10/6/25

El sapo disgustado

"Utiliza tu sonrisa para cambiar el mundo, pero no dejes que el mundo cambie tu sonrisa." Bob Marley

Esta pasada semana o alumnado de 5 anos A recibiu a última familia pisacharcas deste curso. Visitounos Rosa Mari, mamá de Marco, co conto El sapo disgustado. A través del adentrámonos na historia dun sapo algo "exquisito" que se queixa de todo e todos ao seu redor e só se eloxia a si mesmo. Grazas, Rosa Mari, por facernos ver que a beleza está en todos e cada un de nós e só temos que mirarnos con amor para atopala. 




9/6/25

De que trata el amor

La alegría compartida hace al amigo." Friedrich Nietzsche

Unha vez máis María,mamá de unha nena de 6⁰de Educación Infantil,repite como mamá pisacharcas.Nesta ocasión, co conto " De que trata el amor" de Inma Jardón Rivero. Algunha vez preguntástesvos que é querer? Parece unha pregunta difícil pero este contó está cheo de amor,amizade,empatía,diversidade que darán resposta a esa complicada pregunta.




3/6/25

Fixemos babot e pizza!

Durante todo o curso o alumnado de catro anos realizamos diferentes receitas grazas ao acompañamento das nosas familias.

As últimas dúas foron unha deliciosa pizza, da cal eliximos entre todos e todas os ingredientes e tamén un pan típIio de Marrocos: o BATBOT, un pan tipo pan de pita que nesta ocasión acompañamos de marmelada... Unha delicia!

O máis importante para nós foi poder compartir estes momentos coas nosas marabillosas familias que nos acompañan e nos axudan no día a día na nosa aprendizaxe.


GRAZAS, FAMILIAS!!