Mostrando entradas con la etiqueta mochilas viaxeiras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mochilas viaxeiras. Mostrar todas las entradas

20/10/25

MOCHILA VIAXEIRA DE 4º B

 "Non saber o que ten sucedido antes de nós é como ser incesantemente nenos"

Cicerón

Dende fai décadas, a sociedade deu grandes pasos en prol da igualdade. Sábese que un dos camiños para lograr derrubar estereotipos de xénero é presentando á rapazada modelos de mulleres fortes e testemuñas de historias reais protagonizadas e loitadas por elas e por tanto cun papel importante na historia. Este libro, incluido na mochila viaxeira de 4º B de educación primaria, "DANIELA E AS MULLERES PIRATAS DA HISTORIA", contribúe a unha socialización dos rapaces e rapazas máis igualitaria e xusta ca historia as veces silenciada do sexo feminino. O conto nos relata como Daniela descobre un antigo libro da súa avoa coa historia de dez valentes mulleres piratas. Dende os mares da China ata a costa de Nova York, dende a antiga Grecia ata os tempos modernos, estas mulleres piratas surcaron os océanos en busca de riquezas. Aínda que moitas veces tentaron impedirlles navegar, elas negáronse a aceptar o seu destino ou loitaron por melloralo. Awilda, Mary Read, Lai Choi San, Grace O’Malley, Ching Shih… As súas vidas e fazañas inspiraron a Daniela.

Non se pode rematar a publicación sen mencionar o incrible traballo realizado por Lucas e a súa familia. Perfecto globo terráqueo co que traballar dun xeito integrado a historia, a xeografía e valores!






2/10/18

Mochilas viaxeiras como axentes mediadores de lectura


   

Seguen, un curso máis, as mochilas viaxeiras a súa andaina, da escola á casa, da casa á escola.... levando libros, revistas, vídeos... para propiciar momentos de lectura compartida en familia. Tamén a libreta viaxeira ( para compartir a nosa experiencia lectora e taén de rescate da nosa tradición oral) que recolle as testemuñas que as familias escriben arredor desta temática, a lectura, ou doutras que contribúan a potenciala.
Son pois as mochilas viaxeiras as nosas outras embaixadoras da Charca dos libros, a biblioteca do CEIP. 
Moitas grazas a todas as familias. Porque a lectura é cultura e porque vós sabedes máis ca ninguén o importante do hábito lector nos fillos/as. E o importante que sodes vós e nós como exemplo para eles e elas....
 

21/10/11

CURSO 2010/11

Xa comezamos a nosa andadura dende a Bibliocharca. As mochilas viaxeiras empezan a súa viaxe polos cursos de EI 5 anos, 2º, 4º e 6º. A partir da vindeira semana os nos@s axudantes colaborarán coas tarefas da nosa Biblioteca. Grazas a todos el@s!!!