Xa volo contamos, participamos nas VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA.
Un ano máis a Asesoría de Bibliotecas Escolares e o CAFI, tanto na organización como na selección de ponentes fixeron un traballo impecable e, a pesares de que pode resultar cansado rematar a semana na escola un venres e saír para Santiago, pagou a pena.
Con motivo da celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero esta semana temos distintos actos no Ceip para concienciarnos desta grave problemática. Así, hoxe martes, está o alumnado de 6º realizando un obradoiro que prepararon desde o CIX da Limia (CDR O Viso), o CIM (Centro de Información á muller, Concello de Xinzo). e, nas aulas estamos preparando o acto que faremos tod@s o venres e que consistirá:
1.- Na lectura dun manifesto en contra da dita violencia (Pódelo ler aquí abaixo)
2.- En gardar un minuto de silencio en memoria da vítimas
3.- Na elaboración dun mural que recolla as pegadas dans mans pintadas; unha por cada muller falecida.
4.- En cantarmos tod@s xuntos "Que nadie calle tu verdad" de Manuel Carrasco e Malú.
MANIFESTO
Neste día
tan especial, conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e a
Comunidade Educativa do Colexio Rosalía
de Castro comprometémonos a traballar
por unha educación igualitaria e non sexista co seguinte manifesto:
- Todos e todas, homes e mulleres, nenos
e nenas, temos os mesmos dereitos e as mesmas obrigas.
- Debemos resolver os nosos problemas con
diálogo. O
uso da violencia é inútil e só lleva a máis violencia.
- Debemos respetar e tolerar ás persoas sen
ter en conta o seu xénero.
- Ningunha persoa é dona de ninguén nin
escrava de ninguén.
- Non se debe utilizar a forza contra os
máis débiles.
- Non debemos de ameazar para conseguir
aquelo que queremos.
- Debemos respetar ás persoas no uso da
súa palabra.
- Ninguén ten dereito a agredir, todos e todas somos iguais e facelo é un feito inxusto.
- Todos e todas somos iguais, non se debe
permitir que ninguén maltrate ás mulleres, polo feito de selo.
- A violencia de xénero é una loucura, os
homes non deben de crerse superiores ás mulleres, todos e todas somos iguais.
- É intolerable pechar os ollos ante os
casos de violencia de xénero en casa, na escola ou na rúa.
- Solidarizámonos coas mulleres que sofren
este tipo de maltrato, todos e todas deberíamos poñer os medios necesarios para
evitar que sucedan estas desagradables accións.
- Estes feitos son negativos, e afectan
de cheo, non só ás mulleres que o sofren, senón a toda una sociedade que o
coñece e o consinte.
Para eliminar a Violencia de Xénero
pensamos que:
- O
diálogo e o debate son o vehículo idóneo para sensibilizar a toda a
sociedade sobre este grave problema.
- A educación debe recorrer un largo
camiño para formar a homes e mulleres na tolerancia e o respeto.
- Un comportamento tolerante significa
comprensión, recoñecemento, consideración e respeto ante posturas distintas ás nosas.
- Debemos demostrar Tolerancia Cero con todas aquelas
condutas ou manifestacións que supoñan violencia de xénero.
- Para conseguir unha ensinanza xusta e
igualitaria, é necesario reforzar a formación de toda a comunidade educativa.
- O nsoso cole será un espazo educativo de Tolerancia Cero contra todas
estas situacións.
O pasado venres 20 e sábado 21 de novembro unha representación do Equipo Dinamizador da Charca dos libros participamos en
Compostela nas VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA; unha
actividade de formación permanente do profesorado, organizada
conxuntamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a
través da Asesoría de bibliotecas escolares, e a Dirección Xeral de
Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (a través do
CAFI). Participamos preto dun milleiro de profesoras e profesores de
toda Galicia; máis de 900 pero algúns menos que en anos anteriores, que pasamos dos mil.
O programa contemplou un bo feixe de experiencias de bibliotecas
escolares galegas que funcionan como "bases de exploracións", en
alusión ao lema da campaña de bibliotecas escolares deste curso
2015/2016, así como experiencias de traballos por proxectos coordinados
por distintas bibliotecas escolares. Acudiron, Carlos Magro, Xurxo Mariño, Guadalupe Jover, Felicidad Campal,Rosa Piquín e Ana Siro, expert@s de
distintos ámbitos que nos fixeron partícipes dos seus moitos coñecementos e nos deron pistas sobre os novos retos que
debemos enfrontar as bibliotecas escolares e os centros escolares,
para facilitar a adquisición das competencias clave por parte do
alumnado, tendo nas bibliotecas escolares o gran aliado.
En breve poñeremos aquí o enlace para que aquelas persoas que queiran poidan acceder ós documentos gravados nestas xornadas.
O pasado martes 17 de novembro 87 rapaces e rapazas do Rosalía participaron na primeira carreira comarcal de campo a través celebrada na Moreira.
Os vinte primeiros clasificados/as en cada categoría terán a posibilidade de correr na 2ª xornada que se organizará para o mes de xaneiro.
Aquí deixamos unha breve mostra do sucedido.
Destacar a gran participación, o esforzo e as boas actitudes do noso alumnado.
O alumnado de quinto e sexto de educación primaria fixeron o pasado venres 13 de novembro a primeira andaina do curso escolar. Sairon do Mosteiro de Trandeiras cara a Torre de Pena e voltaron ao punto de saída nun roteiro circular para desfrutar alí dun gran magosto onde non faltou nin a empanada, nin os bolos preñaos, nin...por suposto... as castañas.
Subidas, pendentes, camiños polo monte...nada puido deter ao noso intrépido alumnado que encararon todos estes atrancos con moi boa disposición e un gran sorriso. Agradecer especialmente a Ricardo Sieiro pola planificación e as fotos desta xornada e a Agrupación Local de Protección Civil de Xinzo de Limia que alí estiveron para facer dos nosos "anxos da garda" e para ter todo preparado cando con máis fame chegamos.... Así da gusto!!!
A xornada do venres 13 foi un tanto especial. Se o curso pasado non fixeramos o magosto porque un día choveu e o outro tamén... este ano o día foi espectacular: sol, boa temperatura (non había máis que pedirlle ó día). O outro puxémolo nós: Antonio co tixolo, o lume e as castañas; infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de primaria, xogando un bo anaco da mañá (cadeiras, pano, sacos, brilé, ra, tira-soga); os de 5º e 6º facendo unha andaina desde o Bon Xesús de Trandeiras ata a torre de Pena e volta ó Mosteiro para comer o magosto nun entorno tan especial; e no cole tampouco faltaron os bolos preñados, empanada, a bica e as castañas. Nin as ganas de pasalo fenomenal.
O 5 de novembro de 2014 celebrouse -que saibamos- o día mundial do coidador/a. Por iso, nesta data, 5 de novembro queremos poñer aquí a imaxe da coidadora do Ceip Rosalía: A Luz de Trasmiras. Parabéns!!!
Este mércores 4 de novembro o alumnado de 3º e 4º de primaria pasamos a xornada en Ourense. Primeiro no Auditorio gozamos dunha actividade promovida pola Afundación "nana para un soldado" teatro dos Ghazafelhos, xunto a outros escolares da provincia. Despois os de 3º cun guía (moitas grazas José Ramón) visitamos a zona histórica de Ourense (catedral, praza maior, burgas...) e os de 4º con outro bo limiao (moitas grazas José Manuel) visitaron o parque botánico de Ourense, en Montalegre.
Poñemos aquí esta actividade LIM que elaborou o departamento de TIC do CEIP Alexandre Bóveda para traballar sobre a figura de Ángeles Alvariño nestes días que conmemoramos o Día da Ciencia en Galego. Se pinchades neste enlace, poderemos aprender moitas cousas dela.