28/2/23

“Se morre a abella raíña, ao ser humano quédanlle 4 horas de vida.” (A. Einstein)

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP tivemos a sorte de poder achegarnos, a través de Nico, a un mundo interesantísimo relacionado coa vida das abellas na colmea e fóra dela.

Comprendemos a importancia das abellas como un insecto doméstico que en explotacións axuda  a que as persoas se beneficien de produtos coma o pole, o mel e a cera, entre outros.

Mediante unha “colmea de observación” vimos en vivo e en directo como as abellas coidaban da raíña, como estaban situados nas celas os ovos e larvas da raíña e como estaban parceladas as celas na colmea de modo que a xelea real e o mel ocupaban o seu lugar.

Puidemos facer o centrifugado do mel e  probar unha “degustación” de pole e mel , dous produtos moi apreciados polas súas calidades excepcionais para unha alimentación sa e saudable.

Os grupos d@s máis maiores tamén foron quen de elaborar un fermosa candea coa cera que tamén obtemos dos panais.

En resumo, mediante unha exposición na que comezou Nico cunha representación teatral divertida e amena achegounos ao mundo da apicultura, dos abelleiros e dos meleiros. Concienciounos da importancia que teñen as abellas na polinización das especies vexetais, ata o 95% dependen delas. Ensinounos a apreciar e a coidarnos con produtos naturais creados por estes marabillosos insectos e ata fixemos unha candea coa cera producida na colmea. Todo un “proceso natural” sorprendente!



No hay comentarios:

Publicar un comentario