O claustro do profesorado e o persoal non docente do CEIP Rosalía de Castro desexámosvos Boas Festas e un venturoso 2017
21/12/16
Pedindo o aguinaldo
O alumnado de 4º A quixemos recoller algo moi propio destas datas e que case se está a perder. Así que buscamos unha panxoliña ben enxebre "Ovos e torresmos" e dedicamos esta última xornada do trimestre a ir pedindo o aguinaldo a todo o persoal, profesorado, alumnado do colexio polas aulas.
Tamén saímos pola vila e fomos cantar a Ítaca, ó Espazo Lector Nobel, á Praza Maior, ó Centro de Día, á Residencia Santa Mariña. E, pasámolo de marabilla!!!
Actividade Nadal
Este curso, en vez do xa clásico Festival de Nadal, como remate do primeiro trimestre o Clautro escolleu unha proposta nova. Foi a presentada polos de "A run run xogos e enredos". Así que hoxe fixeron tres pases de contos dramatizados "Contos na maleta" e unha animación con música " Cotillón Ano Novo".
Velaquí algunhas fotos para que vos fagades unha idea desta festa.
20/12/16
16/12/16
Visita do alumnado de sexto de primaria ao Museo Arqueolóxico
Grazas á implicación da ANPA do CEIP Rosalía de Castro, o alumnado visitou as escavacións arqueolóxicas que están presentes no interior do Museo. Moitas grazas a Gonzalo e Pepe pola compaña e polas fotos.
15/12/16
Tan só con leres un libro
MAMÁ CABRA É un grupo de música infantil pioneiro na produción de espectáculos
musicais pensados para o público infantil. A súa história remóntase ao
ano 2000, e partíu de facer cancións para as clases de Educación musical de Gloria, unha das fundadoras do grupo.
Contan na súa web que a primeira canción naceu na
biblioteca do colexio no que estaba Gloria, despois de ler o poema do
“Timoteo” de Gloria Sánchez que está no libro “Rimas con letra”.
Empezamos coa idea de facer un disco: CANTOS RODADOS, de dez temas que
se baseaban en poemas de autores como: Antonio G. Teijeiro, Concha
Blanco, Ana María Fernández... e Gloria Sánchez, claro. Pero acabamos
subidos a un escenario e artellando xogos para compartir un momento de
ritmo, canto, audición e sobre todo movemento musical.
7/12/16
Teatro na Casa de Cultura
Este mércores 7 de decembro, entre dous festivos, o alumnado de 3º, 4º e 5º de primaria con algún profesorado fomos ata a Casa de Cultura de Xinzo. O motivo foi que o grupo Sarabela nos ía representar a obra "O secuestro da bibliotecaria". Tamén estaba alumnado do Ceip Carlos Casares co seu respectivo profesorado.
A obra gustounos moito e tod@s quedamos contentos porque tiñamos cravada esa "espiña". Resulta que a última vez que estiveramos no mesmo auditorio para gozar dunha obra de teatro a experiencia non fora moi positiva; co pouco silencio, por parte do público, non fomos quen de "engancharnos" á obra e ninguén o pasamos ben (nin o público, nin os artistas que tanto tempo adicaran a preparala para nós...).
Hoxe todo foi mellor. Así que, parabéns a tod@s!!!! Pero moi especialmente ó grupo Sarabela e a tod@s os que fixeron posible que poideramos gozar desta actividade aquí no pobo. Grazas!
5/12/16
Guillelme Brown
O sábado desenvolveuse unha carreira nas instalacións do colexio Guillelme Brown onde, como xa é habitual, houbo representación do Rosalía.
Noraboa deportistas!!
Noraboa deportistas!!
Seguimos nadando
O venres foron os rapaces e rapazas de 3º e 4º os que puideron participar na actividade de deporte escolar na súa modalidade de natación.
Tratouse dunha xornada diferente, interesante e moi motivadora.
A principios de ano levarase a cabo unha xornada comarcal na que competirán os mellores tempos de cada categoría.
Tratouse dunha xornada diferente, interesante e moi motivadora.
A principios de ano levarase a cabo unha xornada comarcal na que competirán os mellores tempos de cada categoría.
2/12/16
1ª Xornada de campo a través
Onte os rapaces e rapazas do colexio Rosalía disfrutaron da 1ª xornada comarcal de campo a través. Participaron ao redor de 75 deportistas de entre 7 e 12 anos. A acticidade desenvolveuse con éxito xerando actitudes e resultados moi bos.
Os 20 primeiros rapaces e rapazas por categoría participarán na 2ª xornada que se realizará no mes de xaneiro.
Os 20 primeiros rapaces e rapazas por categoría participarán na 2ª xornada que se realizará no mes de xaneiro.
27/11/16
Contra a violencia de xénero
O venres, 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional contra a violencia de xénero. Alumnado do Ceip Carlos Casares (aula de 5º de primaria), do noso centro (as dúas aulas de 4º de primaria), os de Limisi e algunhas persoas maiores do Centro de día acudimos ó convite que nos fixeron desde o C.D.R. "O Viso", A cruz Vermella e o CIM de Xinzo.
Aínda que estaba programado facelo na praza maior, por mor do tempo chuvioso, tivemos que acollernos ó plan B e nos soportais da Casa de Cultura fixemos algunhas actividades. Unhas preparadas por nós nas aulas e outras que as tres organizacións tiñan para concienciarnos desta problemática... Despois ás doce, coa presenza das autoridades Municipais, deuse lectura a un manifesto. Pasamos frío pero pasámolo moi ben. Aquí tedes algunhas mostras.
25 nov. 2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Máis información (VÍDEO) en http://www.cdroviso.org
Máis información (VÍDEO) en http://www.cdroviso.org
biblioteca escolar
actividades...,
biblioteca escolar,
contra a violencia de xénero
25/11/16
Magosto no CEIP Rosalía
O xoves 17 os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria participaron no magosto no colexio.
A xornada consistiu na práctica de diferentes xogos populares por todo o patio e na degustación dun menú propio desta festividade.
Aquí deixamos unha mostra do ben que o pasamos todos/as: profesorado e alumnado.
A xornada consistiu na práctica de diferentes xogos populares por todo o patio e na degustación dun menú propio desta festividade.
Aquí deixamos unha mostra do ben que o pasamos todos/as: profesorado e alumnado.
Natación en 5º e 6º
O pasado mércores 23 de novembro os rapaces e rapazas de 5ºe 6º desfrutaron dun día de piscina, diversión e competición.
Comezamos de esta forma as xornadas de deporte escolar que se desenvolverán durante todo o curso, practicando campo a través, atletismo, natación, fútbol, baloncesto, orientación, xogos populares...
A vindeira semana serán os nadadores/as de 3º e 4º os que terán a posibilidade de participar nesta actividade.
Comezamos de esta forma as xornadas de deporte escolar que se desenvolverán durante todo o curso, practicando campo a través, atletismo, natación, fútbol, baloncesto, orientación, xogos populares...
A vindeira semana serán os nadadores/as de 3º e 4º os que terán a posibilidade de participar nesta actividade.
24/11/16
Andaina e Magosto polo río Faramontaos
O xoves pasado, 17 de novembro, fixemos o magosto no Ceip. O alumnado de infantil, 1º , 2º e 3º de primaria celebráronno no patio do centro. O alumnado de 4º, 5º, e 6º de primaria fomos en autobús ata o pobo de Faramontaos. Alí fixemos unha xeitosa andaina (temos un folleto explicativo) toda a beira do río ata a presa de Gudín. Aínda que tivemos moita sorte co bo tempo que nos fixo, o espectáculo non é que fora tan amable como outras veces; porque aínda que xa estaba todo o chan verde poidemos ver os "cadáveres" das árbores... pasto do lume. Tampouco poidemos escoitar a auga do río porque co pouco que choveu ata ese día, non podía levar moita. Con todo, fomos vendo os restos dos muíños e aprendendo a distinguir algunhas árbores, tratando de descubrir algunhas pegadas, animais...
Finalmente, á volta, na área recreativa onde xantamos, coa bonita ponte medieval (con pouquísima auga) case non puidemos probar as castañas porque os que contabamos que nolas asaran non o fixeron; así que aínda que nos puxemos a asalas... non tivemos tempo máis que para queimalas algo por fóra. De seguida houbo que volver coller o autobús para regresar.
22/11/16
Participamos nas VII xornadas de B. E. de Galicia
Este pasado fin de semana, dúas persoas do noso Ceip, participamos nas VII Xornadas de Bibliotecas Escolares, que tiveron lugar no Pazo de Congresos de Santiago os días 18 e 19 de novembro. Un ano máis estivemos encantados de participar formando parte dese milleiro de persoas que nos xuntamos para aprender, falar, escoitar e compartir experiencias, sobre todo, relacionadas coas biblioteas e a súa función. Aquí vos poñermos un enlace para poder acceder ós contidos das mesmas. http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/course/view.php?id=27
16/11/16
Día Internacional para a Tolerancia
Hoxe, 16 de novembro celebramos o Día Internacional para a Tolerancia, declarado así polas Nacións Unidas. O objectivo disto é que exista unha comprensión entre culturas e pobos. Fomentar o respecto e a aceptación.
De acordo coa ONU, a tolerancia consiste en recoñecerlle ós demais o dereito a que se respecte a súa persoa e identidade.
10/11/16
Día mundial da Ciencia
9/11/16
3º e 4º de Primaria: Aprendendo por Ourense
Este mércores 9 de novembro o alumnado de 3º e 4º de Primaria pasamos a xornada en Ourense. Primeiro no Auditorio, con outros centros da Provincia e da Capital, vendo a obra de teatro "Pulgarcito". Nela, Teatro Paraíso, da man do autor e director Iñaki Rikarte, asistimos a unha versión singular do conto; son un pai e un avó, os que dan vida ó relato, para recrear una nova historia tantas veces contada na noite dos tempos. Con moita miga, máis da que captaron as crianzas...
Despois o alumnado de terceiro foron ata o Xardín Botánico onde ademais tiveron a posibilidade de ver unha exposición de bonsais e seguir as interesantísimas explicacións do noso veciño limiao José Manuel Corbal.
Os de 4º estivemos na Praza Maior de Ourense e mentres esperamos a coller o tren turístico poidemos ver o salón de plenos e a exposición filatélica San Martiño na aula de cultura do Liceo. Despois gozamos do percorrido ata baixarmos en Outariz e desfrutar daquel entorno.
4/11/16
Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/
O auditorio da Biblioteca Pública Ánxel Casal, de Santiago de Compostela, foi o escenario para a presentación do Manifesto e as actividades de NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS,
A Arquitecta Isabel Aguirre de Urcola,
Premio de Ciencia "María Josefa Wonenburger"- 2015, foi a científica
convidada este ano para a elaboración do "Manifesto" a favor da ciencia
en galego nas bibliotecas, que se edita e se distribúe polas bibliotecas
de Galicia. Na presentación, Isabel Aguirre insistíu na importancia das
bibliotecas como espazos de depósito do coñecemento, na diferencia
entre información e coñecemento e na importancia de aprender a ciencia
en galego nas escolas. Incidíu na sorte que temos os galegos de podermos
contactar na nosa lingua con millóns de persoas por todo o mundo "algo
que deberíamos darlle máis valor".
"Nós aleitadoras, nós conquistadoras, brillantes activistas da vida cotiá"...
O 25 de novembro, conmemórase en todo o mundo o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, porque é a data na
que, en 1960, tres activistas políticas dominicanas, as irmás Mirabal,
foron asasinadas polo dictador Trujillo.
Para honrar este día e conmemoralo a cantante e gaiteira gallega Guadi Galego (que nestes días ven de publicar un novo traballo "O Mundo está parado") sacara esta canción que homenaxea ás matriarcas gallegas, as mulleres que sobre a súas costas levan adiante non só as súas familias senón que sustentan a base do Fogar de Breogán (Galicia,
como di o seu himno) ó que chama “o país dos alalás”.
Sumámonos a este máis que merecido homenaxe ás matriarcas galegas e convidámosvos a que gocedes desta espectacular obra de arte:
https://youtu.be/VSuS_pdCvSE
Como nos contan os nosos amigos Pili e Eloi en "Son de Pau" esta Gaiteira, compositora é unha das voces imprescindibles da música contemporánea galega. Despois de "Benzón" e "Lúas de outubro e agosto", chega "O mundo está parado": o terceiro disco en solitario de Guadi Galego.
Na súa intensa traxectoria musical, a compositora galega tamén formou parte de proxectos como Berrogüetto, Nordestin@s, Espido ou a CadaCanto.
biblioteca escolar
biblioteca,
contra a violencia de xénero,
días internacionais
3/11/16
Cando a Morte se fai arte
28/10/16
3º e 4º de primaria no Energytruck e na feira
Energytruck é unha iniciativa do Museo do Gas da Fundación Gas Natural Fenosa que permite vivir unha experiencia didáctica, interactiva e amena no ámbito da enerxía, o medio ambiente e el patrimonio industrial.
O alumnado de 3º e 4º poidemos descubrir onte, xoves, na praza Carlos Casares, cómo o desenrollo tecnolóxico nos fai avanzar como sociedade, suliñando os cambios históricos e o avance social que supuxo a chegada do gas e a electricidade. Tamén, que é a enerxía, como podemos consumila de maneira responsable...
Por equipos experimentamos, co método científico e sorprendémonos moitísimo. Despois algúns, aproveitando que era día 27, demos unha volta pola feira e probamos unhas talladiñas de polbo (GRAZAS PUCHO), falamos coa xente (mesmo cunha estatua vivinte ou estatua mimo), atopamos a algunha persoa moi interesante (Antonio Lourenço Fontes, Vilar de Perdizes, Montalegre), convidáronnos a caramelos (Agro Xinzo). Aquí vos deixamos unhas imaxes desta xornada
25/10/16
No día das bibliotecas...
24 de outubro DÍA DA BIBLIOTECA
"Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día da Biblioteca. Sería xenial organizar unha festa con confeti e pompas de xabón. Celebrala ao grande. Encantaríame vestirme para tal ocasión como o personaxe dalgún libro, sentarme na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo e esperar a que fosen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda, Atreyu, Drácula ou mesmo Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñerte botas de pelo, plumas, zancos e chapeus. Chapeus! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, atraída polas cores e formas do meu chapeu:
-- Sombreireira tola, que festa máis marabillosa! Sería tan amable de servirme unha cunca de té?"
Este fermosísimo texto é de Ledicia Costas, Premio de Clubs de Lectura 2016 .
las-30-bibliotecas-mas-espectaculares-del-mundo
21/10/16
VII Abraço ao río Lim(i)a en imaxes
Como estaba programado os pasados martes e mércores (18 e 19 de outubro) estivemos en Ponte de Lima cun programa moi completo e coas mellores compañas. Moitas grazas por todo. Tamén moitas grazas a Amândio por esta espléndida reportaxe fotográfica que compartimos e divulgamos
Quedamos pois á espera de que ó longo deste curso veñan eles aquí. Engadimos nesta entrada esta imaxe do nacemento do río Lim(i)a para facer, nós mesmos, un contraste despois de terrmos estado estes días na desembocadora en Viana do Castrelo.
Velaquí unha imaxe do nacemento do río Lim(i)a no Monte Talariño, na parroquia de Paradiña, concello de Sarreaus. Río que ten unha lonxitude de 108 quilómetros e unha cunca de 2.387 km² dos que 1.329 km² están en territorio galego.
O regato baixa polo pobo de Paradiña e discorre pola aldea de Couso pasando por Freixo e chegando a Sarreaus. Dende este último Concello percorre toda a Limia ata que chega a Portugal onde pasa polos municipios de Ponte da Barca, Ponte da Lima e Viana do Castelo para rematar no Océano Atlántico.
13/10/16
Outubro: Mes internacional das Bibliotecas escolares
Por este motivo estamos acabando de preparar unha das actividades que facemos todos os anos con moito éxito: un xogo de pistas na biblioteca.
O obxectivo vai ser atopar un libros a partires dun dato que vos achegamos.
Se resolvedes atinadamente esa primeira proba ímosvos achegar outro apuntamento...
E así ata conseguir atopar o libro en cuestión.
Outra maneira de aprender como temos colocados/clasificados os libros na nosa biblioteca, o que significan ese números/letras que teñen os libros no lombo (tejuelo), etc,
Tamén achegamos aquí hoxe, 13 de outubro, a publicación de blognatura no que, ademais de podermos ler algunhas propostas interesantes para a biblioteca do centro ou de aula, nomea "A charca dos libros" e fai un enlace cara o blog da biblioteca (no que se recolle a nosa participación na festa de voz natura a finais do curso pasado)
http://blogs.voznatura.es/blogmaestrovnat/blog/2016/10/13/rincon-voz-natura-en-la-biblioteca-escolar/
biblioteca escolar
biblioteca escolar,
día das Bibliotecas Escolares,
voz natura
VII Abraço ao río Lim(i)a
O
alumnado de cuarto de primaria imos participar, un curso máis, na
actividade “Abraço ao río Lima” os vindeiros 18 e 19 de outubro. Esta
actividade consistirá en dúas xornadas de convivencia co alumnado de
Ponte da Lima (Portugal).
Xa imos pola sétima edición e todos e todas
estamos desexando visitar aos nosos amigos/as portugueses.
Máis información no seguinte enlace: http://www.cm-pontedelima.pt/evento.php?id=1975
A Agrupación Musical da Limia no Ceip
O pasado venres 7 de outubro tivemos no Ceip á Agrupación Musical da Limia. Organizaron tres obradoiros (vento metal, vento madeira, percusión) polos que pasamos por niveis todo o alumnado para coñecer máis de cerca estes instrumentos da man dos que os tocan (moitos deles compañeir@s noso do cole). Rematamos a xornada cun pequeno concerto.
A agrupación pon en marcha
unha escola que inclúe tamén actividades extraescolares Démoslle así un pulo a esta actividade que se oferta como actividade extraescolar nas dependencias do cole.
A oferta complétase, ademais de coas modalidades de
vento metal, vento madeira e percusión, co reforzo dos estudos reglados do
Conservatorio de Xinzo. Así mesmo hai o xardín musical para nenos de 4 a 5 anos ou a banda
infantil.
A matrícula ten un custe de 20 euros e
un pago de 15 euros ó mes por tres sesións semanais. Existe outra
modalidade de pago que son 50 euros ó mes por catro horas semanais e
inclúe 1 hora de instrumento, 1 hora de linguaxe musical e 2 horas de
banda de música.
O director da agrupación, José José Luis
Tielas, declarou que se trata dun bo momento para darlle un pulo á
institución musical e coa escola poder garantir a súa contiuidade.
10/10/16
Nace 'O Papagaio', xornal para nenos e nenas de primaria e secundaria
Vén de nacer un novo xornal en papel, dirixido especialmente a nenos e nenas de Primaria e Secundaria. Chámase O Papagaio,
ten periodicidade mensual (dez números ao ano, descansando no verán),
12 páxinas a toda cor e publícase integramente en galego.
Está impulsado por Edicións moito conto,
inclúe temas de actualidade e empresta unha atención especial á
ciencia, tecnoloxía, ecoloxía, historia, arte, cultura, integración e
banda deseñada. Está aberto á participación dos centros de ensino. O primeiro número xa está dispoñible na rede e ofrécese a posibilidade de subscribirse de xeito anual.
Os seus responsables destacan que a sección de ciencia e tecnoloxía estará asesorada por científicos/as e será presentada por un personaxe fixo: Simio o científico. De igual xeito, a sección de Ecoloxía contará
tamén co asesoramento de profesionais e nel trataranse temas
relacionados coa agricultura ecolóxica, a bioconstrución ou a reciclaxe.
Os temas irán acompañados dun experimento que os e as lectoras poderán
poñer en práctica.
Na sección de arte, un pintor chamado Pierrot
explicará os segredos dos principais movementos pictóricos da historia;
este apartado inclúe a proposta dun exercicio práctico sobre o estilo en
cuestión. Dentro do obxectivo de fomentar a integración, aparece a
sección Pratos para compartir culturas, que achega receitas de distintos paises. No apartado de Natureza terá
un papel destacado "a fabulosa fauna lectora do noso hábitat", que
relacionará as distintas especies animais autóctonas coa
literatura universal; e, de igual xeito, incluirarse a sección SOS Especies ameazadas, na que os animais en perigo de extinción trasladarán as súas queixas a través dunha carta.
Tamén se inclúe unha sección fixa de banda deseñada,
protagonizada por Wifi, un can intergaláctico que vive intensas
aventuras nos distintos universos paralelos que nos rodean. E unha tira
humorística, Viladenihil, con temática de ciencia ficción social.
7/10/16
VII Xornadas de Bibliotecas escolares
Os días 18 e 19 de novembro, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, terán lugar as VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia,
a cita anual do profesorado interesado polas bibliotecas escolares, a
lectura e as competencias en medios e información (ALFIN/AMI).
Serán día e medio intensos dedicados a revisar algúns aspectos
fundamentales sobre a biblioteca escolar e as súas funcións nos centros
educativos, como soporte e ferramenta imprescindible para unha educación
acorde ás necesidadees do alumnado do século XXI e no contexto galego.
Xunto coa difusión de experiencias de interese en todos os ámbitos de
actuación da biblioteca escolar (promoción da lectura, traballo coa
información, metodoloxía de proxectos, implicación das familias na
construción de lectores, apoio ao desenvolvemento do currículo,
integración das TIC, interculturalidade e atención á diversidade
(biblioteca inclusiva)... Así mesmo haberá unha sesión para
comunicacións super-breves titulada "A fume de carozo" no que
se poderán coñecer un máximo de 10 actividades "potentes" procedentes de
10 centros (en breve abrirase o prazo de propostas).
A lectura e as linguaxes artísticas, as narracións transmedia, a poesía,
a educación artística ou musical, a metodoloxía de proxectos e as
necesarias transformacións no modelo de biblioteca escolar serán tema
para a reflexión e a ampliación de coñecementos, axudados por expertos
nos seus ámbitos como Andrea Giráldez, Xosé Tomás, Guadi Galego, Silvia
González Goñi, Mónica Muñoz Sobrino e Asunción Carballo, Glória Durban,
Carlos C. Scolari e Fran Alonso.
Até o día 19 de outubro está aberto o prazo de inscrición en FPROFE: https://www.edu.xunta.es/fprofe/ empregando a referencia G1602011.
4/10/16
" As aves do Limia". Exposición fotográfica na B. E.
Con motivo da celebración do día das aves, aproveitamnos para poñer na BIblioteca unha exposición fotográfica sobre "As aves do Limia". Moitas grazacias a Xosé Calleja por facer isto posible. Así que convidamos a toda a comunidade educativa do Ceip; achegádevos por aquí e gozade do fascinante mundo das aves.
Porque convivimos coas aves e para moitísima xente son unhas grandes descoñecidas. As aves aportan vida e cor ó noso entorno e serven de bioindicadores da saúde ambiental. Unha boa maneira de achegarnos á avifauna é coñecer as especies dos noso entorno máis próximo.
30/9/16
Sesións de benvida ó alumnado de 1º de primaria
Suscribirse a:
Entradas (Atom)