Mostrando entradas con la etiqueta pisacharcas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pisacharcas. Mostrar todas las entradas

15/6/26

La gran aventura de Winnie de Pooh

"Non puiden elixir a quen me trouxo ao mundo pero podo elixir ao meu amigo. Nesta procura empeño a miña propia alma pois, cunha amizade verdadeira, a vida tórnase máis simple, máis rica e máis bela." Charles Chaplin. 


Tivemos con nós á pisacharcas Laura, nai de José Manuel de 4 anos A, que veu a contar o conto "La gran aventura de Winnie de Pooh". Consiste nunha aventura que xurde dun malentendido e dunha preocupación por un amigo desaparecido. Un relato onde abundan as boas intencións, o apoio dos amigos e a valentía para arriscarse por outros. Un clásico tamén do cine infantil que segue resultando entrañable para os máis pequenos e pequenas. Grazas a estas nais e pais por seguir ca tradición de vir a relatar historias á nosa biblioteca e entreter á vez que se transmiten mensaxes positivas neste caso sobre a amizade.






3/6/26

Los músicos de Bremen

" A paciencia é amarga, pero o seu froito é doce". 

Contos dos irmáns Grimm. 

Lucía, nai pisacharcas de Kenia de 3 anos A, rescatou un clásico dos irmáns Grimm, un relato que sigue vixente polo seu valor cultural e polas ensinanzas morais que contén. Catro animais de avanzada idade e aparentemente con pouca utilidade ara os seus donos, un burro, un can, un gato e un galo únense para levar a cabo unah misisón. Logran desfacerse duns ladróns emitindo os seus sons ao unísono. Unha historia sobre cooperación, astucia e superación. 







20/4/26

Algo pasa na casa do lobo



"Se queres que os teus fillos sexan intelixentes, léelles contos de fadas. Se queres que sexan moito máis intelixentes, léelles máis contos de fadas." 
Albert Einstein.

De novo unha nai pisacharcas pola Charca dos Libros! Desta vez contamos con Soraya, nai de Lía da aula de 3 anos A. Os nenos e nenas da súa clase escoitaron a historia na que o lobo desempeña un papel que non é precisamente o clásico. Algo pasa na casa do lobo é un conto cheo de misterio no que os máis pequenos e pequenas se adentran nos bosques grazas a unhas ilustracións  que atrapan. Desfrutaron da aventura de ir visitando as casas dos animais do bosque e descrubiron que unha mañá ningún deles espertaba nos seus propios fogares. Un libro con sorpresa final!




 

4/2/26

El león y el ratón


 Nesta ocasión os pais pisacharcas de Antía de 4 anos, Blanca e Rafa, viñeron contar o conto de "EL LEÓN Y EL RATÓN" á nosa Biblioteca Escolar. Os nenos e nenas desta clase estiveron moi atentos, xa que o conto é unha fábula curta pero profunda. Fainos ver como funcionan os estereotipos, esas imaxes mentais que nos facemos dos demáis a simple vista e que cremos certas. O león ignora o potencial do ratón e acaba sorprendido pola súa capacidade de sacalo dunha boa lea. Tamén amosa o beneficioso e positivo de se axudar os uns aos outros. Un conto perfecto para ensinar aos fillos e fillas a importancia de non prexulgar senon a ser empáticos e colaboradores. 





15/12/25

Cosita linda

"Cada novo amigo que gañamos na carreira da vida perfecciónanos e enriquécenos máis aínda polo que de nós mesmos nos descobre, que polo que del mesmo nos da"

Miguel de Unamuno.

Hoxe traémosvos a un autor de álbumes moi recoñecido polas súas obras. Con pouco texto e grandes e expresivas ilustracións, Anthony Browne nos transmite que as necesidades emocionais tamén son importantes.  Grazas a  Noela, nai pisacharcas de Xabier,  coñecemos esta historia sobre o respeto ás diferenzas e sobre a amizade que nos fala dun gorila que é ensinado a comunicarse a través de xestos. Cando o gorila aprende a facer peticións ós seus coidadores, unha vez que ten as necesidades materiais cubertas decátase de que o que máis desexa é un amigo, neste caso a Linda, unha gatiña. Así é como lle ensina aos máis pequenos e pequenas, que entre nós, existen diferenzas  pero non teñen por que ser impedimento para desfrutar xuntos. 






20/11/25

Cuentos para entender el mundo

 "A lectura fainos a todos inmigrantes. Lévanos lonxe da casa, pero o máis importante é que nos atópa fogares en todas partes"

 Jean Rhys, novelista.

Nesta segunda sesión de contacontos a man de Tita, nai pisacharcas de Alba de 4º de educación primaria, escolleu CUENTOS PARA ENTENDER EL MUNDO. 

É un compendio de contos que o autor recupera e adapta ós tempos actuais deixando de fondo as mensaxes orixinais e a esencia dos mesmos. Con eles invítanos a reflexionar sobre a vida, a sociedade e as relacións e emocións humanas. O alumnado tivo a  oportunidade de explorar, dende a Biblioteca Escolar, temas como a soidade, o amor, o medo e a esperanza. 





¿Este perro no tiene cola?

O libro para ler non é o que pensa por ti, senon o que te fai pensar. 

Harper Lee.

Nesta sesión contamos coa nai pisacharcas de Iria, de 5 anos. Tita fixo que a clase da súa filla o pasase pipa con este conto. 

A de hoxe é unha divertida historia sobre a chegada dun novo membro á familia. É útil para aquelas familias que queren preparar ao futuro irmanciño ou irmanciña maior para a chegada  dun bebé. Todo visto dende o punto de vista dun can que observa como os demáis familiares enchen ó novo integrante da familia de atencións e agarimos. Pero algo non lle encaixa ó noso protagonista. Pensará Rufus que o bebé é un can?






Mi pequeña

 " Un fogar sen libros é como un corpo sen alma" 

Cicerón.

O conto de hoxe, MI PEQUEÑA, é un relato epistolar para todas as fillas do mundo. Neste caso foi un libro especialmente adicado a Kloe de 1º, xa que o que o veu a contar Karla, a súa nai pisacharcas. Trata sobre o proceso, ás veces difícil pero necesario e enriquecedor, de deixar voar aos fillos e fillas, de promover o seu crecemento como un proceso natural nos que acompañalos. Ás veces hai que invitalos a atreverse, a ser valientes, a pedir axuda e en definitiva a descubrir o mundo.  Que mellor xeito que dar alento dende a Biblioteca Escolar. 





17/11/25

La primera aventura del ratoncito Pérez

 «Un libro é unha proba de que os seres humanos son capaces de facer maxia»,

Carl Sagan.

De novo con nós unha nai pisacharcas, desta vez Magalí , a nai de Ares. Que terá que ver o fondo marino co ratón Pérez? Pois ahí comeza a aventura, cunha ostra que perdou a súa perla e que precisa algo semellante, branco, duro e brillante.

O noso protagonista xunto con moitos e diversos animais, serán os encargados de buscar unha solución para axudar á ostra. Un conto sobre a creatividade, sobre as similitudes e un xeito máxico de explicar aos máis pequenos a onde van os dentes que marcan o feito de que se fan maiores.





10/11/25

A pantasma das bragas rotas

"Os nenos fanse lectores no regazo de seus pais" 

Emilie Buchwald, autora estadounidense.


Fai uns días asistimos ao contacontos de A PANTASMA DAS BRAGAS ROTAS da man dun pai pisacharcas, Fabio. Os compañeiros e compañeiras de Lía de 3 anos, pasárono en grande escoitando esta historia chea de sustos.  

En Castrelo Pesadelo, os veciños non poden durmir nin vivir tranquilos porque a Pantasma das bragas rotas asústalles a todas horas. Para rematar con este asunto, irán ao seu castelo Mario Abecedario, Augusta a Robusta e Eira a Bombeira, pero todos fuxen aterrecidos. Como conseguirán solucionar o problema da Pantasma das bragas rotas? Garda o segredo Finiña a Avoíña.





La bella y la bestia y Peter Pan

 "Hai máis tesouros nos libros que en todo o botín do pirata de “A illa do tesouro”.

Walt Disney

A quen non lle gusta un clásico? Aos nenos e nenas do colexio Rosalía de Castro sí. E desfrutaron de dous deles, PETER PAN E LA BELLA Y LA BESTIA grazas a Mª Carmen, nai de Mélody de educación infantil.

Dúas historias inolvidables. Unha chea de indios, piratas, crocodilos famentos e nenos incansables que non queren crecer, senon seguir deixando voar a súa imaxinación. A outra ensínanos unha princesa que devora libros, unha bestia e outras personaxes atrapadas na forma de reloxo, armario ou taza e que solo a través do amor se liberan.

Na nosa Biblioteca Escolar aínda agardan moitos clásicos para ser lidos. Animádevos!












27/10/25

El monstruo de las rabietas

"Quizais sexa por iso que lemos, e por iso que nos momentos de escuridade volvemos aos libros: para atopar palabras para o que xa sabemos" 
Alberto Manguel, escritor arxentino.

Se algunha vez consideráchedes a importancia de porlle nome ás emocións que guian os comportamentos dos nosos pequenos e pequenas especialmente en momentos de enfado, entón atoparedes un contido útil no conto "EL MONSTRUO DE LAS RABIETAS". Kassandra, a nai pisacharcas de Helena de 4 anos A, escolleu este album ilustrado que explica a adultos e pequenos dun xeito claro e sinxelo que son a raiba e as rabechas e como xestionalas de xeito sano. Acompañar aos fillos e fillas en momentos de enfado ou frustración é clave para canalizar e validar sentimentos naturais para que poidan expresarse sen facer dano e permitirse sentir tanto cousas agradables como desagradables.
Agradecemos dende a Biblioteca Escolar que se contribua a facer do alumnado, futuras persoas responsables afectivamente e cada día maís conscientes a nivel emocional. 






24/10/25

La araña Malena

 "O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito". 

Miguel de Cervantes


"LA ARAÑA MALENA" veu a ensinarnos certas nocións sobre seguridade vial. Da man de Mariano, pai pisacharcas de Miguel Melero de 3 anos B, os nenos e nenas desta clase camiñan un pouquiño máis seguros polas rúas de Xinzo. 
O conto está recomendado pola Direción Xeral de Tráfico para ensinarlle a nenos de 3 a 6 anos a cruzar en verde para os peóns e o valor dos chalecos reflectantes, entre outras. 

Malena é unha araña que un día cruza a rúa co semáforo vermello para os peóns. Por desgracia un coche lle manca unha pata, así que mentres se recupera e espera que nazan os seus fillos vóvlese moi previsora. Tanto que tece chalecos brillantes para que vaian seguros ao colexio e visitan ó oculista para arranxar a vista dunha das fillas que precisa ver con claridade cando o semáforo está verde para cruzar. 

Dende a Biblioteca Escolar aprenden cousas importantes para á vida fóra da escola e para encamiñar ao alumnado a ser cada día máis autónomos. 





Pétala, a pomba branca

 "Os libros son o avión, o tren e o camiño. Son o destino e a viaxe." 

 Anna Quindlen, escritora e xornalista estadounidense. 

Desta vez visitou a nosa biblioteca Boris, o pai de Mateo de 4 anos. Este pai pisacharcas narrou a historia de "PÉTALA", unha pomba que loita polos seus amigos e por que as cousas sexan xustas. Nada máis e nada menos que contra un horrible e voraz dragón que está acabando con toda a auga, un ben moi prezado para todos e todas. 

Un libro sobre enxeño, fantasía e sobre a amizade que invita aos nosos nenos e nenas a ser valentes a través dunha divertida aventura. Esta e moitas historias máis agardan ser lidas na Biblioteca Escolar. 





22/10/25

El salto de Chilú

"Os libros son unha incomparable maxia portátil." Stephen King 

Hoxe, Lola,mamá de Violeta , visitounos para que os cativos e cativas de 5º de Educación Infantil B desfrutasen da con lectura" El salto de chilu".Conto que narra a historia dun neno que viaxe polo mundo cun cofre onde garda os medos, coa misión de recuperar os soños da súa irmá Ikigai, quen deixou de soñar por medo a escuridade.

Xuntos e guiados da man de Lola tamén tivemos a posibilidade de gardar todos os nosos medos no cofre de Chilú.



20/10/25

Neste conto non hai ningún lobo feroz


"As persoas libres xamais poderán concebir o que os libros significan para aqueles de nós que vivimos encerrados" 
Ana Frank.

Estes días tivemos outra visita dunha nai pisacharcas. Ela é a mamá de Zara de 6º de educación infantil B. Os nenos e nenas desta clase estiveron moi atentos a "NESTE CONTO NON HAI NINGÚN LOBO FEROZ", unha encantadora historia que explora a vida de Lorenzo, un lobo que chega sempre tarde ás narracións dos contos clásicos, o que provoca situacións cómicas e reflexións sobre os roles nas historias.
 Trátase dun libro que pode ser disfrutado tanto na escola como en familia e que, ao mesmo tempo, pode servir de punto de partida para conversas interesantes sobre a natureza dos contos e sobre a importancia, as veces, de cuestionar as normas. Un relato que non decepciona. 





16/10/25

La ovejita que vino a cenar

 "Un libro é un regalo que podes abrir unha e outra vez."

Garrison Keillor, autor norteamericano.


Como nos gustan os contos con lobo feroz e final feliz! E como desfrutaron os nenos e nenas de 3 anos A gracias á mamá pisacharcas Leticia, nai de Vera .

"La ovejita que vino a cenar " preséntanos a un lobo un tanto atípico e detallista que, aínda que con ganas de cambiar a súa dieta vexetariana, non dubida en coidar da máis tierna das ovellas. Os rizos brancos, o seu tamaño e a fala de bebé, entre outras, aportan as risas e a tenrura. 

Ademáis o conto consigue transmitir mensaxes cheas de dozura sobre a necesidade de dar e recibir agarimo, sobre a importancia da amizade e sobre a ledicia de compartir a nosa vida con alguén a quen queremos. Unha historia para aprender dende a escola a coidar e a ser feliz.