Mostrando entradas con la etiqueta educación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta educación. Mostrar todas las entradas

24/1/21

24 de xaneiro: Día Internacional da Educación

"A educación é un dereito humano, un ben público e unha responsabilidade colectiva."

"A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 24 de xaneiro Día Internacional da Educación (enlace ao documento), en celebración do papel que a educación desempeña na paz e o desenvolvemento. Sen unha educación de calidade, inclusiva e equitativa para todos e de oportunidades de aprendizaxe ao longo de toda a vida, os países non lograrán alcanzar a igualdade de xénero nin romper o ciclo de pobreza que deixa atrasados a millóns de nenos, novos e adultos.

Na actualidade, 262 millóns de nenos e mozos seguen sen estar escolarizados, 617 millóns de nenos e adolescentes non poden ler nin manexan os  rudimentos do cálculo; menos do 40 por cento das nenas do África Subsahariana completan os estudos de secundaria baixa e uns 4 millóns de nenos e novos refuxiados non poden asistir á escola. O dereito á educación destas persoas vese afectado e iso é inaceptable" (https://es.unesco.org/commemorations/educationday)


No seguinte enlace (fai clic na imaxe)  podemos coñecer outras realidades ben distintas ás nosas. Reflexionemos sobre o que nós podemos aportar para mellorar a formación d@s máis débiles e facer que as súas expectativas vitais melloren exponencialmente. Que afortunad@s somos... Apreciemos e valoricemos o que temos... Educación pública, universal, laica, gratuita e de calidade!!




23/7/20

Covid - 19. Re - pensar a educación: Revista Galega de Educación

A situación xerada pola COVID-19 creou condicións sen precedentes en todas as áreas da vida e afectou o conxunto do sistema social en termos difíciles de imaxinar. Ao igual ca dende o punto de vista sanitario, a situación está tendo e terá consecuencias moi importantes en clave social e educativa. Dende esta perspectiva, poucas veces un problema espertou a necesidade de pensar e repensar en tan breve tempo a diversidade de compoñentes que entran en xogo no complexo sistema educativo: cuestións derivadas do estado de alarma tales como a presencialidade ou non, os modelos de escola, a atención á diversidade en contextos e realidades moi diferentes, as situacións persoais do alumnado, as implicacións esixidas, o porvir da educación despois da pandemia…. A fenda social e dixital foi, probabelmente, un dos aspectos que se puxeron máis de relevo no medio deste panorama, abrindo máis unha vez o debate sobre os diferentes xeitos de avaliación, un tema que, en realidade, resulta de permanente reflexión. 
A Revista Galega de Educación sente a necesidade de ofrecer algunhas reflexións que contribúan a abordar esta problemática e as súas implicacións no ámbito educativo galego. Con este fin organizamos unha separata en formato dixital que, aínda tendo como principal destinatario o profesorado en Galicia, non deixa de ter presente o acontecido noutras comunidades e países.
... 
Preme na imaxe ou no enlace para acceder ós interesantes contidos deste número especial



14/3/19

Ponte de Lima: Feira de educaçao

Un ano máis o alumnado do Ceip Rosalía de Castro participamos na III Feira de Educaçao en Ponte de Lima; e van tres de tres. Unha sorte contar con estes amigos do outro lado da raia que sempre nos acollen moi ben e cos que nos sentimos en sintonía conversando de educación, de incorporar novos retos... Robótica, tecnoloxía, educación ambiental, música, alimentación, ciencia divertida. Graciñas.
Graciñas a todo o persoal do Centro Educativo As Lagoas que nos prepararon unha comida rica e nos posibilitaron compartir as súas instalacións.  
Velaquí unha mostra dalgúns momentos deste día; grazas tamén ó alumnado que responde á confianza depositada neles e soubo desenvolverse con autonomía, esperando cando houbo que agardar, participando, aprendendo na materia máis importante que temos: a vida mesma. 


27/9/17

Unha fantástica curtametraxe

A cloudy lesson” pode ser unha excelente lección para os adultos. Foi realizado en 2010 pola directora Yezi Xue e dura só dous minutos. Trata dunha historia extraordinaria inspirada na relación entre un avó e o seu neto. A liña entre educar e limitar é moi sutil.

O apoio é fundamental. Se o avó do corto lle rifara e  non lle houbera animado a facer novas nubes, seguramente o neno tería vivido esa experiencia como un fracaso e mesmo alimentar unha sensación de culpa. Ocorre que o apoio, a confianza e o amor cámbiano todo. 
 Non son as experiencias, senón a nosa reacción ante elas, o que determina se nos estancamos o crecemos.

14/6/17

Día Nacional das Linguas de Signos



Vídeo Elaborado por a ONU, Grupo de Intérpretes de Lengua de Signos e Mediadores comunicativos que traballan en Centros Educativos de Galicia. O obxectivo é festexar O Dia NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS (14 de Xuño) e amosar unha presenza normalizada da LSE no ámbito educativo, en todos os niveis. Nel PARTICIPAN alumnado xordo e ouvinte, profesorado, intérpretes e Mediadores comunicativos. 

https://www.youtube.com/watch?v=hYnLYg2Ybkk

https://www.youtube.com/watch?v=A05OuF8mchA


13/3/17

A educación dende o compromiso co territorio



Os vindeiros 30 e 31 de marzo temos unhas xornadas de interese para participarmos en Ourense. Un achegamento á experiencia de Óbidos.
 Óbidos é un municipio Portugués (rexión de Leiria) cuns 12000 habitantes, e situado 80 kms. ao norte de Lisboa. Dende o ano 2002 hai unha estratexia educativa, formal e decidida, que ten na creatividade, no recoñecemento dos valores comunitarios e no desenvolvemento saudable dos seus viciñ@s o seu eixe vertebrador. Así, o municipio de Óbidos leva algo mais de 10 anos implementando unha idea de desenvolvemento focalizada no turismo, a cultura e a economía, que levou á organización, durante os últimos anos, de múltiples eventos relacionados con diferentes áreas da creatividade: produción, escenografía, entretemento, música, deseño gráfico, márketing e publicidade, multimedia, creación artística e investigación cultural.
...O feito de que, relativamente preto de nós, se estea a desenvolver unha experiencia innovadora do primeiro nivel, na que se funden educación, enfoque comunitario e creatividade, e que esta teña dado lugar a unha rede de recursos socioeducativos que xa teñen demostrado o seu valor, é algo que debe ser coñecido de primeira man para, de ser o caso, logo poder difundilo coa esperanza de que axude a mover conciencias, ou cando menos propiciar cuestionamentos e a mellora doutras prácticas. 
(Fragmentos tomados da memoria da visita do CIFP POrtovello a escolas d´Óbidos, Portugal)

O CIFP Portovello e a Facultade de Ciencias da Educación (Universidade de Vigo - Campus de Ourense) convídannos ao encontro pedagóxico “A educación dende o compromiso co territorio. Achegamento á experiencia de Óbidos”.

Se estades interesados/as podedes  ver o programa das xornadas na seguintes ligazón e a facer a vosa inscripción con caracter gratuíto.

Programa
Inscrición


4/2/17

Participamos na I Feira de Educación en Ponte de Lima


Feira educaçao - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
O venres 3 de febreiro, a pesares da borrasca, fomos ata Ponte de Lima para participar na "I Feira da Educaçao, Ciencia e Tecnologia" que se estivo desenvolvendo entre o día 2 e o 5. A maioría do alumnado de cuarto cos titores e co apoio de Lía e José Manuel gozamos dun día entre unha xente que sempre nos acolle extraordinariamente e nos fai sentir que xa formamos parte daquilo. Moitas grazas a Sandra, Gonçalo, Joao, Vera, Amandio... O Pinchas (a mascota da Área Protexida).
Con lemas como "Innovación: O futuro é hoxe" estivemos, como transportados efectivamente, en ambientes educativos innovadores e, canto aprendemos!!! Porque pasámolo moi ben, que é algo que permite que flúa unha aprendizaxe eficiente, e ó mesmo tempo, familiarizámonos un chisco con algúns contidos como as células, os bioindicadores saudables, o cáncer, a diabetes... E "alucinamos" (si, "babeamos") co traballo feito por algunhas escolas como as do agrupamento de escolas de Freixo. Cos monitores de Visionarium, cos de Laboratorio Aberto, con tod@s foi unha xornada inesquecible. Moitas grazas!!! Temos moito que aprender e realmente houbo momentos que se vía nos rostros, nas miradas unha atención chea de emoción. Isto enche. Pero tamén hai que dicir que hai cousas que sabemos facer mellor do que o fixemos e por iso incluín a foto que me enviou Jesús, o condutor, de como deixamos o autobús... (!!!) Temos esta débeda pendente. Polo demais, parabéns a tod@s.

24/1/17

Imos a "I Feira da Educação, Ciência e Tecnologia"!!


Promover e dar a conhecer os melhores projetos pedagógicos dinamizados pelos Centros Educativos de Ponte de Lima, são os objetivos da I Feira da Educação, Ciência e Tecnologia, durante a qual serão apresentados alguns projetos pedagógicos e Cursos Profissionais e do Ensino Superior. Pretende-se ainda dar a conhecer as inovações tecnológicas e cientificas com o apoio de alguns Centros de Investigação e das Universidades. Em simultâneo, este evento será ainda uma mostra das últimas novidades tecnológicas disponíveis no mercado, apresentadas pelas empresas do sector na região.
http://www.lagoas.cm-pontedelima.pt/pdf/atividades2017/Flyer_FeiraEducacao_2a5fev17.pdf

  

 O vindeiro venres, 3 de febreiro, o alumnado de 4º de primaria achegarémosnos a esta feira, dentro das actividades que enmarcamos cada curso, na participación do Abrazo ao río Lim(i)a. Actividades que seguen a medrar. Moitas grazas por convidarnos!!! Moitas grazas aos que nos posibilitades que todo isto se faga ( José Manuel, Sandra, Joao...). Estaremos encantados compartindo unha xornada de aprendizaxe.