25/2/12
AGASALLO LITERARIO PARA OS NEN@S DO ROSALÍA
Como xa sabedes o día 24 de Febreiro é o día adicado a escritora galega Rosalía de Castro, xa que foi a data do seu nacemento fai 175 anos. Estes son os poemas que limos no Rosalía para celebrar esta conmemoración.
biblioteca escolar
biblioteca,
conmemoracións,
día de Rosalía,
fomento lectura,
galego,
recursos,
Rosalía de Castro
23/2/12
DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA
O Día Internacional da Lingua Materna celébrase o 21 de febreiro de cada ano dende o 2000, co obxectivo de promover o multilingüismo e a diversidade lingüística e cultural e o de celebrar todos os idiomas do mundo, arredor de seis mil. No libro de Magín Blanco "A nena e o grilo", unha melodía titulada "CRI CRI" fainos lembrar este día e a nosa fermosa lingua, na que tamén escribiu Rosalía.
24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA
O día 24 de Febreiro celebramos o "Día de Rosalía" na escola "Rosalía de Castro" de Xinzo. Cremos que unha das formas máis fermosas de conmemoralo é unindo poesía e música. Con tal motivo deixámosvos no noso blogue esta selección de vídeos e recibiredes o agasallo duns poemas da meirande escritora en lingua galega.
biblioteca escolar
biblioteca,
conmemoracións,
día de Rosalía,
fomento lectura,
galego,
Rosalía de Castro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)