Mostrando entradas con la etiqueta magosto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta magosto. Mostrar todas las entradas

13/11/22

Tempo de castañas... e de xogos!

Celebramos un ano máis o tradicional magosto no noso cole. Organizamos unha mañá de xogos populares (o pano, leva a xastaña, a pita cega, ... ) para o alumnado de Educación Infantil e os tres primeiros cursos de Educación Primaria.

@s "maiores" do cole fixeron unha andaina dende o pobo de Farmontaos ata a presa. Un fermoso paseo que, sen dúbida, abriulles o apetito!

Logo, chegou para tod@s o tempo de castañas e bolos preñados para rematar esta festa tan especial dentro do noso calendario escolar.

Agradecer ao Concello de Xinzo de Limia e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil á súa grande colaboración para poder festexar esta data. 

Moitas grazas!!!





14/11/18

Magostos

Celebramos o magosto. O alumnado de Ed. Infantil e 1º, 2º, 3º de primaria como ides poder ver nas imaxes que poñemos a continuación: xogos, día espectacular e diversión.


http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d230943592kP835468290o2l1/magosto-2018


O alumnado de 4º, 5º e 6º saíron a facelo fóra; velaquí o enlace para saber onde foron e como o celebraron.

http://www.cdroviso.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=shownews&idn=2860&V_idmod=62&id=2860

13/11/18

Preparación da Andaina de Couso a Lodoselo

Mércores 14 de novembro. Agardamos polo bo tempo e si, por fin, mañá celebraremos o Magosto. Os de Infantil e os de Primaria (1º, 2º e 3º) no cole con xogos e xantar con castañas no patio... Os de 4º, 5º e 6º facemos unha nova andaina; tocou Faramontaos un ano, Trandeiras outro e este ano facemos a de Couso ata Lodoselo.


Preparación andaina Couso a Lodoselo
E despois destes dous días de sol esta tarde poidemos comprobar como están os camiños que hai uns días andaban cheos de auga... Así que no canto de ir por Freande imos facer a baixada por Freixo. Estas son as estampas que hoxe, sen ninguén, co río Limia á dereita tanto me gustaron. Mañá co alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria faremos este percorrido; o punto de partida será Couso (que visitaremos) e despois cara baixa; ademais de cruzar Freixo e falar coa vecindade (xa están avisados) agardamos que ó chegar a Lodoselo nos teñan os xogo populares e  tradicionais preparados; e que a xente da vivenda comunitaria, do centro de inclusión, do pobo, pase con nós un anaquiño da súa xornada. Grazas ao persoal do CDR "O Viso" pola colaboración. Xa nos agardan coa porta aberta. A continuación toca debullar as castañas e acompañalas con algo máis. Agardamos que todo vaia ben.

11/11/17

Estamos de Magosto! (1)

Como cada ano celbramos no cole esta festa tan da nosa terra. Os máis pequenos quedamos no cole e partcipamos nun montón de xogos populares... O brilé, o pano, as carreiras de sacos, ... foron algunhas das probas nas que participamos e coas que pasamos moitos momentos de troula! E rematamos con empanada, bolos preñados, doce e castañas ... Que máis se pode pedir! Temos que dar as grazas a todo o profesorado e ao persoal non docente e do comedor escolar porque sen a súa implicación estas actividades non serían posible. Aquí deixámosvos un montón de fotos para que comprobedes o ben que o pasamos.


25/11/16

Magosto no CEIP Rosalía

O xoves 17 os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria participaron no magosto no colexio.
A xornada consistiu na práctica de diferentes xogos populares por todo o patio e na degustación dun menú propio desta festividade.

Aquí deixamos unha mostra do ben que o pasamos todos/as: profesorado e alumnado.

24/11/16

Andaina e Magosto polo río Faramontaos

   O xoves pasado, 17 de novembro, fixemos o magosto no Ceip. O alumnado de infantil, 1º , 2º e 3º de primaria celebráronno no patio do centro. O alumnado de 4º, 5º, e 6º de primaria fomos en autobús ata o pobo de Faramontaos. Alí fixemos unha xeitosa andaina (temos un folleto explicativo) toda a beira do río ata a presa de Gudín. Aínda que tivemos moita sorte co bo tempo que nos fixo, o espectáculo non é que fora tan amable como outras veces; porque aínda que xa estaba todo o chan verde poidemos ver os "cadáveres" das árbores... pasto do lume. Tampouco poidemos escoitar a auga do río porque co pouco que choveu ata ese día, non podía levar moita. Con todo, fomos vendo os restos dos muíños e aprendendo a distinguir algunhas árbores, tratando de descubrir algunhas pegadas, animais... 
   Finalmente, á volta, na área recreativa onde xantamos, coa bonita ponte medieval (con pouquísima auga) case non puidemos probar as castañas porque os que contabamos que nolas asaran non o fixeron; así que aínda que nos puxemos a asalas... non tivemos tempo máis que para queimalas algo por fóra. De seguida houbo que volver coller o autobús para regresar.   





14/11/15

Magosto no Ceip e no Mosteiro de Trandeiras

   A xornada do venres 13 foi un tanto especial. Se o curso pasado non fixeramos o magosto porque un día choveu e o outro tamén... este ano o día foi espectacular: sol, boa temperatura (non había máis que pedirlle ó día). O outro puxémolo nós: Antonio co tixolo, o lume e as castañas; infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de primaria, xogando un bo anaco da mañá (cadeiras, pano, sacos, brilé, ra, tira-soga); os de 5º e 6º facendo unha andaina desde o Bon Xesús de Trandeiras ata a torre de Pena e volta ó Mosteiro para comer o magosto nun entorno tan especial; e no cole tampouco faltaron os bolos preñados, empanada, a bica e as castañas. Nin as ganas de pasalo fenomenal.

5/11/13

Sobre o Magosto e o Outono


Especial sobre o magosto e a castaña: RAIGAME
http://centros.edu.xunta.es/ceipnosasenhoradexuvencos/arquivos/magosto/raigame_18.pdf



CONTO: A castaña que rebentou de risa.
http://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/ACASTANA/castana.html




Recompilación de Recursos para o Magosto elaborada polo Equipo de Biblioteca do C.E.I.P. Víctor Sáenz.
https://sites.google.com/site/recursosparaomagosto/

Lim, o conto da Castañeira, Ana Martínez Rey:
http://dl.dropbox.com/u/14722558/castaneira/lim.swf?libro=contocastaneira.lim


OUTONO
 Recursos para o Outono do Ceip Outeiro das Penas (Cesantes):
https://sites.google.com/site/magostoeoutono/

            

XOGOS

Compilación de xogos tradicionais elaborada polo EDLG do CEP Igrexa-Valadares de Vigo


6/11/12

RECURSOS PARA TRABALLAR O MAGOSTO

Dende o CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos comparten unha chea de recursos para traballar esta festa tan nosa: receitas, libros, unidades didácticas, cancións, refráns, actividades JCLIC... Preme na castaña para poder visualizalas.


Os compañeiros e compañeiras que fan posible o blogue do Outeiro de Matilda do CEIP Outeiro das Penas, en Cesantes, achégannos tamén tradicións, ilustracións, actividades LIM, reportaxes... para traballar esta data. Para velas, preme na imaxe da castañeira.




Non esquezades que o vindeiro venres, 16 de novembro, temos preparadas moitas actividades no colexio para conmemorar o magosto, ademais dun bo xantar.

8/11/11

Conto da Castañeira

Neste enlace LIM podedes ver e escoitar o Conto da Castañeira, elaborado por Ana Martínez Rey e facer unhas actividades relacionadas co mesmo.

 
Dende o Outeiro de Matilda, o blog da bilioteca do  CEIP Outeiro das Penas, de Cesantes,  podedes acceder a unha seleción de recursos e actividades para este tempo de Magosto. Premede na castaña para visualizalos.




3/11/11

O MAGOSTO

Aquí tendes unha escolma de actividades para poder traballar cos vosos alumn@s esta festividade. Botade unha ollada!



  • Celebramos o Magosto (actividades LIM) de Ana Martínez Rey para traballar o Magosto dende EI ata o 3º Ciclo de Primaria. 

  • Webquest "O Magosto" elaborada polo CEIP Pombal para 1º e 2º Ciclo de Primaria.
  • Actividades JCLIC de Félix Pimentel e Dolores Iglesias para traballar o Magosto no 2º e 3º Ciclo de Primaria.

REFRÁNS DO OUTONO

13/11/10

Audiovisual Magosto 2010

Magosto 2010 Slideshow: Papacontos’s trip to Xinzo de Limia, Galicia, Spain was created by TripAdvisor. See another Xinzo de Limia slideshow. Create your own stunning free slideshow from your travel photos.

8/11/10

Recursos para o Magosto

O C.E.I.P. Víctor Sáenz (Mazaricos) fixo unha recopilación de materiais moi interesante sobre o Magosto. Visitade este documento para ter un montón de enlaces, lecturas , ... relacionadas con esta festa tan nosa.

https://sites.google.com/site/recursosparaomagosto/