Mostrando entradas con la etiqueta recursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recursos. Mostrar todas las entradas

14/5/20

#bescolaresgal Abertas polas Letras Galegas 2020

Neste inusual mes de maio, a figura do homenaxeado nas Letras Galegas 2020 asómase á xanela das bibliotecas escolares galegas. Os nosos espazos permanecen abertos, desde a distancia, para traballar a  Ricardo Carvalho Calero e saber máis da súa contribución ao estudo da literatura galega, do seu maxisterio, do seu compromiso coa lingua, da súa poesía e teatro...
Velaquí unha chea de recursos; preme no seguinte enlace:  
                                                               www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/

4/5/20

#bescolaresgalAbertas



Nestes días nos que quedamos na casa, as bibliotecas escolares galegas permanecen abertas virtualmente e continúan ofertando ao alumnado recursos e  actividades  arredor da lectura, os proxectos de traballo, AMI, ALFIN, música, Arte, creación, retos ...
Velaquí unha chea de posibilidades
OBRADOIROS E TITORIAIS ESPECIAIS
RECURSOS SOBRE O COVID 19
LECTURA
VÍDEO-RECOMENDACIÓNS
VÍDEOCONTOS
RETOS
ALFIN / AMI
RECURSOS
ARTE/CREACIÓN
RADIO NA BIBLIO
PROXECTO ELBE.2
COCIÑA
VOLUNTARIADO
                                         

18/3/20

Aulas galegas: outra axuda educativa para termos en conta

Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cremos que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 debemos ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade.
Aulas galegas nace para axudar o alumnado, as familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego.
A vocación deste portal educativo non é substituír as indicacións educativas que o profesorado lle faga ao seu alumnado no ensino regrado nin o papel das administracións educativas.
A nosa intención é ser unha fonte de recursos que sume no panorama educativo galego.
Para o alumnado e as súas familias publicaremos cada día material clasificado por nivel académico e materia para as etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. Compartiremos contidos educativos de elaboración propia feitos especificamente para esta iniciativa e tamén outros que xa existen e que paga a pena divulgar.
Para o profesorado imos crear unha sección organizada por departamentos didácticos onde se poidan atopar páxinas doutro profesorado galego desas materias.
Estamos na casa pero non estamos parados.
A educación en galego continúa.
Galicia, 16 de marzo de 2020

3/2/20

Espazos educativos

    Xadrez, parchís, oca... Outras alternativas para os nosos tempos de lecer no Ceip. A maiores do tenis de mesa (cada xornada teñen acceso a ela, durante os recreos, o alumnado dunha aula) tamén nos corredores do primeiro andar, do edificio principal, habilitamos unhas mesas con estes xogos incorporados. 




30/3/17

Despedindo marzo e co abril lector petando á porta

Despedindo marzo: Día Mundial da Narración Oral (20), Día mundial da Poesía (21), Día Mundial do Teatro (27). E co abril petando á porta. Estreámolo co día 1: Día das Artes Galegas (Maruxa Mallo).  O 2, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. 
Saudamos a Primeiras lecturas e ELOS.

primeiras lecturas

Esta é unha ferramenta de carácter educativo ligada á materia de Didáctica da Lingua e Literatura Infantil, da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense (Universidade de Vigo). Aquí, alumnado e profesora deixarán as súas recomendacións de lecturas para o alumnado de Educación Infantil, incidindo nas potencialidades das obras seleccionadas, o que pode ser de axuda para outros docentes e mediadores en xeral (bibliotecarios, pais e nais etc.) 

Elos é unha asociación de investigadoras e investigadores docentes dos ámbitos galego e portugués da área da Literatura Infantil e X/Juvenil. Velaquí o enlace á web non que podemos atopar máis información e  recursos sobre esta temática: artigos, entrevistas, guías/seleccións, libros, recensións, revistas, monográficos... 
                                                                    http://elos.es/about/

29/10/14

Participa e divírte-T

   Desde a B.E. e seguindo co lema deste curso "Biblioteca escolar... matemático!" o equipo dinamizador da nosa biblioteca preparamos estes materiais para toda a comunidade educativa. Para ler, espertar o gusto polas matemáticas aquí van algúns poemas e posibles actividades. 
   Porque "Importa que se lea cada vez máis, pero, sobre todo, que se lea cada vez mellor. Non basta ler moito, o decisivo é crecer na capacidade de comprender. O decisivo é ler despacio, con coidado, demorarse e recrearse coa lectura, ter curiosidade"; "todas as materias son modos de aprender a ler"; todos os profesor@s valemos pouco se non educamos para ler, isto é, para ver, escoitar e comprender mellor" (Ángel Gabilondo. Catedrático de Filosofía da Universidade Autónoma de Madrid)
Participa e divírte-T

8/5/13

...máis recursos para celebrar as Letras Galegas no 2013








Dende a BE do CEIP Rosalía de Castro queremos compartir con vós a seguinte ligazón, onde poderedes acceder a recursos para poder traballar nas aulas as Letras Galegas. Tamén os podedes ver premendo na imaxe da esquerda que representa a Roberto Vidal Bolaño, autor e actor homenaxeado iste ano. 



2/5/13

recursos letras galegas 2013





O blogue das Bibliotecas Escolares de Galicia vai actualizando día a día toda unha chea de recursos para poder traballar as Letras Galegas nas escolas. Podedes acceder a eles premendo na imaxe do autor homenaxeado iste ano, Roberto Vidal Bolaño.

1/5/13

As caras de Rosalía

Comezamos o mes das Letras Galegas. Dende  a BE de Xinzo de Limia, facemos unha pequena homenaxe á primeira persoa a que se lle adicaron as Letras Galegas, alá polo ano 1963. Pescudamos na rede e atopamos as distintas facianas que nos amosan a Rosalía de Castro e atopamos tamén a música xenial dun rapaz  que rapea á  escritora, KadiGB.



1/4/13

ABRIL, MES DOS LIBROS

        Como xa sabedes, o 2 de Abril celebramos o Día Internacional do Libro Infantil . Conmemórase dende o ano 1967, para lembrar o  nacemento do escritor Hans Christian Andersen.  Cada ano a IBBY (Organización Internacional para el Libro Juvenil, por las siglas inglesas de International Board on Books for Young People), encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países. Nesta ocasión a autora do texto é a mexicana Pat Mora e o ilustrador do cartel da esquerda é o estadounidense Ashley Bryan. Podedes ler o texto en cinco idiomas se premedes no cartel.
  Conmemórase tamén o Día Internacional do Libro o 23 de Abril. Se premedes na imaxe da dereita accederedes a recursos para celebrar este día, recopilados polo Equipo de Biblioteca do CEIP Mestres Goldar.

20/3/13

21 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA 2013

Presentamos unha selección de poemas sobre a Limia, o seu río, as súas xentes... que, recopilamos para celebrar neste curso escolar, o Día Internacional da Poesía. O Venres 22, temos reservada unha pequena sorpresa para a conmemoración desta data.

12/3/13

21 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA POESÍA






O vindeiro 21 de marzo celebramos o día mundial da poesía, o comezo da primavera e o día internacional da árborePremede nas dúas imaxes da esquerda e atoparedes unha chea de recursos para celebrar o DÍA DA POESÍA. Grazas aos compañeiros e compañeiras dos CEIP Outeiro das Penas e Mestres Goldar por compartilos.


21/2/13

MÁIS SOBRE ROSALÍA

Podedes consultar tamén esta interesante presentación Prezzi que comparte Raioteca, a BE do CEIP Andrade de Pontedeume. Premede na imaxe inferior.


19/12/12

POLO NADAL...AGASALLA UN LIBRO

Vimos de publicar o 5º boletín de Nadal, no que elaboramos unha lista con recomendacións lectoras por ciclos, propoñemos algunhas suxerencias para facer cos máis pequenos neste Nadal que está a comenzar e contamos algunhas das actividades realizadas polos nosos alumnos ao longo do primeiro trimestre e algunhas das que imos facer a partir de xaneiro.

9/11/12

OS CONXUROS DO SAMAÍN

Na seguinte presentación tendes unha exposición dos vosos traballos para o concurso de "conxuros do SAMAÍN".

OS CONXUROS DO SAMAÍN on PhotoPeach OS CONXUROS DO SAMAÍN on PhotoPeach

6/11/12

RECURSOS PARA TRABALLAR O MAGOSTO

Dende o CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos comparten unha chea de recursos para traballar esta festa tan nosa: receitas, libros, unidades didácticas, cancións, refráns, actividades JCLIC... Preme na castaña para poder visualizalas.


Os compañeiros e compañeiras que fan posible o blogue do Outeiro de Matilda do CEIP Outeiro das Penas, en Cesantes, achégannos tamén tradicións, ilustracións, actividades LIM, reportaxes... para traballar esta data. Para velas, preme na imaxe da castañeira.




Non esquezades que o vindeiro venres, 16 de novembro, temos preparadas moitas actividades no colexio para conmemorar o magosto, ademais dun bo xantar.

24/5/12

A LIMIA VISTA POR CARLOS CASARES

O escritor Carlos Casares escribiu para La Voz de Galicia dende 1992 ata 2002 na columna «Á marxe».Os nenos da nosa escola ilustraron algunhas destas columnas nas que Casares falaba da comarca limiá. Na seguinte presentación amosamos a particular visión dos nenos e nenas da escola Rosalía de Castro en Xinzo de Limia ao ler algúns dos seus escritos.


18/5/12

PREMIOS CONCURSO "RECEITAS PARA A LINGUA"

Na seguinte presentación están todos os traballos premiados no concurso "Receitas para a lingua" convocado polos Equipos de Dinamización do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, tanto na modalidade plástica como na de microrrelatos. Na categoría dixital resultaron premiados os traballos de "A igrexa vella de Xinzo" de Aldara Rodríguez de 4º B e "A apócema máxica" de Ángela, Laura e Antía de 6º C. Parabéns a tod@s el@s e grazas a tod@s os participantes.


RECEITAS PARA A LINGUA PRESENTA... on PhotoPeach  

14/5/12

A APÓCEMA MÁXICA

Como adianto dos traballos presentados no concurso "Receitas para a lingua" convocado polos Equipos de Dinamización do noso cole , presentámosvos a seguinte curtametraxe que idearon tres alumnas de 6º C da nosa escola: Ángela, Laura e Antía. Nela queren lembrar cun rap ao autor homenaxeado este ano, Valentín Paz Andrade. Para elo e con moita imaxinación conseguen que unha delas, que non fala galego, consiga facelo e así poder rapear na nosa lingua nai.





Se queredes ver como foi a rodaxe, premede na seguinte presentación. Lembrar que tamén podedes velo no seu blogue de aula "A voz de 6º C"

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow personalized with Smilebox