17/2/25

Compartimos as nosas experiencias

"Os humanos axudamos porque somos capaces de sentir e de poñernos na pel dos demais. E axudar xera felicidade persoal e colectiva." Elsa Punset, escritora e divulgadora española.

Dentro do noso progama "Pontes de Libros, Fontes de Saber" que compartmos coa Biblioteca do Agrupamento António Feijó de Ponte de Lima, levamos a cabo a II Xornada de Traballo conxunto onde amosamos moitas das experiencias que levamos a cabo na nosa Biblioteca Escolar e as dinámicas de traballo que temos nela.

Non temos dúbida que estas xornadas de convivencia entre os nosos centros son moi enriquecedoras para todos os profesionais que participan nelas e teñen unha fonda repercusión no alumnado co que traballan.

Seguiremos a tender pontes que nos unan nas nosas formas de traballar e seguimos convencid@s que as beiras do noso rio Limia/Lima non son liñas que nos separan, se non, moi ao contrario, oportunidades que nos trae para traballar xunt@s.






O sentimento dun pobo

" Un pobo sen tradición é un pobo sen porvir." Alberto Lleras Camargo, político, xornalista e diplomático colombiano.

Hoxe contamos coa presenza de Adriana Jiménez, da Asociación Cultutal A Pantalla que veu a contarlle ao noso alumnado de terceiro, cuarto e quinto de Educación Primaria a forma correcta de vestir o traxe da Pantalla e de como debe comporatse estes días que están por chegar despois de celebrar o vindeiro Domingo Corredoiro.

Con esta serie de actividade poñemos en valor a nosa tradición e o #sentimento de respecto que temos tod@s @s limiáns cara a máxima figura do noso Entroido!






12/2/25

Coñecemos mellor o noso entroido

"O Museo Galego do Entroido é un espazo de tradicións, de mostra, salvagarda da cultura e do noso carácter."

O alumnado de catro anos visitou o Museo Galego do Entroido.Grazas a Carlos por recibirnos e explicarnos tantas cousas!

O mellor para aprender... observar!!!

"No décimo aniversario deste importante día, e agora que reflexionamos sobre os 30 anos transcorridos desde a Declaración de Beijing, axudemos a achandar o camiño cara ás carreiras en ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas que as mulleres e as nenas merecen e que o mundo necesita." Secretario Xeral da ONU, António Guterres

A Asemblea Xeral declarou o 11 de febreiro Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia en recoñecemento ao papel crave que desempeñan as mulleres na comunidade científica e a tecnoloxía. Na súa resolución do 22 de decembro de 2015, a Asemblea aprobou unha resolución que proclamaba este Día Internacional e encomiaba as iniciativas levadas a cabo pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO), a Entidade das Nacións Unidas para a Igualdade de Xénero e o Empoderamento das Mujeres (ONU Mujeres), a Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) e outras organizacións competentes para apoiar ás mulleres científicas e promover o acceso das mulleres e as nenas á educación, a capacitación e a investigación nos ámbitos da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas.

En catro anos realizamos un experimento no Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

11/2/25

E volveu nevar no Rosalía!

 “A tradición non se herda, conquístase.”  André Malraux, escritor francés

Un ano máis comeza o entroido máis longo de todo o mundo no noso cole. O alumnado de Educación Infantil celebraron o seu propio Domingo Fareleiro. 

O obxectivo destas actividade é poñer máis en valor, se é posible, o fondo sentimento de tradición que todas estas nenas e nenos teñen polo noso Entroido.

10/2/25

Transmitindo un #sentimento

 "Un pueblo sin el conocimiento de su historia pasada, su origen y cultura es como un árbol sin raíces" . Marcus Garvey

Dentro do proxecto sobre as culturas das nosas aulas, queremos que as familias teñan un papel relevante. Por este motivo quixemos contar con elas para recrear algúns dos intres máis salientables do noso Entroido. Engalanadas coas vestimentas típicas do fareleiro, colgamento do meco, oleiro, corredoiro e enterro da sardiña, compartiron con nós unha mañá fascinante e inesquecible, transmitíndonos o verdadeiro sentimento do Entroido de Xinzo. Moitas grazas pola vosa participación e por metervos de cheo no papel que representabades. Isto é só o comezo de todas as actividades que temos programadas coas familias.

7/2/25

Visitamos Innovart

 “A forma máis elevada de intelixencia consiste en pensar de maneira creativa” Ken Robinson, escritor e pedagogo británico.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional organizou "InnovArt'25: artísticas, deportivas e idiomas", que tivo lugar os días 6 e 7 de febreiro na Cidade da Cultura de Galicia. 

Trátase dun evento que aglutina as ensinanzas artísticas, as ensinanzas de idiomas e as ensinanzas deportivas que se imparten en Galicia.

O noso alumnado de cuarto de Ed. Primaria tivo a oportunidade de participar en distintos talleres que conformaban este evento. 

Tamén visitaron  o Museo  de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela, que é un centro con fortes potencialidades educativas e sociais, pois ademais das súas tarefas de investigación e educación formal, centra o seu futuro na divulgación científica, dando resposta ás obrigas que esta universidade ten coa cidadanía. 



4/2/25

Facendo arepas

"Unha comida ben equilibrada é como un poema ao desenvolvemento da vida." Anthony Burgess, escritor británico

Grazas á participación das familias cociñamos arepas.

Foi moi divertido, e estaban boísimas!

Contamos coa axuda do persoal de cociña, o director, mestras do departamento de orientación, a coidadora e, por suposto, as familias.

Sen vós nada de esto sería posible!

Grazas, de corazón !!!