30/3/22
A Santiago vou... lixeiriño... caminando!
Tempo de actualizarrnos!!
Dentro do proceso de actualización e formación que todo o profesorado do noso centro leva a cabo, dende o Equipo da Biblioteca Escolar organizouse un taller sobre programación con scratch, e-textiles e todo o relacionado co pensamento computacional. Tivemos a gran fortuna de contar coa presenza de Paola Guimerans, referente neste ámbito formada nas universidades de Sevilla, Nueva York e Madrid e cunha ampla experiencia en formacións, tanto para alumnado como para profesorado, impartindo numerosos cursos para a propia Consellería de Educación.
Pola mañá Paola tivo catro sesións co alumnado de terceiro e cuarto, onde puido demostrar ao alumnado que aprender tamén pode ser moi divertido e que ademais de outras competencias tamén é necesario traballar a competencia "computacional", entendo como funcionan os "robots" que nos rodean no día a día.
Xa pola tarde foi a quenda para o profesorado do centro, facéndonos ver que necesario é introducir dun xeito gradual todas estas competencias 4.0 no noso xeito de ensinar e como as xeracións que estamos formando manexarán todas estas ferramentas dun xeito habitual, o que supón un cambio similar á introducción da Internet de das TICs no ensino, vinte anos atrás...!!!
So queda agradecer a Paola a súa implicación e paixón en todo aquilo que ensina e amosa, facendoo moito máis motivador e parecendo que sexa moito máis doado o achegamento a estas novas competencias.
Música: MARO - "Saudade, saudade" (Live in Avinyó)
Tempo de sementar!
Quen fai un cesto, fai un cento; se lle dan vimbios e tempo !!
Pois o noso alumnado de cinco anos xa ten o primeiro feito... So lles quedan... 99 !!!
Unha actividade máis dentro do proxecto que este ano levan a cabo para coñecer distintas tradicións e profesións relacionadas co universo da artesanía.
Da man de Sergio Moreno, cesteiro de Allariz, as nenas e nenos de 6º de Ed. Infantil coñeceron de primeira man como se fai un cesto de vimbios... empezando como non pode ser doutro xeito pola base, como todas as boas aprendizaxes!
Fotografías: Sonia Pombar e Diana Vispo
Música:: Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre - No Salón das Cereixas
21/3/22
Celebramos o Día da Árbore ... dun xeito moi especial!
Día 21 de marzo de 2022 ... Día no que comeza a primavera, Día da Árbore, día de pechar ciclos e abrir outros novos que comezan...
Hoxe, o alumnado de 2º A puxo un precioso final a un ciclo doloroso que, por desgraza, lles tocou vivir. Ao lado do exemplar de Ginko Biloba que dende hoxe está no noso patio quedarán para sempre as lembranzas e as vivencias que Mari Carmen compartiu con tantas xeracións de rosalianas e rosalianos.
Sempre no noso recordo, benquerida compañeira!
20/3/22
LER É DIVERTIDO E MUSEO DO LIBRO 2022
MUSEO DO LIBRO 2022
Estimadas familias, co gallo da
celebración do día do libro 2.022, desde o Equipo de Dinamización da Biblioteca
Escolar queremos celebralo cunha exposición temática na que o libro sexa o
protagonista. O alumnado e profesorado van preparar diversos materiais nas aulas
con cada curso. Pedimos tamén a colaboración a nivel individual de familias e
alumnado para que poidades aportar as vosas propostas a este singular “MUSEO DO
LIBRO”. Calquera tipo de proposta que mesture creatividade, orixinalidade e que
xire en torno ao libro como protagonista utilizando materiais diversos será ben
acollida ( esculturas, logotipos, manualidades, collage, cadros,…).
LER É DIVERTIDO
Por outro lado,no noso blog abrimos o espazo “LER E DIVERTIDO”. Neste recuncho
pódese aportar unha fotografía (non máis) que mesture lectura e situcións
divertidas e orixinais. Está permitido editar as fotografías para engadirlle un
toque artístico, sempre e cando sexan respectuosas desde calquer punto de
vista.
Tamén podedes achegar as vosas
fotografías a: acharcadoslibros@gmail.com
ASUNTO: LER É DIVERTIDO!
Engadir arquivo coa fotografía e facer constar curso do alumno/a, nome( sen
apelidos) e, se pode ser, unha moi breve descrición da fotografía.
Con todas as propostas encheremos
un mural temático na entrada da Biblioteca.
DATA LÍMITE PARA PARTICIPAR: venres 17 de abril de 2022
Ánimamos a tod@s a participar POR
UNHA BIBLIOTECA CREATIVA e porque:
LER É
DIVERTIDO!!!
15/3/22
Todo ... Rico, rico !!
Que ben volver á Casa da Cultura do Concello de Xinzo de Limia (moitísimas grazas polas facilidades dadas polo persoal da Concellería de Cultura, María e Alfonso, para poder levar a cabo esta actividade) máis de dous anos despois e cunha obra tan divertida como este Saaabor!! da man de Félix Rodríguez e Fran Rei, que nos fixeron pasar unha hora de risas e entretemento!
"Saaabor!, Premio do público Festiclown 2018, é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os nosos protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela ata a máis elaborada, sen esquecer viño e sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia.
Félix Rodríguez é un actor e músico con ampla traxectoria escénica en compañías como Odaiko, Píscore e Trío Refugallo, que nesta ocasión compleméntase perfectamente con Fran Rei, cómico que participou en máis de 20 montaxes con compañías como Vos Sete Magníficos máis Un, Pallasos en Rebeldía ou Acontrabutaca." https://www.culturactiva.org/es/espectaculo/saaabor
Xuntos crearon este espectáculo, unha receita chea de sabor que fixo as delicias dos padais máis esixentes entre o noso alumnado!
Fotografías: Manuela Vázquez Bouzas
14/3/22
Imos trampeando!
Despois da charla que o coordinador da Agrupación de Protección Civil de Xinzo de Limia, Jesús Rivas, deu ao alumnado de sexto de Ed. Primaria sobre a importancia do control da véspora velutina, a clase de sexto B concienciouse de tal xeito que elaboraron unha chea de trampas para atrapar o maior número destes insectos e así contribuir ao control desta praga invasora que ameaza ás nosas especies autóctonas. Agora só queda colocalas en lugares estratéxicos para que cumpran a súa función e así participar nesta inicitaiva tan interesante!