28/9/14

Biblioteca escolar: Lectura, Información, Aprendizaxe...

   Por fin, despois de preparar ó longo destas pasadas semanas as cousas, este luns 29 de setembro abrimos a biblioteca escolar do centro para toda a comunidade educativa. Non esquezades -as familias- que temos un espazo específico para vós.  Empezamos coas mochilas viaxeiras que repartimos o pasado venres (3º de Infantil, 2º- 4º e 6º de primaria), preparamos un bo equipo de alumnado colaborador de 6º de primaria e artellamos algúns cambios para que todo vaia mellor.
 De entrada, ter en conta as normas xerais do uso da BE. Este curso -como xa vos comunicamos polas aulas- hai algunha variante como 
- Os libros que se lean e consulten, colocaranse no espazo asignado para eles (caixas sobre as mesas), xa que serán os axudantes de biblioteca os que os devolvan aos seus orixinais lugares de ubicación. Porque esperamos -desta maneira- que os libros estén colocados onde deben e non en calquera sitio (moitas veces pola présa de saír ó tocar o timbre...)  
- Cada alumn@ que leve o libro en préstamo, unha vez  rexistrado, depositarao na cesta corrrespondente ó seu nivel xa que logo os axudantes de biblioteca farán o reparto dos mesmos. Porque non se pode volver á aula (nos recreos) e para evitar ter que andar co libro polo patio nese tempo de lecer.
   Despois do recreo a hora de ler, tempo de lectura dedicado especificamente á lectura en horario escola, estará marcada polo timbre (como se fai cos cambios de sesións) e preparádevos para gozar...
Para ir abrindo boca, velaquí algúns enlaces de interese 
http://leer.es
E xa, co mes de outubro petando na porta, non esquezades que é o mes da biblioteca escolar (nós celebramos todo o mes a proposta da IASL) porque é o 24 o día da bibioteca.




Xa nos están esperando

V Abraço ao Rio Lima - Dia Nacional da Água e Dia Internacional do Idoso - 1 de outubro nas margens do Rio Lima
Sociedade| 26 de setembro de 2014
V Abraço ao Rio Lima - Dia Nacional da Água e Dia Internacional do Idoso - 1 de outubro nas margens do Rio Lima
O Município de Ponte de Lima, através do Serviço da Área Protegida das Lagoas de Bertiandos e S. Pedro de Arcos, promove a 1 de outubro, nas margens do Rio Lima o V Abraço ao Rio Lima.
Sensibilizar a comunidade limiana para a preservação e valorização do mais importante recurso hídrico do concelho, o rio lima, a iniciativa visa ainda assinalar o Dia Nacional da Água e o Dia Internacional do Idoso, efemérides que se comemoram a 1 de outubro.
Coordenada pelo Serviço da Área Protegida das Lagoas de Bertiandos e S. Pedro de Arcos, esta ação vai reunir mais de mil crianças de várias instituições de ensino, nomeadamente da Escola Básica de Ponte de Lima; jardim de Infância de Ponte de Lima; Centro Educativo das lagoas; Centro Educativo de Freixo; Centro Educativo de Arcozelo e E.B. 2,3 António Feijó, entre outras. Confirmada está também a presença do Clube Náutico, que disponibiliza canoas para completar o abraço em pleno leito do rio Lima.
À comunidade escolar portuguesa junta-se uma delegação vinda de Xinzo de Limia, localidade galega, no âmbito do protocolo de geminação, que este ano prevê a pernoita dos alunos de Xinzo de Lima na Quinta de Pentieiros, com vista a alargar os esforços de sensibilização a toda a extensão do rio, neste ano em que se comemoram os 30 anos de geminação.
De realçar a adesão dos Centros de Dia e das IPSS´s do concelho, a esta ação, assinalando desta forma a efeméride do Dia Internacional do Idoso. Os utentes participam nas ações de animação de rua, que acontecem a partir das 10 horas na Alameda de S. João e no Abraço ao Rio Lima, às 11 horas.
Do programa destacamos às 11 horas o V Abraço ao Rio Lima e outros momentos com referência para o pedypaper ribeirinho, concurso de telas, animação de rua, onde os participantes poderão conhecer e explorar os valores e funções do rio.
Palavras chaves

25/9/14

A literatura galega en inglés

     O portal web Portico of Galician Literature, que foi posto en marcha en 2012, ofrece un breve percorrido pola historia de Galicia e da súa literatura. 

Antón Riveiro Coello

     O obxectivo desta iniciativa é promover a proxección internacional das letras galegas a través da rede. Está   promovida pola Secretaría Xeral de Cultura e pretende converterse nun referente da literatura galega para o ámbito anglófono e, en xeral, para a proxección internacional das letras galegas.
  
     Ademais da información sobre os escritores, das sinopses e da tradución dalgúns fragmentos, o portal tamén serve de escaparate para a difusión de títulos da literatura galega publicados en inglés, entre os que se inclúen ‘Merlín e familia’, de Álvaro Cunqueiro; ‘A lingua das bolboretas’ e ‘O lapis do carpinteiro’, de Manuel Rivas; ‘Memorias dun neno labrego’, de Xosé Neira Vilas; ou ‘Bestiario dos descontentos’, de Miguel Anxo Murado.

     En 2013, o portal exterior da literatura galega integrou fragmentos de obras de novos escritores, engadindo ao catálogo extractos textuais de Suso de Toro, Xavier Alcalá, Teresa Moure ou Antón Riveiro. Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Agustín Fernández Paz, Miguel-Anxo Murado, Anxo Rei Ballesteros e Manuel Rivas completan a relación de autores deste portal das letras galegas en inglés.
     
No 2014, incorpóranse ‘Dime algo sucio’, ‘Ámote Leo A. Destino Xalundes’, ‘Dragal I: A herdanza do dragón’, ‘Papaventos’ e ‘Así nacen as baleas’, a través dunha breve sinopse en inglés de cada obra e mais dunha mostra de 40 páxinas traducidas a esta lingua de cada unha delas.

18/9/14

ANPA ROSALÍA DE CASTRO
CEIP ROSALÍA DE CASTRO XINZO DE LIMIA

Presentamos a oferta de actividades extraescolares para o presente curso 2014-2015 que darán comezo o vindeiro mércores 1 de outubro.
Tódalas actividades precisan dun mínimo de dez alumnos para poder levarse a cabo e a cuota mensual das mesmas de 15 euros mespor actividade, está contemplado para as familias asociadas a ANPA polo que dito precio se incrementara en tres euros ao mes por actividade para aquelas familias non asociadas. A cuota das actividades abonarase mediante cargo bancario por trimestres anticipados no número de conta que aportedes na inscrición.
Se queredes que o voso fill@ participe nalgunha delas, tan só tedes que presentar o cuestionario incluido na presente circular, debidamente cumprimentado na secretaría do Ceip dende hoxe mesmo, ata o vindeiro venres 26 de setembro inclusive.
Dende hoxe mesmo xa tedes aberto tamén o prazo para asociarvos a ANPA, ata o 26 de setembro se os vosos fillos van participar nalgunha actividade extraescolar, e ata o 31 de outubro se non. Ingreso de 12 euros por familia en Abanca APA ROSALÍA DE CASTRO IBAN: ES35 2080 5303 0230 4001 2468
Lembramos algunhas das vantaxes que supón asociarse a ANPA:
-Desconto mensual de tres euros en cada una das actividades extraescolares
-A posibilidade de poder participar na actividade de piscina dos venres (becada pola ANPA e exclusiva para os socios).
-Apoio e defensa en tódolos problemas que poidan xurdir ao longo do curso, e a posibilidade de disfrutar como membro da asociación de tódalas vantaxes que supón pertencer a CONFAPA (Federación galega de anpas públicas).
-Desconto do 60% no precio da excursión anual organizada pola ANPA.
-Participar na organización das múltiples actividades desenvolvidas pola ANPA ao longo do curso académico…
ACTIVIDADES 2014-2015
PATINAXE
INFANTIL Y PRIMARIA
LUNS DE 15;15 A 16;15
INFORMÁTICA
INFANTIL Y PRIMARIA
LUNS A XOVES DE 15;15 A 16:15
PISCINA
INFANTIL Y PRIMARIA
VENRES A PARTIR DAS 16:00
INGLÉS
INFANTIL Y PRIMARIA
LUNS A XOVES DE 15:15 A 16:15
PARKOUR (Arte do desprazamento)
PRIMARIA
LUNS E MÉRCORES DE 15:15 A 16:15
FRANCÉS
5º Y 6º
LUNS DE 16:15 A 17:15
AXEDREZ
PRIMARIA
MARTES DE 15:15 A 16:15
*Informática e inglés teran dous grupos de dous dias cada un (1º, 2º e 3º luns e mércores e 4º, 5º e 6º martes e xoves).
FOLLA DE INSCRICIÓN:
Nome e apelidos …………………………………………………………………………………………………………………………... curso ……………………
Actrividade(s) ………………………………………………………………………. Socio anpa SI NON Telf …………………………………………

Nº de conta ……………………………………………………………………………. Titular …………………………………………………………………………

12/9/14

Os sons do Vento que Pasa, en Lodoselo.



http://www.cdroviso.org/files/zrwuteqx_MSCCDROVISO/2014-9/9-15-52-44.admin.20140909133328_00001.jpg

REFLEXIÓNS SOBRE A LECTURA NO COMEZO DO CURSO


     Nestas datas de comezo de curso debera escribir un texto que, unha vez máis, martele na LOMCE, esa lei votada e aprobada no parlamento español a man armada. Gañas non me faltan, pero, mirade por onde, quero escribir outra vez sobre a lectura nas aulas, sobre da concepción que eu teño de como debe ser esa actividade para facer dela o instrumento de formación que debemos agardar que sexa.
     E, xaora, sempre é un texto dirixido ao profesorado, porque o máis deles son os lectores e lectoras competentes que se precisa ser para que a lectura na aula sexa formativa e se converta en experiencia para o alumnado. E nunca o poderá ser se non é antes  para quen acompaña ás rapazas e aos rapaces na lectura, e esas persoas son as miñas compañeiras e compañeiros dalgún día, mais tamén as bibliotecarias e bibliotecarios que están arestora a organizar clubs de lectura, esa actividade tan vivificadora para crear o hábito lector, en todos os recantos do noso país.
     Son moitas a cousas que agardamos da lectura como actividade formativa feita desde as aulas, quero dicir desde a actividade escolar regrada. Mais a min abóndame cunha, a de se facer experiencia e, por tanto, instrumento do coñecemento do mundo e dun mesmo.

     Convídovos, neste comezo de curso, a facer da lectura nas vosas aulas un dos eixos fundamentais da vosa actividade educativa, moi por enriba (ou moi por dentro) de programas, curricula e obrigas feitas desde lugares onde se concibe o ensino como unha actividade dirixida a facer do alumnado individuos para incrementar a competitividade e a produtividade das empresas, no canto de individuos nacidos para a felicidade e non para o martirio, a resignación e o sacrificio. E iso, un camiño para felicidade, está, sen ningunha garantía, xaora, na música, na arte plástica, na danza, no teatro, na arte poética, no cinema, nos cómics.... en fin, niso que demos en chamar o espírito e que cando ademais de no individual nos atinxe no social dicímoslle cultura.
     Se a min agora alguén me dixera que lle axudase a implantar un bo plan lector no seu centro, quer de primaria quer de secundaria, porque o caso é o mesmo, diríalle que procure a maneira de que o tema de conversa máis frecuente no centro fosen os libros, aqueles que cada un dos docentes leu na súa vida.  Mais non sobre do pracer de lelos, nin sobre da valoración que lle mereceron a cada un, senón por mor de como lle axudaron a cadaquén a comprender o mundo e a saber máis de si mesmo. Conversa en todo o centro, logo tamén na aula, aí entraría o alumnado e os libros que lese ao longo da súa vida e, tamén, aqueles que, ao fío da conversa, se deben ler para axudar a entender aquilo do que se fala.
     Non hai moito tiven unha longa conversa cun adolescente. Falamos de moitas cousas e, ao pouco, decateime de que saían constantemente os libros (tamén as películas, pero iso será para outro día). Por exemplo, cando demos en falar  sobre da maldade humana, véuseme á cabeza Frankenstein de Mary Wollstonecraft Shelley e eu lembreille o que di o monstro cando se enfronta a Frankenstein, o seu creador: «Eu era bo, o meu espírito estaba cheo de amor e humanidade, pero estou só, horribelmente só. Ti, o meu creador, ódiasme. Que podo agardar daqueles que nada me deben?» E noutro lugar: «Eu era bo e cariñoso, o sufrimento envileceume. Concédeme a felicidade e volverei ser virtuoso». O rapaz coñecía o mito do monstro creado por Frankenstain,  fixado no seu imaxinario co rostro maquillado de Boris Karloff, pero ignoraba que é unha obra de analise da natureza humana de grandísimo valor para comprendermos algo máis a nosa alma e a dos nosos semellantes, que esa é a función última da lectura. Por certo tamén lle lembrei que a criatura do doutor Frankenstein humanízase cando, agochado nunha cabana, atende á vida que se desenvolve nunha casa onde vive un matrimonio novo e un home vello e cego, escoitándoos aprende a falar, a ler (le a Milton, a Plutarco a Ghothe) e a apreciar a música e nese momento é cando se revela como humano. Só, pouco despois, cando o fagan consciente da súa fealdade e da súa soidade virará en besta incontrolábel. Todo isto non nos revelou, nin ao rapaz nin a min, todas as caras da maldade humana, pero si que nos axudou a ver a súa relación coa infelicidade.
     Foi unha conversa moi interesante, certo que eu falei máis ca el, pero é lóxico porque eu teño acumuladas moitas máis experiencias nacidas da lectura ca el, e fixen uso de libros que ando a reler. Despois, cando a conversa saltou ao sentimento e recoñecemento da culpa, falamos de Crime e castigo e un pouco máis tarde, cando o asunto que nos ocupaba era a necesidade que pode asaltarnos nalgúns momentos da vida de sermos salvados, saíu Holden Caufield e o encontro coa súa irmá Phoebe , ou, tirando polo fío da irmandade, Gregor Samsa, cando a súa familia o abandona no seu cuarto e só a irmá entra a velo e atendelo. E despois de todo, desa conversa ambos saímos cheos de preguntas, porque o máis grande que nos dá un libro é a innumerábel cantidade de interrogantes que nos propón sobre do mundo e sobre de nós mesmos. Cando os libros nos dan certezas, iso non é lectura é adoutrinamento.
     Porque a lectura fai iso: axudarnos a analizar os nosos sentimentos e, o que é máis transcental, apréndenos a lles poñer nome, o nome que os identifica como propios, como lle sucede a Alexis Karenin que recoñece como persoal o sentimento do odio cando lle di a Dolly, que o convida a amar por enriba do odio: «Podemos moi ben amar aos que nos odian, pero aos que nosoutros odiamos non».
     Alguén me pode dicir que lle estiven a falar de libros que un adolescente non entenderá de todo, é igual eu tampouco, por iso os releo. Di Alberto Manguel que a arte, se o é, sempre vai estar por enriba da capacidade de entendemento do ser humano.
     E citei estas obras polas razóns que xa dixen, mais podería facer o mesmo convite para o alumnado de primaria, onde falar cos rapaces e as rapazas sobre dos libros que len, conversando de como son e como se comportan os personaxes, analizando as situacións nas que se ven involucrados... é axudarlles a se aproximar ao coñecemento do mundo e deles mesmos.
     Mesmo na educación infantil podemos encontrar un dos camiños máis eficaces de animación á lectura, ese momento no que unha mestra, sentada nunha desas incómodas cadeiras pequeniñas, cun álbum ilustrado contra os seu peito e aberto cara aos nenos e nenas que forman corro diante dela, vai lendo e comentando, interrompida polas intervencións continuas da cativería e que ela vai reforzando ou corrixindo. E é así porque iso que fai esa mestra nese intre é falar co alumnado de libros, dos seus personaxes e dos comportamentos destes.
     Ese sería o plan lector que eu implantaría hoxe se volvese ás aulas: ler e falar dos libros o máis do tempo escolar. E dígoo así porque creo que, aínda que un libro nunca cambiará o mundo (agás cando se trata dun único libro pensado e escrito para dirixir o pensamento dun grupo humano, que entón cámbiao pero para mal), a lectura si o fai. E estes rapaces que hoxe están nas nosas aulas deberán cambiar o mundo por máis que se implanten novas leis de educación que teñen como obxectivo que nada mude, que a actual estratificación social e económica se perpetúe.  Mais esa muda sucederá porque o planeta móvese a dous xeitos por máis que tantos vivan pesarosos de tal feito cósmico, xa que o quererían inmóbil coma o seu pensamento.

     (A foto é da Biblioteca da Capela, onde me acollin este verán para traballar, cando o precisei, conectado a internet. Grazas á bibliotecaria, Maribel, pola súa amabilidade).



posted by Xabier, September 11, 2014 10:26 | permalink | Xeral

9/9/14

Preparad@s, list@s, xa!!!

BENVID@S Ó NOVO CURSO ESCOLAR 2014-15.   As clases darán comezo o día 10 de setembro en horario de 9:15h a 14:15h.