Pois si, tres meses despois do seu "verdadeiro día" celébrase este 23 de xullo o Día do Libro.
Porque a literatura, como a arte en xeral, é a demostración de que a vida non basta. (Fernando Pessoa)
23/7/20
Covid - 19. Re - pensar a educación: Revista Galega de Educación
A situación xerada pola COVID-19 creou condicións sen precedentes en todas as áreas da vida e afectou
o conxunto do sistema social en termos difíciles de imaxinar. Ao igual ca dende o punto de vista sanitario, a situación está tendo e terá consecuencias moi importantes en clave social e educativa. Dende esta
perspectiva, poucas veces un problema espertou a necesidade de pensar e repensar en tan breve tempo a
diversidade de compoñentes que entran en xogo no complexo sistema educativo: cuestións derivadas do
estado de alarma tales como a presencialidade ou non, os modelos de escola, a atención á diversidade en
contextos e realidades moi diferentes, as situacións persoais do alumnado, as implicacións esixidas, o porvir da educación despois da pandemia…. A fenda social e dixital foi, probabelmente, un dos aspectos que
se puxeron máis de relevo no medio deste panorama, abrindo máis unha vez o debate sobre os diferentes
xeitos de avaliación, un tema que, en realidade, resulta de permanente reflexión.
A Revista Galega de Educación sente a necesidade de ofrecer algunhas reflexións que contribúan a abordar
esta problemática e as súas implicacións no ámbito educativo galego. Con este fin organizamos unha separata en formato dixital que, aínda tendo como principal destinatario o profesorado en Galicia, non deixa
de ter presente o acontecido noutras comunidades e países.
...
Preme na imaxe ou no enlace para acceder ós interesantes contidos deste número especial
Suscribirse a:
Entradas (Atom)