir experiencias, sobre todo, relacionadas coas biblioteas e a súa función. Aquí vos poñermos un enlace para poder acceder ós contidos das mesmas. http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/course/view.php?id=27


16/11/16

Día Internacional para a Tolerancia

Hoxe, 16 de novembro celebramos o Día Internacional para a Tolerancia, declarado así polas Nacións Unidas. O objectivo disto é que exista unha comprensión entre culturas e pobos. Fomentar o respecto e a aceptación. 
De acordo coa ONU, a tolerancia consiste en recoñecerlle ós demais o dereito a que se respecte a súa persoa e identidade.

10/11/16

Día mundial da Ciencia














Hoxe, 10 de novembro, celébrase o Día mundial da Ciencia para a paz e o desenvolvemento. Por isto os museos científicos -dinos o blog voznatura- están de festa. Tedes máis información no enlace seguinte 


9/11/16

3º e 4º de Primaria: Aprendendo por Ourense

   Este mércores 9 de novembro o alumnado de 3º e 4º de Primaria pasamos a xornada en Ourense. Primeiro no Auditorio, con outros centros da Provincia e da Capital, vendo a obra de teatro "Pulgarcito". Nela, Teatro Paraíso, da man do autor e director Iñaki Rikarte, asistimos a unha versión singular do conto; son un pai e un avó, os que dan vida ó relato, para recrear una nova historia tantas veces contada na noite dos tempos. Con moita miga, máis da que captaron as crianzas... 
   Despois o alumnado de terceiro foron ata o Xardín Botánico onde ademais tiveron a posibilidade de ver unha exposición de bonsais e seguir as interesantísimas explicacións do noso veciño limiao José Manuel Corbal.
   Os de 4º estivemos na Praza Maior de Ourense e mentres esperamos a coller o tren turístico poidemos ver o salón de plenos e a exposición filatélica San Martiño na aula de cultura do Liceo. Despois gozamos do percorrido ata baixarmos en Outariz e desfrutar daquel entorno.

4/11/16

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas


http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/

O auditorio da Biblioteca Pública Ánxel Casal, de Santiago de Compostela, foi o escenario para a presentación do Manifesto e as actividades de NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS,
A Arquitecta Isabel Aguirre de Urcola, Premio de Ciencia "María Josefa Wonenburger"- 2015, foi a científica convidada este ano para a elaboración do "Manifesto" a favor da ciencia en galego nas bibliotecas, que se edita e se distribúe polas bibliotecas de Galicia. Na presentación, Isabel Aguirre insistíu na importancia das bibliotecas como espazos de depósito do coñecemento, na diferencia entre información e coñecemento e na importancia de aprender a ciencia en galego nas escolas. Incidíu na sorte que temos os galegos de podermos contactar na nosa lingua con millóns de persoas por todo o mundo "algo que deberíamos darlle máis valor". 
http://www.slideshare.net/BibliotecaRevoltas/lecturas-para-o-da-da-ciencia-en-galego-2016-cpi-as-revoltas?ref=https://edlgasrevoltascabana.wordpress.com/2016/11/03/guia-de-lectura-de-ciencia-en-galego/O Secretario Xeral de Cultura presentou, así mesmo, o díptico que se edita coas actividades das bibliotecas públicas programadas para este mes de novembro, así como os recursos e actividades que sobre a ciencia en galego se levan a cabo tamén nas bibliotecas escolares. 

"Nós aleitadoras, nós conquistadoras, brillantes activistas da vida cotiá"...

O 25 de novembro, conmemórase en todo o mundo o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, porque é a data na que, en 1960, tres activistas políticas dominicanas, as irmás Mirabal, foron asasinadas polo dictador Trujillo. 
Para honrar este día e conmemoralo a cantante e gaiteira gallega Guadi Galego (que nestes días ven de publicar un novo traballo "O Mundo está parado") sacara esta canción que homenaxea ás matriarcas gallegas, as mulleres que sobre a súas costas levan adiante non só as súas familias senón que sustentan a base do Fogar de Breogán (Galicia, como di o seu himno) ó que chama “o país dos alalás”.
Sumámonos a este máis que merecido homenaxe ás matriarcas galegas e convidámosvos a que gocedes desta espectacular obra de arte:


https://youtu.be/VSuS_pdCvSE

 Como nos contan os nosos amigos Pili e Eloi en "Son de Pau" esta Gaiteira, compositora é unha das voces imprescindibles da música contemporánea galega. Despois de "Benzón" e "Lúas de outubro e agosto", chega  "O mundo está parado": o terceiro disco en solitario de Guadi Galego.
Na súa intensa traxectoria musical, a compositora galega tamén formou parte de proxectos como Berrogüetto, Nordestin@s, Espido ou a CadaCanto.

3/11/16

Cando a Morte se fai arte


http://www.slideshare.net/tudense/a-morte-territorio-das-artes
Atopamos isto na Biblioteca do IES San Paio: Lembrando ós mortos coa arte.
Descubrir, no día de Defuntos, a morte da man da arte (Biblioteca e morte: territorio das artes).