29/1/21
30 de Xaneiro: Embotellando tolerancia e convivencia
DÍA DA PAZ
Este día 30 conmemorase o Día Escolar da Paz e Non Violencia. A tolerancia e o respeto deben de ser a base da educación de hoxe en día e son os obxectivos que se pretenden de cara a construír unha poboación crítica e cívica, capaz de xestionar e apreciar as diferenzas e similitudes que poida haber.
Nesta data conmemorase a morte de Mahatma Gandhi, persoa fundadora do movemento pacifísta, capaz de conseguir que a India deixara de ser colonia británica e lograra a súa independencia en 1947 mediante protestas pacíficas.
"No hay camino para la paz: la paz es el camino".
- Mahatma Gandhi -
No seguinte enlace deixamosvos unha serie de recursos relacionados con este día:
24/1/21
24 de xaneiro: Día Internacional da Educación
"A educación é un dereito humano, un ben público e unha responsabilidade colectiva."
"A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 24 de xaneiro Día Internacional da Educación (enlace ao documento), en celebración do papel que a educación desempeña na paz e o desenvolvemento. Sen unha educación de calidade, inclusiva e equitativa para todos e de oportunidades de aprendizaxe ao longo de toda a vida, os países non lograrán alcanzar a igualdade de xénero nin romper o ciclo de pobreza que deixa atrasados a millóns de nenos, novos e adultos.
Na actualidade, 262 millóns de nenos e mozos seguen sen estar escolarizados, 617 millóns de nenos e adolescentes non poden ler nin manexan os rudimentos do cálculo; menos do 40 por cento das nenas do África Subsahariana completan os estudos de secundaria baixa e uns 4 millóns de nenos e novos refuxiados non poden asistir á escola. O dereito á educación destas persoas vese afectado e iso é inaceptable" (https://es.unesco.org/commemorations/educationday)
No seguinte enlace (fai clic na imaxe) podemos coñecer outras realidades ben distintas ás nosas. Reflexionemos sobre o que nós podemos aportar para mellorar a formación d@s máis débiles e facer que as súas expectativas vitais melloren exponencialmente. Que afortunad@s somos... Apreciemos e valoricemos o que temos... Educación pública, universal, laica, gratuita e de calidade!!