Na hora de formación de usuari@s, cada unha das mestras do equipo prepararon distintos traballos: de información e documentación, de animación lectora...
Na hora de ler, os nos@s axudantes levaron un pequeno agasallo literario por todas as clases.
Tamén continuamos a traballar no proxecto que comezamos o ano pasado, que consiste en dar nomes de personaxes literarios ás nosas clases. Este curso, ao longo desta semana, elaboramos pequenos traballos de investigación para saber como se chaman as distintas aulas do colexio e por que foi elixido o nome. A profe Mari, durante o tempo de lecer, agasallou aos nen@s que respostaban ben as cuestións relacionadas con estes traballos.
Os pais e as nais dos nosos alumnos e alumnas poden disfrutar, a partir deste mes de abril e ata final de curso, do seu "recuncho lector" á entrada do edificio administrativo.