22/12/20

Boas Festas! (e a desfrutalas con responsabilidade)

 Rematamos o primeiro trimestre deste curso tan especial. Ninguén podería ter asegurado que iamos ter uns primeros catro meses de curso tan "normais" como ao final así foron. As medidas de seguridade e distanciamento social tomadas e interiorizadas por tod@s @s que conformamos a comunidade educativa veñen de amosar uns resultados mellores dos que nun principio se podían prever. O papel fundamental do profesorado, concienciando ao seu alumnado do que realmente debiamos facer tod@s para minimizar o impacto desta pandemia e o comportamento extraordinario de todo o noso alumnado (dende os 3 ata os doce anos) fixo que o número de contaxios internos no centro fóra cero, e os poucos producidos fóra do entorno escolar, non tiveran ningún impacto entre o resto de compañeir@s c@s que compartían aula, patio, comedor, ...

Por esta razón e chegado este momento de parón, queremos recoñecer os esforzos levados a cabo por todo o persoal docente e non docente en cumprir e facer cumprir todos os protocolos establecidos no centro para manter á raia este maldito virus, pero sobre todo AGRADECER (con letras maiúsculas) o extraordinario comportamento de todo o noso alumnado (coa colaboración indispensable de todas as familias que conforman a nosa comunidade educativa) amosando un compromiso exemplar en todas e cada unha das situacións tan distintas e estranas que este principio de curso nos ten feito vivir. De corazón... MOITAS GRAZAS!

Desconectade, disfrutade destas datas (pero coa mesma responsabilidade que tedes tido no cole) ... e vémonos o 11 de xaneiro!





21/12/20

Felicitando as festas ás nosas persoas maiores...

 Hoxe foi unha mañá chea de fortes emocións. O alumnado de quinto de Ed. Infantil foi a felicitar estas festas ás nosas tan queridas persoas maiores da Residencia de Maiores "Santa Mariña" e do Centro de Día do noso concello. Debido á situación actual este encontro tívose que producir con certa distancia e temos que resaltar o comportamento exemplar de todas as persoas que nesta actividade participaron. Pais, nais, usuarios e traballadores de ambos centro e, por suposto, o noso alumnado, respectaron escrupulosamente todas as medidas de distancia social e fixeron desta mañá un momento de encontro entre xeracións moi emotivo e cargado de fortes sentimentos. 

Aproveitaron tamén para achegarse a felicitar estas datas ao membros do acuartelamiento da Garda Civil da nosa vila, que recibiron encantad@s esta visita.

A estes tres colectivos faranlles chegar en breves datas as postais de felicitación en formato dixital nas que durante estes derradeiros días estiveron traballando e que por motivos de seguridade sanitaria non lles puideron entregar en man.

Como ben figura na entrada da Residencia de Maiores "Santa Mariña", "Ganaremos esta batalla" e nos vindeiros anos seguro que xa poderemos voltar a ver como as distintas xeracións da nosa sociedade fúndese nunha grande aperta de cariño e respeito! Boas Festas para tod@s!!

 

infantil_nadal - Kizoa Movie Maker

VIII Concurso Tarxetas de Nadal

 Hoxe entregamos o premio ao gañador deste VIII Concurso de Tarxetas de Nadal a Hugo Rodríguez Rodríguez de 5ºB. Mañá, martes 22 de decembro, todas as familias da nosa Comunidade Educativa recibirán esta felicitación de parte de todo o persoal docente e non docente do noso centro. Moitos parabéns para tod@s @s participantes e, en especial, para o traballo gañador!





19/12/20

Estas semana visitou o noso centro... Manuel Seoane

 Dentro das actuacións que a Biblioteca Escolar leva a cabo, unha das que máis lle gusta ao noso alumnado é a presenza no centro dos autores e autoras dos libros que teñen ao seu dispor na nosa Charca.

Esta semana foi a quenda de Manuel Seoane, limián e mestre, ben coñecido na nosa comarca. Vén de publicar o seu derradeiro libro de contos "A Raiña Loba", que  conta coas ilustracións de Moisés Míguez, orientado polos seus profesores da Escola de Arte “Antón Faílde”, Carmen Lage e Luis Carreira, e co deseño e maquetación de Tonho Ferreiro, tamén profesor na “Faílde”.

 No relato sobre a lenda da Raíña Loba, o texto de Seoane, recolle e interpreta a tradición oral sobre os feitos acontecidos nun tempo incerto nese agreste e mítico territorio entre os concellos de Os Blancos e Baltar.

A Raíña Loba é a terceira entrega de libros infantís ilustrados sobre as lendas da Limia que edita o Centro de Cultura Popular do Limia, neste caso en colaboración co Museo da Limia, e da Deputación de Ourense. Os anteriores foran A Lenda da Lagoa de Antela, de Delfín Caseiro, e O Paso do Esquecemento, de Antón R. Coello, que temén podedes atopar na nosa biblioteca.

O alumnado de cuarto de Primaria xa está traballando con el, e a verdade é que lles encanta!!





Fonte da información: Onda Cero

18/12/20

Recomendacións lectoras (e non lectoras) para este Nadal. Boletín da Biblioteca nº 13

 Queridos nenas e nenos!

Dende o equipo da Biblioteca ademáis de desexarvos unhas FELICES FESTAS deixámosvos o Boletín de recomendacións de libros para todas as idades, por si vos poden axudar nos encargos navideños.

Aquí quedan tamén algunas suxerencias para estes días de lecer.

Música

O apalpador, de Brinca Vai

https://www.youtube.com/watch?v=qZPsO5m_Tns&t=81s

O apalpador  de Mamá Cabra, en LSE

https://www.youtube.com/watch?v=xkP4uxhqZb4

CD "Xa me tardan estes magos", de Mamá Cabra

Recopilatorio de canción de nadal de estilos moi diferentes

https://view.genial.ly/5fd7c94ae7f0ee0d6b6930a5/presentation-nadal-de-musica

Manualidades

https://www.pequeocio.com/manualidades-navidad-para-ninos/

http://www.mundoderukkia.com/2017/12/100-manualidades-navidad-ninos.html

Películas

  • Milagro en la  ciudad
  • Cuento de Navidad de Mickey
  • El Grinch
  •  Pesadilla antes de Navidad
  • Rudolph, el reno de Navidad
  • Mr. Magorium e a súa tenda máxica
  • Muchas gracias, Mr. Scrooge
  • Navidad, ¿bien o en familia?
  • Estaré en casa para Navidad
  • Arthur Christmas
  • Un vecino con pocas luces
  • Polar express
  • ¡Vaya Santa Claus!
  • Una navidad de locos
  • Gremlins
  • El Origen de los Guardianes
  • Elf
  • Nico, El Reno
  • Eduardo Manostijeras
  • Los Teleñecos en Cuentos de Navidad 
  • La Navidad de Charlie Brown


14/12/20

A Educación Física con Covid... mellor con Música!!

A situación pola que estamos a pasar fai que a área de Educación Física perda parte da súa identidade; compañeirismo, colaboración, traballo en equipo... son premisas que sempre estiveron presentes e as que lle dan ese carácter tan dinámico e particular a área, agora non perden o seu significado, solo se adaptan aos novos tempos. 
E aínda que non poidamos usar material auxiliar para as nosas sesións... quén o necesita tendo a música do noso lado?
 
Coordinación, equilibrio, resistencia, ritmo... ademáis dunha especial cooperación, traballo en equipo e compañeirismo que nos levan a pasar momentos divertidos nos que o traballo, aínda que presente en cada movemento, parece que pasa a un segundo lugar cando se está disfrutando.

Compartimos unha pequena mostra do "traballo" dos rapaces e rapazas de 1º curso:


 



Como nos di a propia canción de Avicci : 
"Un día todo quedará atrás, vive unha vida que recordarás"



12/12/20

III Concurso "Jóvenes y Mayores", terceiro premio provincial para Valeria!!

 O III Concurso de Debuxo e Redacción "Jóvenes y Mayores", que organiza "La Región" en colaboración coa Fundación Dorzán, brinda a oportunidade de rememorar unha vivencia especial entre os familiares a través dun relato ou un debuxo.

Durante o acto de presentación, o subdirector xeral de "La Región", Carlos Barbosa, explicou que esta convocatoria "pode ser unha actividade que axude a pasar un pouco mellor todas as dificultades que se están tendo"

Para Secundino Vidal, presidente da Fundación Dorzán, explicou que "con esta iniciativa queremos fomentar máis a interrelación entre os mozos e maiores, e precisamente este ano, cando os maiores están máis illados, queremos que os seus netos e os seus fillos achéguense máis a eles e préstenlles máis agarimo"

O traballo presentado pola nosa alumna Valeria Rodríguez Yebra foi recoñecido co terceiro premio na categoría de Educación Especial, unha das sete das que se convocaron neste concurso.

Moitos parabéns para ela e a súa familia, así como o recoñemento para o persoal docente e non docente da nosa Aula Específica, que tanto e tan ben traballan co seu alumnado. A seguir así, compañeiras Ana, Elena e Luz!!











2/12/20

03/12: Día Internacional das Persoas con Discapacidade. #BaixoOMesmoParaguas

En 1992, ao termo do Decenio das Nacións Unidas para os Impedidos (1983-1992), a Asemblea Xeral proclamou o día 3 de decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O Decenio fora un período de toma de conciencia e de medidas orientadas cara á acción e destinadas ao constante melloramento da situación das persoas con discapacidades e á consecución da igualdade de oportunidades para elas. Posteriormente, a Asemblea fixo un chamado aos Estados Membros para que destacasen a celebración do Día, e así fomentar unha maior integración na sociedade das persoas con discapacidades. 

Dentro destas actuacións máis de 80 entidades sociais de toda Galicia decidiron conmemorar dende fai cinco anos esta data conxuntamente baixo o lema #BaixoOMesmoParaguas. 

Este ano, debido as condicións sanitarias, convídannos a facernos unha foto cun paraugas e un lema, para visibilizar a todas esas persoas con habilidades distintas e que teñen o mesmo dereito que os demais a ser consideradas dentro da normalidade, con igualdade de oportunidades e xustiza social.