"Canto máis les, máis cousas saberás. Cantas máis cousas aprendas, a máis lugares viaxarás." Dr. Seuss, escritor e debuxante estadounidense
25/5/24
La magia de mi nombre
13/5/24
Coñecemos melllor o noso río Limia
"Os ríos son místicos. Son unha parte máxica, vivente e dinámica do planeta Terra." Laura Gilpin, fotógrafa estadounidense.
Dentro das moitas actuacións levadas a cabo polo noso alumnado ao redor dun elemento tan emblemático como é para nós o Rio Limia, desta vez, da man da Asociación en Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), @s nen@s de cuarto de EP achegáronse ás beiras do río para coñecer de primeira man distintas especies de flora e fauna que alí habitan. Distinguiron cales delas son autóctonas, e por conseguinte, beneficiosas para o entorno natural e cales podemos consideran invasoras, ás que debemos prestar unha atención especial polos riscos e perigos que elas comportan.
Este obradoiro vése complementado cunha interesante exposición no noso centro composta por catorce paneis onde podemos identificar estas e outras especies que podemos atopar ao longo de todo o territorio galego.
Aprendizaxes no medio que se producen son, sen dúbida, elementos que forman a un alumnado competente nas áreas do currículo que estudian dentro e fóra do centro escolar.
Diferentes diferenzas
"Nunca pensamos no excepcional que é o común para diferentes persoas". Eloy Moreno, escritor español
A diferenza como elemento enriquecedor, divertido e dinamizador. Os protagonistas deste libro son diversos e diferentes. Amósannos que empregan as súas características particulares para gozar dunha vida plena e chea de amigos e aventuras. Un elefante de tres patas, un moucho de catro ollos, unha tartaruga sen cuncha ou un libro sen cuberta… cantas cousas diferentes poden facer!
Incluímos dentro da nosa colección Carantoña, para prelectores e primeiros lectores, en letra maiúscula, este delicioso álbum infantil que é un canto á diversidade e mesmo á disfunción. En definitiva, o que nos define como individuos non é o número de pernas, ollos ou vitorias que acumulemos, senón como afrontamos o mundo e a nosa relación cos demais. https://www.editorialbululu.com/producto/diferentes-diferenzas/
Telma e Inma, a nosa #Pisacharcas, escolleron esta fermosísima historia, gañadora da XIX edición do premio literario Frei Martín Sarmiento na categoría infantil, sobre a importancia de valorar o ser diferentes, un dos valores chave do noso cole. O respecto aos demais, sexan como sexan, e a importancia de poñer en valor cada un dos noso potenciais, distintos aos dos demais, fan de cada un/unha de nós, alguén verdadeiramente especial e único no mundo. Non o esquezades NUNCA!!
Tod@s @s compañeir@s de Telma levaron un agasallo moi especial e que sempre lles recorda esta fantástica mañá que pasaron xunt@s!!
12/5/24
Peter Pan
"Todo o que necesitas para lograr os teus soños é confianza, fe e un pouco de po de fadas." Peter Pan
Jessenia, #Pisacharcas do noso cole, acompañada de Ana e Lucía, trasladou a toda a clase de 5 anos B ao País de Nunca Xamais dentro do Espazo Creativo do noso cole!
Neste conto clásico de James Matthew Barrie, resalta valores como a amizade, o arrepentimento, o saber perdoar, o traballo en equipo, a solidariedade e tamén pon un acento especial no neno, no importante que é xogar, pero tamén o máxico que pode ser crecer.
Non temos ningunha dúbida que tod@s @s nen@s deste curso, ademáis do fermoso agasallo que levaron, pasaron un bo rato cheo de maxia e emocións!!
Sementando responsablemente
11/5/24
Somos consumidor@s responsables
“Vivimos na terra coma se tivésemos outra á que ir.” Terry Swearingen, activista ambiental estadounidense.
Educalecrín é
unha cooperativa de educación social e medioambiental que nace co obxectivo de
mellorar a calidade de vida de tódolos seres. Realizan actividades educativas e
de ocio para persoas de tódalas idades.
Desta volta, traballaron no noso centro co alumnado de terceiro de EP sobre o consumo de produtos de proximidade e de consumo responsable.
Presentáronlle distintos productos de horta e de proximidade cos que el@s tiñan que elaborar a súa propia "dieta planetaria", introducindo nela distintos alimentos seguindo as pautas que lles deron Natalia e Verónica.
Esta liña de traballo está dentro do noso Proxecto de Voz Natura e
relacionada, como non, cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) fixados
pola ONU e que están dentro das nosas prioridades para formar alumnas e alumnos competentes e responsables co consumo e o coidado do medioambente.
La Cenicienta
"A literatura non é outra cousa que un soño dirixido." Jorge Luis Borges.
Non abandonamos os contos clásicos da literatura infantil... A historia de Cincenta ensínanos que, mesmo nas situacións máis difíciles, debemos manter a esperanza e ser amables cos demais. Tamén nos amosa que o que din os demais sobre nós non determina o noso valor e que, coa axuda dos nosos amigos e a nosa determinación, podemos superar calquera obstáculo e alcanzar os nosos soños.
Este conto de Perrault que tan ben nos relatou a nosa #PisaCharcas Soralla acompañada de Dylan e Daniel na nosa Bibilioteca Escolar mantivo ata o final a curiosidade e a atención de tod@s @s compañeir@s da súa clase!!! Estamos seguros de que a volveremos ver por aqui!
10/5/24
Avoíña, avoiña... Que dentes máis grandes tes!!
"A lectura é un ticket de desconto a todas partes." Maria Schmich, xornalista estadounidense
Quen non coñece esta frase dun dos contos máis famosos da literatura infantil? Patricia, a nosa #Pisacharcas, xunto con Aroa foron as encargadas de contar esta marabillosa historia a tod@s @s seus compañeir@s no noso Patio das Bolboretas.
Tivemos á mesmísima Carapuchiña Vermella relatando todo o que lle pasou de camiño á casa da súa avoa para levarlle algo de comer... E como todo o alumnado estivo moi atento, levaron un detalliño da súa parte ás súas casas!
O Camiño non se anda... vívese!
"Santiago non é o final do Camiño, se non o principio". Paulo Coelho
Vexo vexo, Xacobeo é un programa educativo multidisciplinar para achegar ao alumnado o significado e os valores do Camiño de Santiago e do Xacobeo e traballar, dende as primeiras etapas, estes conceptos que forman parte da súa contorna social e cultural.
Un ano máis o noso alumnado de sexto de Educación Infantil percorreu a etapa do Camiño de Santiago que vai dende Porto Alto ata ao Parque da Pantalla en Xinzo de Limia para, posteriormente, visitar o Albergue de Peregrinos da nosa Vila.
Gozaron dun día espectacular camiñando á beira do río Limia e no camiño atoparon moitas, moitas sorpresas!!!
8/5/24
Exploramos novas vivencias!
"Unha viaxe mídese en amigos, non en millas." Tim Cahill, futbolista australiano.
Os alumnos e alumnas de 5 de Ed. infantil viviron unha xornada inesquecible na cidade de Ourense,onde a historia e a cultura abrollan en cada recuncho. A súa aventura comezou nas Burgas, fonte termal que é a testemuña da rica herdanza romana da cidade. Continuaron visitando a praza de abastos e as múltiples estatuas da rúa do Paseo, reflexo dos oficios da nosa Galicia. A ponte Romana serviu de ponte no tempo levándoos á época dos antigos constructores. A visita das Termas de Outariz foi o colofón dun día cheo de descubrimentos. Xa nas termas, unha comida todos xuntos fortaleceu lazos e preparou aos nosos cativos e cativas para as actividades lúdicas que tiñan preparadas as mestras.
Con sorrisos e novos coñecementos, regresaron a Xinzo, levando consigo recordos que perdurarán moito tempo!
3/5/24
Aprender a saber coidarnos
"Coide o seu corpo. É o único sitio que vostede ten para vivir." Jim Rohn, escritor estadounidense.
Dentro das distintas accións de colaboración con outras entidades, desta volta foi a quenda de Antía e Lorena, do Centro de Saúde de Xinzo de Limia que viñeron a presentar ao noso alumnado de cuarto de Educación Primaria unha serie de coidados básicos de saude bucodental de de bos hábitos de alimentación.
O alumnado aprendeu a importancia de saber que comemos para poder distinguir aqueles alimentos que son máis recomendables para manter unha dieta sana e equilibrada. Así mesmo, poideron escoitar da man destas dúas profesionais cal e cando é o mellor momento para cepillarse os dentes e que distintos elementos podemos atopar na boca e como coidalos moito mellor.
Foi, sen dúbida unha mañá chea de aprendizaxes interesantes e significativos, encadrados perfectamente dentro do currículo escolar, pero impartidos por profesionais que coñecen perfectamente o impacto destas charlas entre o alumnado do noso centro
Queda sitio na vasoira?
"Un libro é un soño que vostede ten nas súas mans." Neil Gaiman,escritor inglés.
A bruxa vai toda contenta na súa vasoira co seu gato, ata que lle cae o lazo da súa trenza entre as silvas. Aí comeza unha aventura que acabará liando a unha paxara, unha ra, un can e un dragón nunha aventura trepidante e fascinante por terra, por mar e sobre todo, por aire. Este libro é unha mestura de aventuras, risas e nervios nesta historia inesquecible de amizade, monstros e sobre todo, moita maxia! https://www.casadellibro.com/libro-queda-sitio-na-vasoira/9788494634123/12625317
Bruxas, vasoiras e distintos animais... que pode fallar para que esta historia que a nosa nova #PisaCharcas Isabel e Lois trouxeron á nosa Biblioteca Escolar non enganche a tod@s @s súas/seus compañeir@s??
Moitas grazas por visitarnos e dramatizar este fermoso conto cheo de misteiros....
2/5/24
#SomosArte
« O arte é o que deixas saír». Andy Warhol
Nesta actividade de cadros humanos de famosos como Frida Kahlo e Vincent van Gogh recreáronse algunhas das súas obras máis icónicas sendo o alumnado un lenzo.
Os participantes nesta actividade tiñan que pousar de forma estática e seguindo as poses e xestos característicos dos retratos orixinais. Ademais, poderíanse incorporar elementos escenográficos e accesorios que axuden a recrear o ambiente e a atmosfera das obras.
Esta actividade homenaxea a estes famosos artistas e deunos a coñecer a súa obra dunha maneira orixinal e creativa, experimentando a sensación de formar parte dunha obra de arte e explorar a súa creatividade a través da interpretación dos personaxes retratados.
E tamén para saber que nós mesmas somos unha obra única...!!!
A toupiña que queria saber quen lle fixera aquilo na cabeza
"Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro." Emily Dickinson, poeta estadounidense.
Pode pasarlle a calquera, pero un día saíu do tobo e alguén lle fixo aquilo na cabeza. Quen sería? A pomba, o cabalo, a lebre? Este conto de Werner Holzworth e Wolf Erlbruch é xa un éxito da literatura infantil. As risas están aseguradas, xa que a temática escatolóxica sempre fai graza aos máis peques.
Diana e Icía traen á nosa Biblioteca Escolar esta divertida historia da toupiña que tivo un "accidente" e ao longo do relato será quen de aveirguar quen é o/a culpable... Ou non??
Estamos segur@s que esta non será a última visita que a nova #PisaCharcas fará ao noso cole... Quedamos pendentes da súa seguinte visita!
1/5/24
A forza dos valentes está no corazón
"Es ti, es así. Que os demais non o aceptan? Pois alá eles! Como ti non hai ninguén." Vanesa, Romero, modelo, presentadora e actriz.
Desde o 2 de maio de 2013, celébrase nesta data o Día Mundial contra o Acoso Escolar. Foi promovido pola entidade ‘Bullying Sen Fronteiras', cun comunicado inicial apoiado por máis de 3.000 organizacións non gobernamentais de todo o mundo.
Con esta intención nace esta conmemoración anual, para dar visibilidade a un problema, como é o acoso escolar. Desde entón, fixaron dous modelos de persoas, como son Martin Luther King e Nelson Mandela, abandeirados de liberdades e causas xustas xa que, como dicía Mandela, "a educación é a arma máis poderosa que podes utilizar para cambiar o mundo". http://educalab.es/-/2-de-mayo-dia-mundial-contra-el-acoso-escolar-
O noso cole sempre ten a loita contra este tipo de actitudes como sinal de identidade permanente e amosamos tolerencia cero ante o acoso escolar. Sempre está presente en todas as accións que a Consellería de Educación leva a cabo para previr e atallar calquera forma de violencia e discriminación nos centros educativos.
“Os abusóns non teñen cabida no sistema educativo galego”, dixo Alfonso Rueda na presentación do "Plan integral contra o acoso ecolar e o ciberacoso con puntos laranxas físicos e virtuais para denunciar de forma anónima e segura". No Rosalía, por suposto que non!