3/4/25

Muriel. Caos no laboratorio lácteo

«Creo que parte do meu amor á vida débollo ao meu amor aos libros». Adolfo Bioy Casares, escritor arxentino. 

Hoxe contamos coa presenza de María Canosa na nosa Biblioteca Escolar que veu a flar co alumnado de cuarto de Ed. Primaria sobre o seu libro "Muriel. Caos no laboratorio lácteo", que foi unha das lecturas que fixron neste trimestre.

María Canosa Blanco, nada en Cee o 20 de agosto de 1978, é unha enxeñeira de Camiños, Canais e Portos galega, coñecida pola súa participación como xurado en programas concurso da Televisión de Galicia e como escritora de literatura infantil e xuvenil e autora dunha estensísima producción literaria infantil.

Desta volta, Muriel e o inseparable raposo Blim viven unha calma apracible no seu castelo. Apenas reciben cartas e botan en falta os atafegos doutra época. Mais todo muda logo dun lixeiro estrondo no laboratorio. A maxia e a ilusión envólveos por completo e involúcraos nunha misión fermosa e entrañable que, ademais, lles abrirá as portas da sospeita. Serán quen, os dous compañeiros, de desentrañar o misterio que hai tempo os intriga? Non hai elección: sube ao carro de leiteiro e... boa viaxe!

María contounos un montón de anécdotas e contestou a todas as preguntas que o alumnado lle fixo para rematar asinando os exemplares deste fermoso libro que tod@s leron encantad@s!








2/4/25

#DiaMundialAutismo #SomosInfinitos

«Cada pequeno logro na viaxe do autismo merece ser recoñecido e aplaudido, lembrándonos que o progreso se mide en pasos, non en saltos.» Sally Ozonoff, Profesora universitaria especialista en psiquiatría e comportamento social na Universidade de California.

O autismo é un trastorno do desenvolvemento que afecta á comunicación e á interacción social. O azul é a cor que se asocia a el. Desde hai anos, utilizouse para dar visibilidade ás persoas con trastornos do espectro autista (TEA), así como para mellorar a súa comprensión, promover a súa aceptación, difundir as súas experiencias, reafirmar os seus dereitos e, en definitiva, sensibilizar á sociedade con esta realidade.

A Asemblea Xeral da ONU designou o 2 de abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo no ano 2007. A asociación estadounidense Autism Speaks creou en 2010 a iniciativa Light It Up Blue (en español, Ilumina de Azul) para apoiar ás persoas con trastornos do espectro autista. Segundo explica a organización Autismo España, cada 2 de abril miles de edificios e monumentos emblemáticos de todo o mundo ilumínanse coa cor azul "como mostra de apoio e solidariedade coas persoas con autismo e as súas familias". Más de 400 fixérono en España en 2024.







28/3/25

Saborosas mini pizzas

«A gastronomía é a arte de usar os alimentos para crear felicidade».Theodore Zeldin, académico británico

Unha vez máis, os nenos e nenas de 5 anos empregaron o espazo da aula de cociña do cole. Desta vez tocou cociñar PIZZA. Axudados polas mestras cortaron os anacos de masa para, cadaquén ao seu gusto, elaborar a súa propia minipizza cos ingredientes que desexaban. Unha vez cociñadas no forno tocou degustalas. Todos quedaron con gana de máis. 

Sen dúbida, unha receita con moito éxito!!






26/3/25

Contos compartidos

"Só a propia e persoal experiencia fai ao home sabio". Sigmund Freud, médico austríaco

Esta mañá o alumnado de 5°A de Primaria representou para todo o alumnado de Educación Infantil unha serie de contos que eles mesmos elaboraron e ensaiaron con esmero. Esta actividade inclúese dentro da súa programación de lingua galega e tiña como obxectivo a mellora das destrezas comunicativas tanto orais coma escritas.

Pasamos unha mañá divertidísima escoitando as novidosas historias que prepararon. Quedamos con gana de máis!!






Buscamos nov@s Pisacharcas

 "Creo que algo moi máxico pode suceder cando se le un bo libro." (JK Rowling)

Voltamos con esta actividade que tanto éxito tivo o curso pasado!! Se xa participaches o curso pasado...  Podes repetir este ano!!!

Queres ser unha/un PisaCharcas? Queres vir a contarlle/lerlle á clase da túa filla/fillo, neta/neta, sobriña/sobriño o seu conto/libro favorito? O único que tes que facer é enviarnos un correo electrónico a acharcadoslibros@gmail.com onde poñas no asunto "Eu quero ser unha/un Pisacharcas" e nos indiques os seguintes datos:

Nome do nai/pai, avó/avoa, tía/tío, .... :

Nome da nena/neno:

Curso da nena/neno:

Mestra/mestre da nena/neno:

Nome do conto/libro que vas vir a contar/ler:

Día a que che vai mellor vir ao cole (sempre de luns a venres á hora de ler: 12.10):

Contestaremos ao teu correo ou porémonos en contacto contigo tan pronto coordinemos coa clase da túa filla/o.

Anímate a participar!!!

17/2/25

Compartimos as nosas experiencias

"Os humanos axudamos porque somos capaces de sentir e de poñernos na pel dos demais. E axudar xera felicidade persoal e colectiva." Elsa Punset, escritora e divulgadora española.

Dentro do noso progama "Pontes de Libros, Fontes de Saber" que compartmos coa Biblioteca do Agrupamento António Feijó de Ponte de Lima, levamos a cabo a II Xornada de Traballo conxunto onde amosamos moitas das experiencias que levamos a cabo na nosa Biblioteca Escolar e as dinámicas de traballo que temos nela.

Non temos dúbida que estas xornadas de convivencia entre os nosos centros son moi enriquecedoras para todos os profesionais que participan nelas e teñen unha fonda repercusión no alumnado co que traballan.

Seguiremos a tender pontes que nos unan nas nosas formas de traballar e seguimos convencid@s que as beiras do noso rio Limia/Lima non son liñas que nos separan, se non, moi ao contrario, oportunidades que nos trae para traballar xunt@s.






O sentimento dun pobo

" Un pobo sen tradición é un pobo sen porvir." Alberto Lleras Camargo, político, xornalista e diplomático colombiano.

Hoxe contamos coa presenza de Adriana Jiménez, da Asociación Cultutal A Pantalla que veu a contarlle ao noso alumnado de terceiro, cuarto e quinto de Educación Primaria a forma correcta de vestir o traxe da Pantalla e de como debe comporatse estes días que están por chegar despois de celebrar o vindeiro Domingo Corredoiro.

Con esta serie de actividade poñemos en valor a nosa tradición e o #sentimento de respecto que temos tod@s @s limiáns cara a máxima figura do noso Entroido!






12/2/25

Coñecemos mellor o noso entroido

"O Museo Galego do Entroido é un espazo de tradicións, de mostra, salvagarda da cultura e do noso carácter."

O alumnado de catro anos visitou o Museo Galego do Entroido.Grazas a Carlos por recibirnos e explicarnos tantas cousas!

O mellor para aprender... observar!!!

"No décimo aniversario deste importante día, e agora que reflexionamos sobre os 30 anos transcorridos desde a Declaración de Beijing, axudemos a achandar o camiño cara ás carreiras en ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas que as mulleres e as nenas merecen e que o mundo necesita." Secretario Xeral da ONU, António Guterres

A Asemblea Xeral declarou o 11 de febreiro Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia en recoñecemento ao papel crave que desempeñan as mulleres na comunidade científica e a tecnoloxía. Na súa resolución do 22 de decembro de 2015, a Asemblea aprobou unha resolución que proclamaba este Día Internacional e encomiaba as iniciativas levadas a cabo pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO), a Entidade das Nacións Unidas para a Igualdade de Xénero e o Empoderamento das Mujeres (ONU Mujeres), a Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) e outras organizacións competentes para apoiar ás mulleres científicas e promover o acceso das mulleres e as nenas á educación, a capacitación e a investigación nos ámbitos da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas.

En catro anos realizamos un experimento no Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

11/2/25

E volveu nevar no Rosalía!

 “A tradición non se herda, conquístase.”  André Malraux, escritor francés

Un ano máis comeza o entroido máis longo de todo o mundo no noso cole. O alumnado de Educación Infantil celebraron o seu propio Domingo Fareleiro. 

O obxectivo destas actividade é poñer máis en valor, se é posible, o fondo sentimento de tradición que todas estas nenas e nenos teñen polo noso Entroido.

10/2/25

Transmitindo un #sentimento

 "Un pueblo sin el conocimiento de su historia pasada, su origen y cultura es como un árbol sin raíces" . Marcus Garvey

Dentro do proxecto sobre as culturas das nosas aulas, queremos que as familias teñan un papel relevante. Por este motivo quixemos contar con elas para recrear algúns dos intres máis salientables do noso Entroido. Engalanadas coas vestimentas típicas do fareleiro, colgamento do meco, oleiro, corredoiro e enterro da sardiña, compartiron con nós unha mañá fascinante e inesquecible, transmitíndonos o verdadeiro sentimento do Entroido de Xinzo. Moitas grazas pola vosa participación e por metervos de cheo no papel que representabades. Isto é só o comezo de todas as actividades que temos programadas coas familias.

7/2/25

Visitamos Innovart

 “A forma máis elevada de intelixencia consiste en pensar de maneira creativa” Ken Robinson, escritor e pedagogo británico.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional organizou "InnovArt'25: artísticas, deportivas e idiomas", que tivo lugar os días 6 e 7 de febreiro na Cidade da Cultura de Galicia. 

Trátase dun evento que aglutina as ensinanzas artísticas, as ensinanzas de idiomas e as ensinanzas deportivas que se imparten en Galicia.

O noso alumnado de cuarto de Ed. Primaria tivo a oportunidade de participar en distintos talleres que conformaban este evento. 

Tamén visitaron  o Museo  de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela, que é un centro con fortes potencialidades educativas e sociais, pois ademais das súas tarefas de investigación e educación formal, centra o seu futuro na divulgación científica, dando resposta ás obrigas que esta universidade ten coa cidadanía. 



4/2/25

Facendo arepas

"Unha comida ben equilibrada é como un poema ao desenvolvemento da vida." Anthony Burgess, escritor británico

Grazas á participación das familias cociñamos arepas.

Foi moi divertido, e estaban boísimas!

Contamos coa axuda do persoal de cociña, o director, mestras do departamento de orientación, a coidadora e, por suposto, as familias.

Sen vós nada de esto sería posible!

Grazas, de corazón !!!

29/1/25

Encaixando melodías

 "A música pode cambiar o mundo porque pode cambiar ás persoas." Bono, cantante da banda británica U2

O CEIP Rosalía de Castro, dentro do programa educativo no que participa chamado "Polos Creativos", realizou unha actividade utilizando o primeiro material recibido neste curso 2024-2025.

Trátase dun proxecto musical chamado “Encaixando melodías” no que o alumnado tiña a tarefa de crear música. Para iso, o material incluía un kit onde podiamos atopar unha pequena máquina musical, cintas musicais e o perforador, grazas ao cal os cativos gravaban a melodía escollida nas cintas.

As máquinas de música programables mediante tarxetas foron uns dos primeiros autómatas empregados pola humanidade. As tarxetas, perforadas por pequenos buratos, foron usadas en teares no mundo téxtil e tamén, con posterioridade, nos primeiros ordenadores. Neles, os pequenos anacos de cartolina proporcionaban información e eran un medio para o ingreso de datos na computación.

Este material foi utilizado nas clases de música onde participaron alumnos e alumnas de todos os cursos, adaptando a dificultade e o nivel a cada un deles, facendo así uso das metodoloxías activas e o deseño universal para o aprendizaxe (DUA).

Neste caso en concreto, podemos ver aos alumnos de 5º de Educación Primaria que grazas a este material, complementan a súa formación e asimilación das cancións “Jingle Bells” e “O Himno da Alegría” de Beethoven que estiveron a traballar neste trimestre. Os nosos pequenos e pequenas artistas, son capaces de realizar a lectura da partitura, interpretalas coa súa voz, transcribilas nas tiras de cartón para poder así interpretalas coa “pianola”. Grazas a todo isto, traballouse ritmo, melodía, historia da música, linguaxe musical e interpretación dun xeito ameno, diferente e divertido.

22/1/25

Haiku​ (俳句) que rachan fronteiras

 «A poesía non quere adeptos, quere amantes». Federico García Lorca, poeta, dramaturgo e prosista español.

Dentro do noso proxecto "Pontes de Letras, Fontes de Saber", percorreu o pasado día 15 de xaneiro a primeira das video conferencias coa EB da Feitosa e a EB do Trovela onde o alumnado compartiu as súas creacións de haikus de inverno, da man da nosa Biblioteca Escolar e das Bibliotecas Escolares do Agrupamento de Escolas António Feijó.

Superadas as primeiras incidencias técnicas, o alumnado das tres escolas foi quen de compartir as súas creacións neste formato da poesía tradicional xaponesa, poñendo en valor elementos da natureza comúns as distintas realidades.

Foi unha primeira toma de contacto, que é preciso incrementar e mellorar, para afondar nestas estratexias de colaboración que favorecen novos escenarios de aprendizaxe.

21/1/25

Todas e todos contamos!

"É hora de que os pais ensinen aos mozos desde o principio que na diversidade hai beleza e hai forza." Maya Angelou. actiivista estadounidense."

Nun contexto onde a superación das desigualdades sociais é xustamente a base en que se fundamenta a articulación da economía social, dende Afundación lanzan este programa co que, a través de diferentes actividades culturais, o alumnado participe do valor da diversidade. Esforzo, empatía, aceptación do diferente, reforzo da autoestima ou o respecto son algunhas das ensinanzas presentes na actividade, impartida por persoas con diversidade funcional, mediante as que podemos mellorar a sensibilidade afectiva e emocional, favorecer unha sociedade equitativa, xusta e diversa e facilitar o establecemento de relacións interpersoais. Esta anovadora proposta pon en valor a diversidade como elemento de enriquecemento social e persoal, fomenta a inserción laboral de persoas con diversidade funcional e promove a súa autoestima e confianza ao exercer un rol activo na sociedade. 

Representouse na aula de Psicomotricidade o contacontos A FAMILIA que narra un conto creado pola Fundación IgualArte, con linguaxe de signos que fala das familias diversas: monoparentais, numerosas, con dous pais, dúas nais, etc. levando a cabo as distintas labores do fogar e os as responsabilidades están repartidas igualitariamente e onde participou alumnado do noso centro.

Este tipo de  actividades destacan polo seu carácter anovador e motivador. Fomentan valores educativos coma a mellora da convivencia, a cooperación, o aumento da autoestima persoal e grupal, o coñecemento e control do propio corpo e a superación de límites. Todos eles son sinais de identidade propios, sen dúbida, do noso cole.







8/1/25

Unhas felicitacións moi especiais!

 "As cartas son como paquetes que conteñen sorpresas." Doménico Cieri Estrada, escritor mexicano.

Dentro do proxecto "Ponte de Letras, Fontes de Saber, que realizamos en colaboración coas escolas do Agrupamento António Feijó de Ponte de Lima figuraba a actividade de intercambio de tarxetas de Nadal entre o alumnado de 4º curso do noso cenro coa EB da Feitosa e a EB de Trovela.

Ao longo das vacacións de nadal foron chegando as cartas enviadas polo alumnado dende o país veciño, pero foi hoxe cando foron repartidas nos nosos grupos.

Grande sorpresa, moito ledicia por ter resposta ás que enviaron el@s e moitas ganas de seguir colaborando nestes proxectos que supoñen, en moitos casos, unha das "súas primeiras veces"... neste caso en recibir unha carta ao seu nome co seu nome no sobre e cun selo dun país "estranxeiro" que seguro que gardarán como un gran recordo!!

Ampliamos horizontes e derribamos barreiras... toca seguir preparando o próximo proxecto!!!