22/4/22

Apuntámonos a non beber!

Dentro Plan Proxecta do noso centro, implementamos, en colaboración co Servizo de Prevención de Conductas Adicitivas da  Consellería de Sanidade, o programa "Apuntámonos a non beber" do que tedes toda a información relativa nel neste enlace.

O noso alumnado de sexto de Ed. Primaria tomou conciencia deste serio problema e como actuar antes os estímulos negativos que tanto a publicidade como a sociedade en xeral envía para fomentar o consumo destas sustancias negativas para a súa saúde.









12/4/22

Na procura do tesouro de Pascua!!

Onde estará agochado ese tesouro que as profes nos dixeron que deixou o coelliño de Pascua?
Tivermos que pescudar por todos os rincóns do cole para atopar as pistas que el foi deixando e que nos levarían ata a recompensa que finalmente atopamos no sitio que menos pensabamos... Quederes saber onde? Non perdades este vídeo!!
Fotografías: Sonia Pombar e Diana Vispo

9/4/22

Non queda outra!!! Temos que transplantar!!

Despois de que os  sementeiros do alumnado de 4º de Ed. Primaria pasasen todo o inverno coidando das súas plantas para protexelas do frío e das fortes xiadas, chegou a hora de transplantar os seus productos á horta do noso cole.

Chícharos, patacas, cabazas entre outros xa están na terra que, despois de meses de rego e coidados, darán o seu froito e poderán observar o seu crecemento e evolución e aprender como o ciclo da vida vexetal abrése paso día a día. 

Un xeito distinto de aprender mediante a experimentación e a adquisición de competencias básicas, complementando o que aprendemos na aula!

Fotografías: Manuela Vázquez


2/4/22

Rompamos xunt@s barreiras!

Este dous de abril, baixo o lema «Unha feliz viaxe pola vida», a campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2022 pon o foco no dereito das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e as súas familias para gozar dunha vida feliz.

Moitas delas enfróntanse a un nivel moi alto de discriminación en todos os aspectos da vida, debido en boa medida á falta de concienciación sobre o  TEA. É preciso eliminar os prexuízos existentes e  empatizar co colectivo. Coñecer e comprender as súas necesidades para poder facilitarlles os apoios específicos que lles permitan vivir felices e participar na sociedade en igualdade de condicións respecto ao resto da cidadanía. (https://diamundialautismo.com/)

No noso centro quixemos pór en valor este día e ás persoas que teñen este trastorno cunhas grandes gafas que serven visualizar esta e tantas outras situaicóns que fan de cada un de nós, alguén particular, moi especial e á/ao que merece moito  a pena acercarse e coñecel@ moito mellor!!

Rompamos xunt@s as barreiras que non nos permiten ver máis alá !!

Fotografías: Profesorado do CEIP Rosalía de Castro

Música: Autismo, mi historia. (Respirar – Bebe)