Entregamos un exemplar a todo ó alumnado. É o noso boletín nº 8.
20/12/15
Festival de Nadal 2015
O pasado venres, 18 de decembro celebramos o Festival de Nadal 2015. Artistazos e artistazas pasaron polo escenario para amosarnos todo o traballo que levaban preparando dende hai días. O noso recoñecemento e agradecemento vai para todos e todas eles e tamén para o profesorado que preparou estas marabillosas actuacións. Toda a Comunidade Escolar tivo a oportunidade de asistir ao evento o día anterior, xoves. Pero por se non puideches ir, aqui tedes un vídeo co mellor do que alí sucedeu... Parabéns de novo e a desfrutar!
10/12/15
Espantallo amigo e Neira Vilas
O alumnado de 3º e 4º de primaria traballamos este primeiro trimestre co libro de Xosé Neira Vilas "Espantallo amigo" porque tiñamos programado ir ver a obra de teatro con este mesmo título de "Os quinquilláns". O día 9 de decembro era o día sinalado e fomos ata a Casa de Cultura; tamén estaba o alumnado do segundo ciclo do Ceip Carlos Casares. E si, alí estaba, porque para coidar cada figo naceu o Espantallo amigo.
O que non contabamos era que neste tempo nos deixara o noso admirado Xosé Neira Vilas. Hoxe lembrámolo dunha maneira especial como tamén o fixemos -cando finou- indo aula por aula a lerlles aos compañeir@s o alumnado de 3º A (aula Neira Vilas)
"Eu son... Balbino. Un rapaz da aldea. Como quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña" ...
Ti tamén contas
Comezamos con este espazo: algunhas familias preparan un conto para ler ou contar ó alumnado do Ceip. Compartimos o gusto por ler: familias, mestr@s, alumnado. E a Biblioteca tamén é "a catedral da alma, da mente, parque temático da imaxinación". Moitas grazas, Laura -que participou o 4 de decembro- e moitas grazas a todas as familias que se anotaron e xa están, algunhas a preparar o conto, outras, esperando para vir.
biblioteca escolar
actividades...,
biblioteca escolar,
contacontos,
fomento lectura
2/12/15
Contra a violencia de xénero
Poñemos aquí unha mostra das actividades que ao redor desta data levamos a cabo: obradoiros coa participación do CIX da Limia (CDR "O Viso"), Cruz Vermella e CIM de Xinzo e actividade central no patio.
biblioteca escolar
actividades,
contra a violencia de xénero,
días internacionais
Suscribirse a:
Entradas (Atom)