Mostrando entradas con la etiqueta persoeiros galegos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta persoeiros galegos. Mostrar todas las entradas

11/5/20

Achegándonos a R. Carballo Calero


O Seminario Galán comparte con todos os centros educativos galegos os seus materiais das Letras Galegas 2020: un cartel de Ricardo Carvalho Calero deseñado por Adrián Herrero a partir da escultura de José Molares. E máis materiais premendo no cartel ou no enlace https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/equipos-dinamizacion


Tamén repescamos este Programa "A Trabe de Ouro'' presentado por Víctor Freixanes e emitido en 1987, enfocado na figura de Carvalho Calero. Conta coa participación tamén de F. Pillado e Fernán Vello.

18/12/19

Camilo de Dios, unha de tantas historias que non debemos olvidar

Camilo no mazadoiro cos seu veciños. Fotografía de Óscar Pinal. 2012. Sandiás.

Hoxe tivemos a noticia da morte en Sandiás de Camilo de Dios, un dos últimos guerrilleiros antifranquistas. E poñemos aquí un enlace do documental sonoro de "A vivir que son dos días"que co título de Vidas enterradas preparara no mes de maio pasado contando con Camillo, no seu Sandiás, como narrador excepcional da súa historia familiar que arranca en plena República e é ferida pola guerra e a dictadura. 
Porque aquel que non coñece a súa historia está condenado a repetila (frase que se lle atribúe a Napoleón) e debemos ser cidadáns informados, críticos, pensantes para con cometer os mesmos erros.

https://cadenaser.com/programa/2019/05/11/a_vivir_que_son_dos_dias/1557580875_960801.html

Outros enlaces:
https://www.youtube.com/watch?
time_continue=90&v=daRdN8HDzjM&feature=emb_logo&fbclid=IwAR07paKGVYZP314OUGaF6lsUS6JN3U9eM3t1mThODGENxFiZscKyXEOHNqU

https://www.youtube.com/watch?v=Z5P-g1Ytn24

18/9/15

Ángel Carracedo, Premio Nacional de Xenética

Pincha neste enlace se queres ler esta nova do 18 de setembro.
 Este ano, participou nas xornadas de Bibliotecas esolares en Marzo (Santiago) e foi como un agasallo especial para o peche dos encontros. Espectacular -para moitos de nós- pola súa humildade. Impactounos moi positivamente. Alegrámonos moito por esta nova !! Si que é unha sorte contar con xente así. Grazas !!!

E poñemos a continuación o texto que con motivo da celebración do Mes da Ciencia escribira  Ángel Carracedo

 Un grande empresario dicíame non hai moito tempo: “Aos científicos valorarannos aquí cando algún se faga moi rico cos seus achados”. A min non me parece que os galegos valoren pouco a ciencia e os seus científicos. Ao contrario, penso que estamos entre as profesións mellor consideradas. Temos a gran sorte de que a xente da nosa terra valora o traballo e a dedicación aos demais por riba de todo.

 Tampouco creo que ningún científico teña entre os seus obxectivos facerse rico. O seu tesouro é o coñecemento e a súa ilusión buscar o porqué das cousas. A súa gran ledicia prodúcese cando fan un descubrimento que lles dá respostas ás preguntas que se fixeron e que ninguén fora quen de albiscar. Gustaríalles traballar na súa terra, pero para iso precisan medios para investigar e un salario que lles permita vivir. Non lles importa que non sexa moito o que gañen, pero si que o proxecto, o grupo onde traballan e o ambiente sexa estimulante. 

 Cada vez concédolle máis importancia a divulgar a ciencia para poder xulgar criticamente o que nos din. E temos que procurar entre todos que estas condicións se dean aquí. O noso número de investigadores é aínda moi baixo e as condicións nas que se desenvolve o seu traballo distan moito de ser comparables coas dos países máis desenvolvidos. E é preciso cambiar esta situación. 

 A investigación é o motor do desenvolvemento e da riqueza dos pobos, e temos que procurar reter o noso talento e mesmo captar novo talento do exterior. Tamén temos, os propios científicos, que integrarnos máis na sociedade, na nosa cultura, no noso sistema produtivo, e sobre todo contar o que estamos facendo. Cos anos cada vez concédolle máis importancia a divulgar a ciencia. Facela é importante, pero tanto ou máis é contar que sabemos e tantos e tantos misterios e problemas que aínda non conseguimos chegar a entender. Saber isto é a única maneira de que a xente valore o que os científicos fan, pero sobre todo é a única maneira de comprender o mundo que nos rodea e poder xulgar criticamente o que nos din, o que é igual que ser máis libres.

 E para chegar á xente da nosa terra hai que facelo no nosa lingua. “Sentímolo noso”, escribía unha mestra dun dos institutos (o meu favorito) onde cada vez que podo voulles contar o que facemos aos alumnos. Entusiasmo e proximidade son a clave da divulgación científica, e que te sintan como eles, do seu mundo, coa nosa fala, é a garantía para que a ciencia se aprecie aínda máis e moitos dos nosos rapaces queiran dedicarse a ela. 

8/5/15

Conmemoración das Letras Galegas


Con motivo da conmemoración das Letras Galegas o Equipo Dinamizador de Galego do Centro remitiumos a seguinte proposta didáctica para traballar a nivel de aula:


 Trátase de diversas actividades adaptadas a cada nivel que permitirán ao alumnado coñecer mellor ao autor homenaxeado este ano – Xosé Fernando Filgueira Valverde – e a súa obra. A versión impresa destas actividades está á vosa disposición en administración.

Nos seguintes enlaces podedes atopar máis información e actividades (LIM, pasapalabra...):


E neste outro, un interesante mapa interactivo que sitúa o lugar de procedencia de tódolos autores/as que foron homenaxeados dende que se instituíu esta celebración no ano 1963:


Por último, informarvos de que o día 15 de maio terá lugar un acto conmemorativo no que cantaremos a canción Meu o mundo é, do álbum Brincavai. Adxuntamos a letra da canción para que a traballedes na clase e un enlace do vídeo:



Poetas no mapa


AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) fixo público un mapa de poetas, realizado por Noelia Gómez. Uns maís coñecidos que outros, unhas con máis obra e outras.. pero todas elas con videos de recitados na páxina da asociación.
Como noutros ámbitos, na costa concéntranse tamén as persoas creadoras de poesía. Démoslle unha volta á xeografía mentres escoitamos poemas e coñecemos / recoñecemos poetas. Cada un de nós pode buscar quen está máis perto da súa localidade ou da súa sensibilidade (con rima, tamén). Asesoría de Bibliotecas escolares

http://culturagalega.gal/noticia.php?id=25206&soportal=lg3

18/2/14

Xosé María Díaz Castro (poeta de Guitiriz)

         Este mércores, 19 de febreiro, celébrase o centenario do nacemento do poeta Xosé María Díaz Castro, a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.

   Con este motivo, a biblioteca e o conxunto do equipo docente e alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz anima a toda a comunidade educativa galega a celebrar con nós esa data tan especial proxectando nos vosos centros o documental que o curso pasado realizaron os nosos alumnos en colaboración conPasen y Vean comunicación: "A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro" (pincha aquí para ver o documental)

   Tedes a vosa disposición unha proposta de actividade de 50 minutos, con xogos sobre a poesía de Diaz Castro, realizados pola profesora María Miragaya, a partir do obradoiro da especialista
 Chus Otero. Como veredes os xogos son sinxelos, para facer de xeito individual cun ordenador ou na clase cun proxector. Podedes baixalos pinchando no título. Despois de facelo non gardedes os cambios, para podelos usar de novo.

   Tamén dispoñedes de música para cantar, composta pola nosa compañeira Sandra Tenreiro e dun Karaoke

   Para saber máis:

8/5/13

...máis recursos para celebrar as Letras Galegas no 2013








Dende a BE do CEIP Rosalía de Castro queremos compartir con vós a seguinte ligazón, onde poderedes acceder a recursos para poder traballar nas aulas as Letras Galegas. Tamén os podedes ver premendo na imaxe da esquerda que representa a Roberto Vidal Bolaño, autor e actor homenaxeado iste ano. 



1/5/13

lembranza do Certame Escolar Carlos Casares na Limia, curso 2011/12

Con motivo da conmemoración do décimo aniversario do pasamento de Carlos Casares, foi convocado un concurso de creación plástica e literaria, no que varios nen@s do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, foron premiados. O concurso estaba destinado a todos os escolares da zona e promovido conxuntamente polo Centro de Cultura Popular do Limia, o Museo da Limia e a Fundación Carlos Casares. Adobiámolo vídeo con música interpretada polos alumn@s do Conservatorio Profesional de Xinzo de Limia no  seu concerto de fin de curso.


As caras de Rosalía

Comezamos o mes das Letras Galegas. Dende  a BE de Xinzo de Limia, facemos unha pequena homenaxe á primeira persoa a que se lle adicaron as Letras Galegas, alá polo ano 1963. Pescudamos na rede e atopamos as distintas facianas que nos amosan a Rosalía de Castro e atopamos tamén a música xenial dun rapaz  que rapea á  escritora, KadiGB.



17/12/12

27/5/12

ANTÍA CAL

 
Conmóveme falar dela e falar con ela, unha muller que nestes últimos meses aparece en moitos medios de comunicación, e que tivemos ocasión de escoitala na inauguración da nosa biblioteca xa fai tres anos nunha escola da Limia que ten o mesmo nome que tiña a súa escola en Vigo. Falou con enerxía, cun brillo nos ollos, que ela sempre ten,  sobre a educación, sobre a súa escola, sobre as súas lembranzas... E dende esta escola queremos enviarlle os nosos parabéns por ese premio que vai recibir no mes de xuño en Trasalba, otorgado pola Fundación Otero Pedrayo. Hoxe a xornalista Mª Xosé Porteiro en "El País" escribiu un fermoso artigo que me fixo recordala.