Mostrando entradas con la etiqueta publicacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta publicacións. Mostrar todas las entradas

5/5/16

Ensinar... Non sen a poesía



Desde Alicia no País das Marabillas ata As aventuras de Tom Sawyer obsérvase unha constante na literatura anglosaxoa dirixida ao lectorado novo. Falamos da parodia dos recitados poéticos habituais nas aulas escolares británicas ou americanas, tal como se le nos relatos emblemáticos de Lewis Carroll e Mark Twain. Mais, naturalmente, hai parodia porque había recitados. En realidade, entre nós (falamos non só de Galicia, falamos de todo o ámbito da península Ibérica) o que non había daquela era literatura para a infancia, é dicir, publicacións especialmente concibidas para seren lidas por nenos e nenas. Fóra, claro, dos libros escolares. Había poesía nas aulas? Si: unha poesía que seguramente os nenos recitaban de memoria, como Alicia e o pobre Tom Sawyer (pobre porque se queda a medias no recitado, o seu nunca foi o éxito escolar), de contidos relixioso, moralizante e patriótico. Ben parodiable, logo. Mais cando por fin o asentamento definitivo dunha literatura para a infancia, tardío entre nós (e aquí “nós” é xa en Galicia e en galego), non hai apenas trazos nin desa poesía escolar nin, consecuentemente, da súa parodia. Seica a poesía está a ser desterrada das aulas. Unha catástrofe que non se inclúe nas estatísticas dos informes PISA nin da OCDE. Pero catástrofe á fin, pensamos nós. E contra esa catástrofe perfectamente evitable se erguen os artigos deste monográfico.

Máis información: Nova Escola Galega


15/4/15

Finalistas no concurso "Xornalistas na escola"

  
 
http://issuu.com/papacontos/docs/eu_son_rosalia

   Hoxe o xornal escolar -suplemento dos mércores de la Región- publicou a participación do alumnado de 6º A no Concurso convocado a comezos de curso por este periódico. As bases deste concurso recollen que se publicarán os finalistas e finalmente haberá un premio para os gañador@s. Parabéns por estar como finalistas e sobre todo parabéns por este magnífico traballo: "Eu son Rosalía" ven a ser un número extraordinario con motivo do 40 aniversario da inauguración do CEIP Rosalía de Castro. Ademais da participación das familias (os artigos recollen a súa escolarización -o que lle contaron ós seus fillos- neste centro, escolas unitarias ou onde estiveron escolarizados) traballamos como verdadeiros xornalistas, entevistando, buceando na historia do periodismo e nas bibliotecas (mesmo as virtuais). Tamén colaboraron Ana Mon e José Manuel García.

11/4/14

Tríptico do roteiro "A fonte do Limia"

Esta é a primeira publicación do CEIP Rosalía de Castro e da ANPA do centro. Esperamos que vos guste e que invitedes a toda a xente que coñezades a facer este espectacular roteiro.

1/5/13

As caras de Rosalía

Comezamos o mes das Letras Galegas. Dende  a BE de Xinzo de Limia, facemos unha pequena homenaxe á primeira persoa a que se lle adicaron as Letras Galegas, alá polo ano 1963. Pescudamos na rede e atopamos as distintas facianas que nos amosan a Rosalía de Castro e atopamos tamén a música xenial dun rapaz  que rapea á  escritora, KadiGB.



19/12/12

POLO NADAL...AGASALLA UN LIBRO

Vimos de publicar o 5º boletín de Nadal, no que elaboramos unha lista con recomendacións lectoras por ciclos, propoñemos algunhas suxerencias para facer cos máis pequenos neste Nadal que está a comenzar e contamos algunhas das actividades realizadas polos nosos alumnos ao longo do primeiro trimestre e algunhas das que imos facer a partir de xaneiro.

14/5/12

A APÓCEMA MÁXICA

Como adianto dos traballos presentados no concurso "Receitas para a lingua" convocado polos Equipos de Dinamización do noso cole , presentámosvos a seguinte curtametraxe que idearon tres alumnas de 6º C da nosa escola: Ángela, Laura e Antía. Nela queren lembrar cun rap ao autor homenaxeado este ano, Valentín Paz Andrade. Para elo e con moita imaxinación conseguen que unha delas, que non fala galego, consiga facelo e así poder rapear na nosa lingua nai.





Se queredes ver como foi a rodaxe, premede na seguinte presentación. Lembrar que tamén podedes velo no seu blogue de aula "A voz de 6º C"

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow personalized with Smilebox

22/12/11

BOLETÍN NADAL 2011

Aquí tendes unha pequena guía de libros que recomendamos para ler neste Nadal. Aproveitamos para desexarvos unhas boas festas.

16/12/09

Boletín da Biblioteca 2009

Presentámosvos o segundo número da nosa publicación onde entre outras moitas cousas poderes atopar recomendacións de lecturas e agasallos para toda a vosa familia. O EDIBI do CEIP Rosalía de Castro quere desexarvos unhas Felices Festas e un venturoso ano 2010. Ánimo e a ler moito.


Se o queres ver máis grande poder empregar este enlace:

http://es.calameo.com/read/00013804572d9c1586892

23/5/09

Semana da Interculturalidade: Países do noso cole

Ao longo de todo o curso 2008/09 vimos traballando este tema no noso centro. O primeiro que decidimos foi facer del o noso "leiv-motive" para o desfile de entroido. Cada ciclo escolleu un deporte e unha nacionalidade e fixemos unha gran desfile olímpico polas rúas da vila. Despois recollimos material das máis diversas fontes e elaboramos uns libros guías do países de procedencia dos alumnos e alumnas que hoxe están no noso cole. Como colofón a todas estas actividades preparamos unha exposición na biblioteca cos obxectos doados por asociacións de inmigrantes das distintas procedencias presentes no noso centro, pais de alumnos, e outros particulares. Esta exposición permanecerá aberta a toda a comunidade educativa a semana do 25 ó 29 de maio, tal como xa tiñamos anunciado. Tamén organizamos unha xornada de xogos populares de diversos países que coordinarán voluntarios dunha ONG, e unha degustación de algúns productos típicos desas nacións.
Se que queres velo a pantalla completa fai CLIC


Se queres velo a pantalla completa fai CLIC

Se queres velo a pantalla completa fai CLIC


Se queres velo a pantalla completa fai CLIC


Se queres velo a pantalla completa fai CLIC


Se queres velo a pantalla completa fai CLIC