"O tempo que se goza é o verdadeiro tempo vivido." Jorge Bucay, escritor argentino
Nin a chuvia pode con nós! Cunha semana de retraso todo o traballo levado a cabo por familias e profesorado para preparar este gran Desfile Infantil de Entroido veu o seu resultado polas rúas ateigadas de xente da nosa vila que nos acompañou por todo o percorrido, feito que é salientable para recoñecer, sendo un día laborable!
Queremos dar as grazas a todos os centros de ensino da zona da Limia participantes por facer ese gran esforzo de desprazarse cos seus propios medios para facer, aínda se cabe, máis grande esta data tan sinalada na nosa festa máis importante do ano. Destacar a gran acollida e a perfecta organización coa que o CEIP Carlos Casares nos recibiu para, despois dun gran desfile, poder recuperar folgos cun chocolatiño quente e bica a esgalla!
Agradecer igualmente ao Concello de Xinzo de Limia, Policía Local, Protección Civil e á Asociación A Pantalla polo seu papel imprescindible para que a xornada se desenvolvese con toda normalidade e coa seguridade garantida en todo o percorrido.
Temos que salientar, sen dúbida, a implicación total de todas as familias que compoñen a nosa gran Comunidade Educativa. Talleres de confección de disfraces que comenzaban as 15.15h os luns e remataban máis alá das 20.00... Colaboración total na aquisición de materiais e complementos para que o noso alumnado lucira espectacularmente... E, finalmente, a estupenda resposta ao chamamento do centro para acompañar aos distintos grupos do centro aportando medios musicais e facendo do Desfile deste ano un dos mellores que se poden recordar. Non temos palabras para agradecer todas as aportacións que sempre facedes cando así volo pedimos.
Por suposto temos que recoñecer o marabilloso traballo levado a cabo polo profesorado do noso cole. Planificar, decidir disfrace, facer patróns, coser, adquirir complementos, xestionar compras... e unha longuísima lista de traballos a realizar sen horarios e cunha dedicación e entrega case exclusiva merecen, pensamos, un grandísimo aplauso para tod@s el@s... Moitas grazas, compañeir@s!!
E por último, pero para nada menos importante, o noso alumnado. Colaborativo, @s máis grandes e "sufridor@s", o máis miúdo, son, sen dúbida, @s grandes protagonistas deste día. Sen el@s, nada disto tería sentido!
Esperando xa o Entroido 2025, non queda máis que gozar con elas e eles, cheos de cor, enchendo de que maneira as rúas da nosa vila!!