27/2/20

Traballamos valores de igualdade... e buscamos a lúa!


Hoxe o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria desprazouse, acompañado polo profesorado do centro, ata o Auditorio da Casa da Cultura de Xinzo de Limia para asistir á obra de monicreques "Ú-la lúa", posta en escea pola Xanela do Maxín.

U-la Lúa? é dunha proposta escénica onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.
Lúa é unha gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa. Non ten irmáns e a avoa lle deixa saír fóra, mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar.

Unha mañá chea de aprendizaxes e diversión!!










Eu son... Rosalía. Somos Rosalía

Neste 27 e 28 de febreiro estamos celebrando (lendo, recitando, aprendendo, lembrando...) a Rosalía de Castro. Aínda que o 24 foi o seu día, nós estabamos de entroido polo que retomamos este xoves e venres a Rosalía.
Velaquí un par de enlaces:  a unha cantiga


e a un programa de radio feito polo alumnado de quinto de primaria do CEIP Plurilingüe de Foz dende a súa emisora "Chicharriños nas ondas."
https://drive.google.com/file/d/1yUO6XDE0ijPK2h3IL8FiltuhwdXbuyGO/view

Velaquí unha mostra dos traballos feitos e colgados nos taboleiros de entrada ó edificio principal: parabéns, artistas!




23/2/20

Gran Desfile Infantil CEIP Rosalía de Castro. Xinzo de Limia

Gran vídeo do Desfile Infantil do Entroido 2020 do CEIP Rosalía de Castro!! Non o podedes perder!!


Desfile de Entroido 2020 (Primeira parte)

Aquí tedes o primeiro vídeo realizado coa selección de marabillosas fotos que fixo o noso amigo, pai e gran colaborador do cole @pepenocelojar. Moitísimas grazas coma sempre, Pepe!






22/2/20

Comadres 2020

Xoves de "revancha". È a quenda dos mozos de escapar coa súa comadre na man para ridiculizar ás súas compañeiras.Será misión delas.... Que non quede ningunha!!



Aprendemos a ser Pantalla

Dentro dunha nova serie de actividades que as compañeiras de 4ª de Educación Infantil teñen previstas realizar coas familias do seu alumnado, esta semana visitáronlles Jonatan, o pai de Manu, e David, o padriño de Nelson, para amosaren que significa ser Pantalla e como debemos respectar ao máximo á figura chave do noso Entroido. Ser Pantalla é un orgullo e debemos vestir este traxe seguindo toda a súa longa tradición... e, por suposto, irlle perdendo o medo pouco a pouco... Aínda que son tan pequeniñ@s....

20/2/20

Día internacional da Lingua Materna

O día internacional da Lingua Materna que se celebra este venres, día 21, propugna o multilingúísmo como medio de promover e preservar a diversidade de idiomas e culturas en todo o mundo.


Esta iniciativa partiu de Bangladés. Foi aprobada na Conferencia Xeral da Unesco de 1999 e celébrase anualmente os 21 de febreiro desde o ano 2000.

A lingua materna é aquela na que os nen@s aprenden a falar e a relacionarse co seu contorno máis próximo. Neste 2020 quérese lembrar o valor dos idiomas que son á súa vez locais e transfonteirizos para promover o diálogo pacífico e axudar a promover o patrimonio cultural dos pobos que o falan. O galego é dalgunha maneira unha lingua transfonteiriza na medida en que serve como ponte con Portugal e coa lusofonía.

A diversidade lingúística atópase cada vez máis amenazada, cun maior número de linguas que desaparecen. Cada dúas semanas, como promedio, morrre unha lingua, levando coa súa desaparición todo un patrimonio cultural e intelectual.

Deseña unha xoia para a túa nai

Convocatoria XI certame 

A Federación Galega de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros, en colaboración co Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (Coxga) convoca o XI Certame "Deseña unha xoia para a túa nai", dirixido  a escolares de educación infantil e primaria de Galicia, con idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos (inclusive), con ocasión da celebración do Día da Nai.

Esta iniciativa, que acadou un gran éxito nas pasadas edicións, ten como obxectivo impulsar a expresión artística dende unha idade temperán e despertar nos nenos e nas nenas a curiosidade polo mundo do deseño, ademais de achegar ó conxunto da sociedade unha profesión de gran arraigo e tradición en Galicia.

Ademais, este divertido proceso de creación, que culmina coa execución dos deseños gañadores polos nosos profesionais, permítelle ós pequenos deseñadores ver unha aplicación práctica á súa creatividade, servindo de apoio á súa formación.

Como os pasados anos, este ano temos por toda Galicia unha pequena rede de Establecementos Colaboradores nos que se poden recoller os dípticos para participar e tamén entregalos co deseño realizado. Estes establecementos encárganse de facer chegar á oficina do COXGA, a tempo, todos os dípticos participantes para que os valore o Xurado.

O establecemento colaborador que está máis preto de nós é o de María Lazuli en Allariz

María GomesPaseo de Porto Bello, 25Allariz(Ourense)988 442 597

As bases completas do concurso poden consultarse premendo aquí.
Os dípticos de participación tamén poden descargarse premendo aquí.
A data límite para presentar un deseño é o venres 27 de marzo 2020.
Os deseños finalistas do ano pasado poden consultarse todos premendo aquí.
Os deseños gañadores e as xoias realizadas do ano pasado poden consultarse premendo aquí.
Pinchando aquí pódese ver un vídeo de todo o proceso do Certame.

19/2/20

Os beneficios da natureza para as crianzas

Montessori escribiu: ”nada pode substituír a andar nos bosques e escoitar os paxaros, buscar caracois na praia, ou ver o crecemento diario dunha flor no xardín. Desde o comezo da vida é vital manter a conexión entre o nen@ e a natureza “.

Interesante artículo de "La vanguardia" los-beneficios-de-la-naturaleza-para-los-ninos.

 

Para los niños, la naturaleza es parque de atracciones, excelente medicina y aula de aprendizaje. El contacto con ella mejora la salud, la capacidad de atención, el desarrollo motor y cognitivo, la autonomía, la seguridad, la adquisición de valores...

18/2/20

Exposición de Pósteres: preparando os encontros PLAMBE

Como nestes últimos cursos, nos Encontros PLAMBE teremos unha exposición de pósteres nos que se presenta algunha iniciativa ou experiencia das bibliotecas. Estos serán expostos nunha zona habilitada para este fin e durante a xornada teremos un tempo para que os responsables comenten a súa presentación e resolvan dúbidas.

Este ano queremos centrarnos en dous aspectos concretos:

- Os obxectivos 2030 na biblioteca escolar, referidos tanto á promoción dunha educación de calidade, na protección e salvagarda do patrimonio cultural, na promoción do acceso á información e ás tecnoloxías da información e a comunicación, á igualdade, á sustentabilidade, á inclusión ...

-A biblioteca escolar como viveiro de cidadanía. Accións promovidas desde a biblioteca escolar como espazo de encontro, diálogo, lectura crítica, reflexión, investigación, creación ...

No enlace, o documento coas características técnicas do póster. 

17/2/20

Propostas da AELG para o Día de Rosalía


Propostas da AELG para a celebración do Día de Rosalía no ensino
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.
Por iso, para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, a AELG convida a celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra, ideadas a partir do manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro, creado nesta ocasión polo escritor Daniel Asorey.
O lema da proposta, Errantes polo mundo, pode desenvolverse a través de actividades que permitan ao alumnado observar e reflexionar sobre a vixencia do amplo abano de inxustizas sociais, incluída a situación da lingua galega, presentes na obra de Rosalía de Castro.
Para isto, despois de facer un repaso da figura literaria da Autora, e dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa da súa obra, propoñemos para o venres 21 de febreiro a realización das seguintes actividades:
  • Suxerimos que o alumnado traballe fotos, debuxos, fotos pintadas, editadas, gravados… que tratasen o tema das migracións actuais, baixo o lema #ErrantesPoloMundo_rdc_20. As fotos, debuxos, gravados, etc., terán como pé versos de Rosalía que traten as migracións en todos os seus aspectos (a soidade de quen fica, a morriña de quen vai, a dor, o medo, o desamparo, a xenofobia, a explotación, os conflitos…). Trataríase de textos que o alumnado e profesorado estimen interesantes (por exemplo, os poemas “Airiños airiños, aires”, “Adios rios, adios fontes”, “Castellanos de Castilla”, “Vivir para ver”, “Tecín soia a miña tea”, “Pra a Habana!”, “¿Que lle digo?”, “Tan sóio”, “Daquelas que cantan”, “Amores cativos” ou “A xustiza pola man”).
  • Tamén se podería ampliar a elección das fotografías, deseños e versos a aqueles teñan en conta a idea de errante na elección da identidade sexual, afectiva e de xénero, a partir, igualmente, dos versos de Rosalía que o alumnado considere acaídos.
  • Todas as fotos, deseños, gravados… cos seus versos como pé, poderían encher os corredores dos centros e divulgarse en redes sociais como Instagram, Facebook, Twitter…, tamén baixo o lema #ErrantesPoloMundo_rdc_20
  • Como remate poderíase realizar unha actividade de Postcrossing (enviar esas postais cun verso de Rosalía no pé sobre o tema #ErrantesPoloMundo_rdc_20 a outras persoas). As postais pódense enviar individualmente, entre clases ou entre centros, ben por correo postal ou empregando as redes sociais como Whatsapp, Telegram… Despois pódense compartir as recibidas, ben fisicamente, ben nas redes sociais.
  • En relación a esta proposta de actividades, recomendamos encarecidamente que se usen imaxes con dereitos de uso libre en internet (indicando, en todo caso, a fonte desde a que se obteñen).
A documentación gráfica xerada por estas actividades será compartida nas correspondentes redes ou medios de difusión do centro educativo, antes do 24 de febreiro, ou ese mesmo día, coa etiqueta #ErrantesPoloMundo_rdc_20. A AELG comprométese a colaborar na difusión da mesma a través da súa web e redes sociais, para o que agradecemos que se envíe noticia das actividades ao correo oficina@aelg.org. A este mesmo correo podedes comunicarnos a vosa intención de participar nesta iniciativa ou noutras coas que o voso centro celebre o Día de Rosalía 2020, para a irmos facendo constar na nosa web.
Desde a AELG, convidamos á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo.

16/2/20

Compadres 2020

Seguindo o ciclo máis longo do Entroido do mundo, e despois do Domingo Fareleiro e Oleiro, chegamos a este Xoves de Compadres, onde os nenos do noso cole persiguen ás nenas que levan un moneco (compadre) co que intentan ridiculizalos... e eles fan todo o posible por impedilo! Carreiras, "loitas" e demáis estratexias están permitidas.... Non perdades as fotos desta "loita de sexos" (sempre amigable)

13/2/20

Medrar no rural: A naturaleza como escola e outros xeitos de habitar




Día Mundial da Radio: A radio na biblioteca, concurso de podcast


https://issuu.com/ceipigrexacandean/docs/introduci_n_para_traballar_a_radio_2.0

No ano 2013 a ONU aprobou a proclamación da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación de Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a coperación internacional entre os organismos de radiodifusión."
Este ano celébrase co lema: "Diálogo, tolerancia e paz" e o poder da radio para promover o entendemento e as cominidades poderosas. Convocan un concurso  para participar cunha producción sonora de dous minutos arredor do tema deste ano.
Animamos a que participen os 50 centros que forman parte do programa de Radio na biblio e  todos aqueles que contan cunha emisora de radio. É un bo momento para difundir as experiencias que promoven o traballo colaborativo en ambientes de tolerancia, respecto e integración.



Na imaxe, os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe de Carballedo (Cerdedo-Cotobade) entrevistando ao alcalde.

Febreiro na horta e no galiñeiro

Desde comezos de mes e coa axuda dun tempo bastante espléndido, para estas datas, estes espazos teñen moito movemento. No galiñeiro conviven unha parella de coellos e cinco galiñas (unha parella de kikos e outro galo con dúas galiñas máis ben pequenas). Así que, en todos os recreos botámoslle de comer, recollemos os ovos...




Tamén comezamos a airear a terra dos bancais e abonamos con este abono orgánico que nos regalou o Amador (representante do Concello no Consello escolar). 

 



12/2/20

Finalistas en Xornalistas na escola

Hoxe, 12 de febreiro, sae o "Eu son... Rosalía" (elaborado no noso Ceip)  no Xornal Escolar suplemento dos mércores na Región. Parabéns ós/ás participantes!!!


Un curso máis FINALISTAS en XORNALISTAS NA ESCOLA 2019-2020.
Este concurso, convocado pola Región (suplemento xornal escolar), ten por obxecto a elaboración dun periódico con contidos informativos de interese para a comunidade escolar e o seu entorno social. 
Poden participar os alumnos/as de calquera clase de educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial de centros públicos, privados o concertados da provincia de Ourense, baixo a dirección dun dos seus profesores/as.

A Región designa ós membros que forman parte do xurado do concurso, que son os encargados de fallar os premios en cada unha das categorías. O xurado está formado polo director da Región, a coordenadora do suplemento Xornal Escolar e outros periodistas.
Selecciónase un traballo gañador por categoría . O alumnado dos traballos gañadores serán gratificados cunha festa á que deberán ir acompañados por un profesor responsable do colexio. Os traballos gañadores e os finalistas de cada categoría  publícanse no suplemento Xornal Escolar. 

11/2/20

Concurso de carteis: doazón e transplantes

Un ano máis e co ánimo de seguir traballando en espertar interese entre o alumnado na importancia da concienciación sobre a doazón de órganos e tecidos, animámosvos a participar no II CONCURSO DE CARTEIS RELACIONADO COA DOAZÓN E OS TRANSPLANTES convocado pola Coordinación Autonómica de Transplantes da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e dirixido ao alumnado de 5º, 6º de educación primaria e 1º, 2º e 3º de educación secundaria obrigatoria (ESO) de todos os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de presentación das obras remata o 30 de abril de 2020.

 No seguinte enlace están as bases do concurso:

Nos enlaces "Doazón e Transplantes"e "Doazón na Escola", podedes atopar información útil para o desenrolo da actividade:


7/2/20

Polo San Brais na Lagoa de Antela a barquiña verás....

Hoxe tivemos o pracer e o luxo de desfrutar toda a mañá con Anxo Moure. Todo o alumnado puido gozar das historias sobre ríos, fontes, regatos, ... que Anxo trouxo ao noso cole.
Esta iniciativa está financiada pola Confederación Hidrográfica do Miño - Sil dentro do seu programa "O Barqueiro dos ríos" que prentende reforzar a educación ambiental falando dos ríos máis próximos, da súa problemática, de que xestos debemos cambiar para melloralos e, por suposto, iniciativas diversas para desfrutar deles.
Trasnos, árbores, xacias, xacios e outros moitos seres reais e imaxinarios que poboan os nosos ríos foron os protagonistas dunha multidade de historias que Anxo e @s  axundantes do Rosalía pescaron nas augas tranquilas do río Limia....
Acompañáronnos nesta actividade representantes da Confederación Hidrográfica e a alcaldesa do noso pobo, que tamén pasaron un moi bo rato escoitando atentamente a este Barqueiro dos ríos. Non perdades todas as fotos e as cariñas do noso alumnado... Sen dúbiba, unha mañá moi especial!

6/2/20

Anxo Moure, mañá na charca dos libros

Pois si, mañá venres 7 teremos durante toda a xornada sesións de contacontos para todos os niveis na nosa biblioteca. Estará con nós o amigo Anxo Moure.
Dicir Anxo Moure, o carballo con botas, é dicir Contos Solidarios: 

Contos Solidarios é un proxecto cultural, medioambiental e de solidariedade promovido polo contacontos galego Anxo Moure, que dende o ano 1989 percorre as terras de GalizaAsturiasPortugalO Bierzo..., contando historias solidarias coa terra e coas persoas que a habitan.

Contos Solidarios defende o conto como ferramenta educativa, de sensibilización e loita para construír un mundo en harmonía co ecosistema e garante da xustiza social.

Contos Solidarios leva xa máis de 6.600 sesións de contacontos en perto de 1.200 centros escolaresbibliotecas, e tamén en espazos abertos como bosquesparquesprazasríos... superando xa os 300.000 participantes, dende nenas e nenos de 0 a 3 anos ata os nenos maiores de ata 100 anos.

Contos Solidarios transforma o conto en bosque coa plantación de miles de árbores autóctonas ao longo destes anos e transforma o conto en solidariedade coa entrega de bicicletas e material escolar en proxectos de cooperación en máis de 30 países de America Latina, Asia e Africa.
Contos Solidarios é unha proposta aberta a todas e todos os que queirades participar a través dun feixe de actividades diversas, dende achegarvos a escoitar un contiño enriba dunha árbore dentro dos Contos na Casa das Árbores, coñecer aos carballos que nacen dentro de botas vellas para transformarse en contos que lle dean vida ao bosque dentro das historias do Carballo con Botas, ata convidar á Ciclobiblioteca á vosa escola, vila, pobo ou mesmo á vosa casa para que roden contos e cantos e se espallen en liberdade.




Recreos, residuos cero

Tal e como recolle este cartel que temos na entrada do Ceip: Accións polo clima.


Promovemos desde o comezo de curso a realización dunha comparativa entre as aulas contabilizando o lixo que xeramos co "envoltorio" no que traemos o sobrealmorzo, premiando á aula máis respectuosa co medio. 
Así, de cando en vez, alguén (José Luís E. como fotógrafo) pasa polas clases e pide que se poña enriba da mesa o que trouxemos para tomar no recreo; así dialogamos, valoramos, concienciamos, entre outras cousas, sobre a utilización de recipientes, envases reutilizables (panos de tela de algodón, cera de abella e aceite de jojoba- antibacteriano-...) e posibilitamos a reducción no emprego de plásticos. 

4/2/20

O reporteiro de Voz Natura estivo no noso centro

Pois si, unha vez máis tivemos con nós a Alejandro e na aula fixouse nos sementeiros que temos de tomates, pementos, feixóns, cabaceiras, etc. E fixose eco, desta pequena acción, na web de voz natura. Grazas!

SEMENTEIROS NA AULA


No CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia preparan os seus sementeiros e aprenden sobre os cultivos que chegarán ao seu horto dentro de moi pouco. Mentres duren as choivas os alumnos poden ver o proceso de xerminación.

http://www.voznatura.es/articulo-de-actualidad-1849-Semilleros-en-el-aula&idioma=Galego

O alumnado de Primeiro fomos de "Safari"

Onte, inserido no programa de artes escénicas para escolares de Afundación, e da man de La Baldufa Companyia ide Comediants asistimos á obra de teatro “Safari”, dirixida a escolares de 1º e 2º de Educación Primaria.
O bullying é o tema a abordar neste espectáculo, en que nenas e nenos poderán entender as súas ameazas a partir do comportamento dos seus protagonistas: os animais da sabana. A preocupación dos nosos investigadores, Piñote e Calabacín, será a de descubrir que está a suceder e axudar estes animais ensinándolles que, a través das nosas actitudes e comportamentos en positivo, podemos convivir dunha maneira doce e tranquila, respectando a todo o mundo.
Educación inclusiva e en valores, temática que está moi presente no noso Proxecto de Centro Educativo e no noso día a día!







3/2/20

Espazos educativos

    Xadrez, parchís, oca... Outras alternativas para os nosos tempos de lecer no Ceip. A maiores do tenis de mesa (cada xornada teñen acceso a ela, durante os recreos, o alumnado dunha aula) tamén nos corredores do primeiro andar, do edificio principal, habilitamos unhas mesas con estes xogos incorporados.