26/6/24

Invisible

"Hai cousas peores que ser invisible", dixo o monstro, e tiña razón. "Un monstro vén verme" (2011), Patrick Ness

Quen non desexou algunha vez ser invisible? Quen non desexou algunha vez deixar de selo? O novo álbum de Eloy Moreno combina o mellor de dous mundos: o formato  da colección Contos para Contar entre Dous e a historia que emocionou por centos de miles de lectores. E ademais:

  • Preguntas para que os nenos participen.
  • Personaxes cos que os nenos e as nenas identifícanse.
  • Ilustracións que lles axudan a desenvolver as súas habilidades de observación.
  • Un texto coidado que impulsa o desenvolvemento das emocións.

En definitiva, un libro co que nenos e pais poderán non só  divertirse, senón que tambien aprenderán, participarán e, sobre todo, vivirán xuntos un momento moi especial. Un libro perfecto para gozar en familia.

De novo contamos con Diana como #PisaCharcas para traer á nosa Biblioteca escolar este fermoso libro que nos vai descubrir un montón de cousas sobre esas persoas que nunca vemos.... ou que non se queren deixar ver.... Anímaste a respostar a moitas cuestións super interesantes?



21/6/24

Fin dunha etapa... comezos de novas ilusións!!!

"Non é grande o que sempre triunfa, senón o que xamais desalenta" . 
José Luis Martín Descalzo, sacerdote, periodista e escritor español

Dedicado a vós, mozas e mozos da promoción 2023 - 2024... Sempre Rosalian@s !!!