28/12/21

Xa temos Palabra do Ano en galego!!

Como todo parecía prever ‘Tanxugueiras’ foi a escollida. Tedes toda a información e a súa curiosa orixe neste vídeo da xenial Esther Estévez no seu "Dígocho eu"


Toda a información desta escolla anual no enlace do Portal das Palabras, unha inciativa da RAG e da Fundación Barrié (preme na imaxe para acceder o seu sitio web)







21/12/21

PUBLICAMOS UN NOVO BIBLIOBOLETÍN

Ola de novo habitantes e visitantes da Charca dos Libros, queremos aproveitar esta nova entrada para transmitir o desexo de Papacontos de que pasedes unhas felices festas neste Nadal. e que, tendo en conta as circunsrtancias, disfrutedes en familia e cos vosos seres queridos, incluidos os libros! Si, un libro é unha das mellores compañías que podemos atopar, xunto a eles non é doado aburrirse!

Seguro que nestas datas atopades algún intre para adicarlle á lectrura,tanto  a nivel individual como para compartir en familia. Tamén é máis sinxelo atopar uns momentiños para xogar en familia. Este é o obxectivo deste biblioboletín, lembrarvos algúns títulos e xogos educativos que consideramos poden ser do voso interés ,xunto a outros moitos que poderedes atopar se  visitades algunha librería ou Biblioteca, ou "navegades" buscando xogos e libros.

Tamén queremos visualizar que a nosa Biblioteca segue estando en continuo cambio e á procura de novas vías que nos acheguen a superar, pouco a pouco, o simple lugar de préstamo de libros. Ese é o obxectivo do Espazo Creativo, que pasiño a pasiño, xa está de novo en funcionamento. Non son tempos fáciles para ninguén, e para o ámbito escolar e a nosa Biblioteca tampouco. Sabemos que sen a colaboración de todos: familias, Institucións, profesorado e persoal non docente e, por suposto alumnado non sería posible avanzar, polo tanto: grazas a todos e todas e a seguir crecendo!

A continuación podedes visualizar o biblioboletin do que falamos e que tamén levaron todos os alumnos e alumnas do noso Centro en formato papel.


20/12/21

Con todos os nosos mellores desexos !!!

Despois deste comezo de curso tan complicado cheo de dúbidas e de inquedanzas e despois de sufrir unha grandísima perda dentro do noso claustro de profesorado, somos quen de levantar o noso ánimo e desexarvos todo o mellor para estes días de reunións familiares e recordo para aquelas persoas que, desgrazadamente, xa non poden sentarse á nosa mesa.

Moita precaución, moito sentidiño ... pero celebrar!!! Que nestas épocas é o que toca !!!



6/12/21

Coñecemos as nosas institucións !!

Este curso 2021 - 2022, o alumnado de sexto de Educación Infantil ten un ambicioso proxecto. Da man das súas mestras, Diana e Sonia, teñen previsto coñecer as distintas institucións locais, provinciais, autonómicas e nacionais que teñen presenza na nosa vila, ademáis doutros lugares que teñen unha especial relevancia no día a día de tod@ @s limiáns.
Comezan polo máis próximo, o noso concello, onde foron recicbidos por Elvira Lama e por Alberto Martínez, Concellerio de Educación.
Nesta "sesión plenaria", o noso alumnado compartiu coa nosa Alcaldesa un montón de preguntas para saber "que tiña pensado facer o próximo ano, como facía para que todos a escoitasen e obedecesen, se tiña fillos, como celebraba o seu aniversario, se xa decorara a súa casa de Nadal", e incluso preguntáronlle como era posible "que se mandas en todo Xinzo, por que non mandas no meu papá ..."
Destacar o trato recibido, cordial e cariñoso, por parte de Elvira e Alberto, pendentes sempre das nosas nenas e nenos, agasallando a tod@s el@s cun pequeno recordo desta xornada tan especial.
Aproveitaron tamén para visitar a Biblioteca Municipal, onde viron todos os seus recursos que nun futuro moi próximo poderán aproveitar como grandes lector@s que seguro serán!!




5/12/21

DiversXs desde pequenXs !! Educando en diversidade Afectiva-Sexual, de Xénero e Familiar

Durante estes días o colectivo ´"Nós mesm@s" impartiu a varios grupos de Educación Infantil e Primaria unha serie de "contacontos, charlas, obradoiros…que teñen como obxectivo desenvolver as capacidades afectivas deste alumnado en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como unha actitude contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas e de discriminación por cuestións de diversidade afectivo-sexual e de xénero".

Son  actividades que consideramos moi necesarias para coincienciarnos todas e todos da necesidade de recoñecer a identidade de cadaquen e respectar toda a diversidade d@s que nos rodean, evitando así nun futuro condutas violentas, tan presentes, por desgraza, na sociedade na que vivimos. Educar en valores ás xeracións de hoxe, garantiza un cambio nos adultos de mañá...



30/11/21

Voando libres!! 25 de Novembro no Rosalía




"Volando voy, volando vengo" ... canción coral ... Nin unha máis!!! 
Nin unha menos....😔😔😔



Música: Rocío Márquez - Volando voy (versión coral)

29/11/21

BUSCAMOS MENTES CREATIVAS!

 Ola de noivo, resulta que Papacontos deixou este anuncio para o alumnado de 3º a 6º que teña unha inquedanza creativa e artística. lede con atención e animaivos a participar!

búscase CREATIVo e creativa

Ola habitantes da Charca dos Libros, búscamos un neno e una nena creativ@s e orixinais para encargarlle o deseño dun cartel da NOSA AULA CREATIVA DA BIBLIO. Buscamos as letras máis chulas e que mellor representen o espazo que queremos anunciar.

Os vosos Mestres e mestras vos darán unha plantilla para que entreguedes o modelo e, os que lle gusten máis a Papacontos, farán o encargo final do cartel.

Do que se trata é de diseñar un modelo de letras que represente as seguintes ideas:

-         Cretividade

-         Robótica

-         Creación

-         Construcción                                            

-         Experimentación

-         Tecnoloxía

A PALABRA PARA O MODELO A ENTREGAR É CREATIVA

Tedes ata 0 10 de dececembro



21/11/21

Solidaridade coas nenas e nenos da illa da Palma

Diante da sitación na que se atopan as escolas da illa da Palma, o alumnado e profesorado de sexto de Educación Infantil decidiron enviar os seus mellores desexos e a súa solidaridade a todas elas mediante unha fermosa carta que elaboraron entre todas e todas. 

Posteriormente acudiron ata a oficina de Correos de Xinzo de Limia, onde todo o seu persoal con Natallia ao seu fronte foron moi bos anfritións e facilitaron que todo o noso alumnado poidera ter o seu protagonismo nesta actividade, respectando sempre todos os protocolos sanitarios vixentes. 

Esperamos que a situación nesa fermosa illa mude pronto e namentres estes pequenos folgos de apoio sirvanlles para levar un pouquiño mellor todos eses malos momentos que están a vivir. Moitos ánimos!

18/11/21

II Concurso de Microrrelatos de Samaín

Organizado polo Equipo de Dinamización de Lingua Galega do noso centro, este ano contamos cunha grande participación do alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de Ed. Primaria. O nivel dos traballos presentamos foi moi alto, polo que a decisión do xurado resultou moi complicada de tomar. As/Os gañadores deste ano foron:
  • 3º Ed. Primaria: Naila Fonseca Doval
  • 4º Ed. Primaria: Damián Fernández Montero
  • 5º Ed. Primaria: Claudia Urones Cid
  • 6º Ed. Primaria: Lucía García Feijoo
Tod@s @s gañadores recibiron un vale de 15€ que poderán canxear en calquera librería de Xinzo de Limia por algunha das súas lecturas favoritas. Parabéns a tod@s @s premiad@s!!





Retomamos o deporte escolar no Campo da Moreira

Despois dun ano en branco, retomamos a activdade deportiva da man do Deporte Escolar de da Agrupación Deportiva da Limia. Esta vez foi a quenda do campo a través onde participaron case todos os centros educativos da Limia e onde os e as representantes do nos centro acadaron uns magníficos resultados. Pero, sen dúbida, o mellor premio para tod@s foi poder compartir esta xornada de convivencia despois de tantos meses sen poder facelo. Noraboa para tod@s @s participantes!!

10/11/21

Recollemos os froitos do horto

Despois de todo o traballo que levamos o ano pasado chegou o momento de recoller todos os productos que a nosa hortiña produciu!
Patacas, cenorias, e outras moitas hortalizas foron o resultado de tanto esforzo como levamos o curso anterior!










8/11/21

Comezamos a dinamizar os nosos patios!

Dentro do PFPP do noso centro figura como actuación a levar a cabo durante este curso 2021/2022 a dinamización do noso patio en distintas zonas onde se ofrecerá ao alumnado "xogar a xogos" diferentes, colaborativos e inclusivos. Este proxecto tamén leva consigo deistintas actuacións nos diferentes espazos que conforman a nosa zona de recre, así como a dotación de elementos fixos e móbiles que servirán para facer do tempo de recreo algo distinto e máis lúdico. de todas estas novas, irémosvos informando en futuras entradas deste blog.

Os dous primeiro xogos que aquel alumnado que quixo podo poñer en práctica ao longo destes últimos días foron o de "desplumar á galiña" na zona de Educación Primaria e "O crocodilo" na de Educación Infantil. Dous éxitos rotundos!! Todo o alumnado participou activamente neles e gozaron sen dúbida destas dinámicas! Non perdades o seguinte vídeo!


14/10/21

SAMAÍN 2021

Ola de novo a todos e a todas, xa fai máis de un mes que comezou o curso e vai sendo hora de que o noso blog  comece a camiñar! E que mellor maneira de facelo que celebrando unha data terrorificamente divertida, O DÍA DE SAMAÍN. Pois aí vai a proposta de Papacontos, lede o carteliño con atención e disfrutade da actividade.

 Estade moi atentas e atentos cando vaiades pola Biblioteca, non vaia ser que levedes un bo susto! Por certo, despois de ler, preme no cartel.


Un terrorífico saúdo, 

                                   Papacontos.

E algunhas fotos do resultado:











12/6/21

Volvemos a Lodoselo!!

Da man dun extraordinario anfitrión, como non podía ser doutra maneira, o alumnado da nosa Aula Específica, acompañados polas súas mestras e coidaora, pasaron unha mañá moi distinta a doutras días.

Foi o noso benquerido Antonio R. Corbal o que pasou toda esta xornada con Xavi e Valeria amosándolles todas as experiencias que este pobo-escola ten (incluída a nova visita ao xardín dos sentidos, ... incríble!) e o que fixo que tanto os nen@s como os adultos poideran comprobar de primeira man o moito que este noso compañeiro transmite por un lugar polo que ten verdadeira paixón. Moitas grazas por tanto, Antonio!!

Aquí podedes atopar unha pequena mostra de todo o que esa mañá fixeron e que non fixo outra cousa que quedaren con moitas ganas de volver!!

6/6/21

#PalabrasQueAbrazan

Cruz Vermella e Cruz Vermella Mocidade presentan "Palabras que abrazan", unha canción desde o empoderamento e a  sonoridad entre mulleres.

Na composición e interpretación participan  N I U S S, Flora deel DiluviLaura Esparza + Carlos EstebanTANXUGUEIRASZuriñe Hidalgo, Pupil.les, Esther e moitas máis artistas.

Con  ATOMIC STUDIO. Faina  viral na ligazón:  https:// youtu. be/ KykOIEGTqwE

Participan @ dDiputació de  València,  GVA  Igualtat i  Polítiques  Inclusives  Igualtat i  Polítiques de  Gènere i LGTBI.  Ajuntament de  València  Ajuntament de  València.

Hoxe máis que nunca.... 

Xuntemos as nosas mans
para compartir camiño.
Temos a forza de irmás.
Ese é o noso destino.



E a natureza ábrese camiño!!

Despois de meses de coidados por parte do alumnado e do profesorado encargad@s cadanseu do seu bancal, a natureza fixo o seu traballo e o noso horto loce hoxe en día dun xeito espectacular!! 
Que sexan estas fotos exemplos dun traballo moi ben feito e proba duns aprendizaxes moi significativos onde o traballo no propio medio natural son o mellor e máis motivante escenario para observar todos eses contidos que tantas veces temos visto nos libros dun xeito tan descontextualizado. 
Parabéns a tod@s @s nos@s pequen@s (e non tan pequen@s) agricultor@s!!

5/6/21

Conmemoramos o Día Internacional do Medio Ambiente no río Limia

O 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente. Este ano o seu "leiv motive" é "Xeración Restauración: reimaxina, recrea, restaura", onde se pretende que tomemos conciencia de que "restaurar os ecosistemas significa previr, deter e reverter este dano, pasar de explotar a natureza para curala. Para iso, e precisamente neste día, arrincará o Decenio das Nacións Unidas sobre a Restauración de Ecosistemas (2021-2030), unha misión global para revivir miles de millóns de hectáreas, desde bosques ata terras de cultivo, desde a cima das montañas ata as profundidades do mar. Só con ecosistemas saudables podemos mellorar os medios de vida das persoas, contrarrestar o cambio climático e deter o colapso da biodiversidade.

Neste día tan sinalado, o alumnado de sexto de Primaria, tivo a súa derradeira xornada do proxecto "Me gusta mi río", onde todas e todos eles convertíronse en "coidadores oficiais" do noso benquerido río Limia. Nesta xornada estiveron en dous escenarios distintos. Primeiramente visitaron a ETAP (Estación de Tratamento de Auga Potable) de Xinzo de Limia, onde, da man do técnicos de Viaqua, coñeceron todo o proceso dende que a auga é sacada dos pozos subterráneos ata que chega ás billas dos nosos fogares.

Despois desprazáronse ata a desembocadura do río Faramontaos no río Limia (lugar tamén das outras dúas xornadas), onde conmemoraron este Dia Mundial do Medio Ambiente acompañad@s de distintas autoridades, entre as que estaban o Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e a Alcaldesa de Xinzo de Limia. A entrega de identificacións como coidador@s do río, a colocación dunha caixa niño nas marxes do río e a realización de diversos xogos foron algunhas das actividades que levou a cabo o noso alumnado, sempre da man de Manuel, Teresa, Diego e Olmo, que como nas anteriores xornadas, foron uns extraordinarios "mestr@s" e aos que queremos amosar o noso profundo agradecemento polo trato recibido estas tres marabillosas xornadas.

Esperamos e solicitamos que este proxecto teña continuidade en vindeiros anos porque non hai aprendizaxe máis motivante que aquel que se fai a carón do medio natural do que estamos a estudar...




25/5/21

Descubrimos pegadas, identificamos animais, ... a vida ao carón do río!

Segunda xornada do Progama "Me gusta mi río", organizado pola Confederación Hidrogáfica do Miño-Sil. Hoxe recordamos moito do aprendido o primeiro día e descubrimos outros moitos seres vivos que podemos atopar ao lado do noso río e que non coñeciamos... ata nos presentaron un lagarto sen patas!!

Manuel, Teresa, Duego e Olmo foron unha vez máis uns excelentes mestr@s que nos guiaron e amosaron gran parte da fauna e flora que temos moi cerquiña de nós e que soamente prestando un pouquiño de atención, podemos descubrir!!

Xa estamos desexando que chegue a seguinte xornada! Estamos a aprender un montón!

Enlace ao vídeo

Música: 

Vetusta Morla.- "En el río"

Miguel Ríos: "El Río"

Máis Información (enlace na imaxe)



23/5/21

Manuel Fontemoura presentou a súa nena do vestido de flores!

Dentro das actividades para conmemorar a Semana das Letras Galegas no centro, contamos coa presenza de Manuel Fontemoura para presentarnos a súa última obra "A nena do vestido de flores", do que xa falamos nunha anterior publicación deste blog, pero que nesta ocasión escoitamos do seu propio autor todo o que conleva o proceso creador desta historia ata deixala plasmada neste libro de obrigada lectura se queremos coñecer mellor a realidade das persoas que viven con Trastorno do Espectro Autista e das súas familias hoxe en día.

O alumnado de sexto de Educación Primaria tomou boa nota do que alí se falou e foron bastantes @s que quixeron que Manuel lles dedicara o seu exemplar para conservalo como un recordo desta grata visita ao noso centro, impulsada polo Equipo de Dinamización da nosa Biblioteca Escolar.

Moitas grazas Manuel, pola túa proximidade e agarimo que tiveches co noso alumnado!












22/5/21

Parabéns para tod@s @s gañador@s!!

Entregamos os premios ao alumnado participante nas dúas convocatorias de relatos curtos e vídeos convocados pola nosa Bibiblioteca Escolar co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas 2021. Moitos parabéns a tod@s @s que participaron e animar a todo o alumnado para futuras convocatorias.

Neste  vídeo podedes ver os traballos entregados na sección de vídeo onde Catalina, Antón, Noa e Samuel caracterízanse como algúns d@s autor@s aos que se lle adicou algún ano o Día das Letras Galegas. Non o perdades!!

 

21/5/21

Achegámonos á obra de Xela Arias, coñecendo "O exército de paxariñas"

Co gallo da celebración da Semana das Letras Galegas, adicada este ano á escritora Xela Arias (nada en Sarria e viguesa de adopción) e da man da Concellería de Cultura e Mocidade do Concello de Xinzo de Limia, chegou ao noso centro dirixida para o alumnado de 4º de Ed Primaria a posta en escea por parte de Propostas Culturais Urdime a fábula "O exército das paxarinas", con Soraya Lema que estivo acompañada polo músico Javier Sampedro.

Na busca da Fraga das paxariñas faladoras, fábula creada por Xela Arias, dúas rapazas aventureiras atópanse co exército das paxariñas: a paxariña tradutora, a poeta, a música e a reivindicativa, todas elas forman a alma de Xela e todas falan moitas linguas mais hai unha lingua que as une a todas: a lingua galegaA través de fábulas e contos acompañados de música co acordeón, ukelele, tambor e a frauta van descubrindo a vida e obra da escritora, que este ano se lle adican as Letras Galegas 2021. Con este espectáculo de narración oral e música pretendemos que as nenas e os nenos coñezan o valor da poesía e a máxía das palabras da man de Xela. O exército das Paxariñas é un espectáculo de narración oral con música en directo acordeón, ukelele, tambor e frauta. (https://urdime.gal/project/o-exercito-das-paxarinas/)


15/5/21

Tecnoloxía en Igualdade. Programa ADA

O obxectivo do Programa ADA de formación en TIC no ámbito educativo, organizado polo Instituto das Mulleres do Ministerio de Igualdade do Goberno de España é o promover o interese das nenas e mozas nas ramas tecnolóxicas de estudo, con iso pretendemos contribuír a unha maior presenza de mulleres nas carreiras tecnolóxicas en xeral e no ámbito das TIC en particular.

No marco do programa realizaranse talleres dirixidos ao alumnado de 3º a 6º de primaria e 1º de ESO. Exponse a vida de Ada Byron como fío condutor no desenvolvemento das actividades, relacionándoas con diferentes fitos na súa vida nun proceso gradual de motivación e descubrimento. Así mesmo, este programa pon ao dispor do profesorado, en formato dixital, a publicación “Iniciación á tecnoloxía en Igualdade. Guía para o profesorado” , xunto cunha presentación para proxectar na aula durante o desenvolvemento das dinámicas e un ficheiro para impresión 3D.

O programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e desenvólvese en coordinación cos Organismos de Igualdade das CCAA.

Realizáronse talleres nas Comunidades Autónomas de Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela a Mancha, Castela León, Ceuta, Estremadura, Galicia, A Rioxa, Murcia, Navarra e Valencia, editándose un vídeo das actividades.

O noso alumnado de cuarto de Ed. Primaria participou nestes talleres da man de Lucía ao longo de dúas mañás, unha por curso, resultando unha experiencia moi enriquecedora e una aproximación á tecnoloxía en igualdade.





12/5/21

Canto aprendimos.... e que ben o pasamos!!

Neste derradeiro trimestre de curso (e despois de varios aprazamentos por causas máis que xustificadas) levamos a cabo a fomación en Patios e Parques Dinámicos da man de Gey Lagar e Yolanda Higuero. 

Coa primeira tivemos dúas intensas sesións da parte máis teórica (aínda que tamén coñecemos moitos recursos e estratexias) a implementar en distintas fases deste proxecto para conseguir familiarizarnos con estas dinámicas tan necesarias e innovadoras nos momentos de lecer, brindando ao noso alumnado novas e variadas actividades e xogos cooperativos (e algún tamén competitivo) que teñan a inclusión e a participación colectiva como sinais de identidade.

Con Yolanda... Chegou a parte máis práctica... e lúdica!! Futbolín, desplumar á galiña, o pilla-pilla "swish-swish", ... entre outros moitos xogos foron os que puxemos en práctica, vendo "pros e contras", problemas de organización que poideran aparecer, maneiras de solucionalos, ... un montón de información que agora está na nosa man interiorizar e reflexionar no xeito de levala á practica nos "recreos", creando e transformando espazos do noso cole para que o alumnado poida ter unha oferta o máis extensa posible de xogo voluntario, participativo e inclusivo.

Ademáis de todo isto ... Pasámolo como verdadeiros ananos... Só fai falla botarlle un ollo ao seguinte vídeo! 


Certame Literario

 

 


CERTAME LITERARIO LETRAS GALEGAS 2021


Escribe un relato en galego e participa!

-         Infantil: debuxo.

-         Primaria:           1º e 2º: relato breve con debuxo.

                 3º e 4º: relato dunha páxina.

                 5º e 6º: relato de dúas páxinas.

-         Os textos non serán asinados, levarán un número escrito en lapis que asignará o titor segundo o número de clase.

-         Prazo de presentación: ata o 18 de maio.

-         O 21 de maio daranse a coñecer os relatos seleccionados como gañadores, un por aula. 

Anímate e participa!

PARTICIPA! Letras Galegas "caracterizadas"

 


Queres celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS con nós?


-         Vístete ou caracterízate como un dos escritor@s homenaxead@s algún ano nas Letras Galegas. Por exemplo: Rosalía de Castro (cun vestido negro), Castelao (cunhas lentes redondas), Vicente Risco (con lentes e un chapeu), Carlos Casares (desde algún lugar que o represente en Xinzo), etc

-         Grábate nun video que dure menos dun minuto, onde contes algo da biografía  ou leas algún texto ou poema do autor ou autora elexida.

-         Envíao por whatsap ao número 604082784 ou ao correo electrónicoceip.rosalia.xinzo@edu.xunta.es

-         Data límite: 18 de maio

ANIMATE E PARTICIPA!

 

11/5/21

Letras Galegas 2021

O Día das Letras Galegas é unha data para exaltar a importancia da língua galega, este día lévase celebrando dende 1963, concretamente todos os 17 de maio facendoo coincidir coa publicación da primeira edición  de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro.




Cada 17 de maio a Real Académia Galega homenaxea a un autor ou autora que tivo gran repercusión para o respeto, tratamento, representación e continuidade da nosa fermosa língua.

Neste 2021 homenaxease a Xela Arias, sendo así a quinta muller ata a data á que se lle adica este recoñecemento. Xela comezou as súas publicacións nos anos 80, amosando unha poesía contemporánea e diferente, pero ademáis foi membro da Editorial Xerais onde traballou como tradutora, foi mestra, e tamén destaca dela a vida comprometida que tivo en prol do pobo e língua galega.

Pero bueno, estas son só algunhas pinceladas sobre a vida dunha autora que deu moito de sí, así que animate a coñecer máis a fondo a nosa homenaxeada Xela Arias a través dos recursos que atoparás no seguinte enlace.


(Clica na foto para acceder)







8/5/21

Volven as clases de Educación Física con moita marcha!!

Segunda sesión que nos envía o profe Manuel de EF onde traballa a coordinación, saltos,...  cos varios grupos dos máis pequenos do cole. Aprendizaxes temperáns de psicomotricidade que son imprescindibles para un desenrolo integral do noso alumnado. A música como elemento integrador e motivador.
Bravo por el@s!!


2/5/21

"Quérote máis... que á tortilla de patacas con xamón!!"

Nada podería resumir mellor iso que todos sentimos pola persoa que nos deu a vida e que está sempre presente cando temos problemas, dificultades, ... e cando temos motivos para festexar, celebrar, ... que a vida é marabillosa!

Para todas as nais e para todas as persoas que tamén asumen ese rol de "nai" da nosa comunidade educativa, vai dedicado esta pequena homenaxe que o alumnado de cuarto A preparou para ás súas nais e que desde aquí facemos extensible a todas as demáis!



1/5/21

Primeira xornada (de tres) coñecendo mellor o noso río Limia!

Despois de ter que aplazala varias veces debido ás condicións climatolóxicas adversas, o venres 30 de abril poidemos levar a cabo a primeira das saídas que dentro do programa "Me gusta mi río" organizada pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Nesta ocasión @s monitores organizaron catro interesantísimos talleres onde poidemos aprender sobre estacións purificadoras da auga, análise da súa calidade, os macroinvertebrados que viven nel e todo sobre o ecosistema que rodea ao noso río. Teresa, Olmo, Diego e Manuel foron @s nos@s mestres ese día e con el@s fixemos un montón de experiencias científicas que nos axudaron a entender mellor se cabe a importancia de coidar de todo o medio natural que nos rodea e, en especial, do noso benquerido río Limia. Aprendizaxes competenciais no propio entorno que se producen... Non se pode pedir máis!! 
Xa estamos ansios@s esperando a seguinte saída!!


Música: 



24/4/21

Conmemoramos o Día do Libro co clásico entre os clásicos!!

Día 23 de abril do 2021... Un dos días máis importantes no noso centro... Outros anos, Día do Apadriñamento Lector... Este ano, respectando as condicións sanitarias non foi posible celebrar esa gran xornada de lectura entre iguais... Pero para substuituílo ... nada mellor que recrear a lectura continuada do Quijote que cada ano (e esta é a vixésima edición) organiza o Ministerio de Cultura no Círculo de Bellas Artes de Madrid

Unha mañá distinta onde o noso alumnado disfrutou descubrindo e lendo o gran título "clásico entre os clásicos" da nosa literatura española. Non deixedes de ver o vídeo ata o final... que seguro que atopades unha sorpresa que a algún e a alguna de nós vainos levar ata os nosos anos da infancia... 


23/4/21

Día do Libro !

 Nesta data conmemoramos o Día do Libro, e con iso queremos poñer de manifesto a importancia que teñen estos documentos na nosa sociedade, tanto como difusor de información como creador de imaxinación.


Os libros sempre estiveron presentes ao longo da historia, e o precer pola lectura foi algo que perdurou a través de ela, non obstante o estilo de vida actual e tódolos cambios producidos tanto a nivel tecnolóxico como laboral, fixeron que cada vez haxa un menor número de lectores, ou ben por descoñecemento ou ben por falta de tempo. Non obstante o período de cuarentena que por mágoa tivemos que pasar por mor da COVID-19, fixo que moita xente se atopara de novo co pracer da lectura e retomara este gran hábito, así como moitos outros o coñeceran converténdose e novos e asiduos lectores.


Pois ben, para recoñecer e fomentar a importancia da lectura e defender os dereitos de autor decídese instaurar o Día do Libro, o cal se celebra en España dende 1926 (proposición que xorde en Cataluña) aínda que esos primeiros anos se celebraba o 7 de outubro en memoria ao nacementos de Miguel de Cervantes, en 1930 decidíuse cambiar esa data e instaurala no 23 de abril (data na que tamén se celebraba en Cataluña San Jordi, onde había a tradición de intercambiar unha flor e un libro cunha persoa querida como mostra de afecto) facéndoa coincidir así esa data coa morte do mesmo Miguel de Cervantes Saavedra así como a de outros ilustres escritores como William Shakespeare, Inca Garcilaso de la Vega... Finalmente en 1995 a UNESCO aprobou a proposta de celebración do Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor (nome completo da conmemoración) como festa mundial cada 23 de abril.





14/4/21

E naceron os primeiros poliños!!!

Despois de 21 días na nosa incubadora e baixo a atenta supervisión do profe Toño.... xa están aquí os primeiros poliños nados neste anos 2021. Ao longo destes días seguirán nacendo máis poladas das que fomos preparando estes datas.... A expectación e a sorpresa entre o noso alumnado é máxima. Outros aprendizaxes en contacto coa propia observación e experimentación!!








8/4/21

Comezamos un novo proxecto: "Me gusta mi río, enséñame a cuidarlo"

Hoxe, o alumnado de sexto de Educación Primaria participou na xornada de presentación deste proxecto hidrolóxico impulsado pola Confederación Hidrogáfica do Miño-Sil, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica do Goberno de España.

Neste proxecto a CHMS pretende fomentar a educación e a sensibilización ambiental da poboación, desde a infancia, a través de charlas informativas e visitas de campo nas distintas estacións do ano nas que se potenciará o valor dos ríos e a importancia de a protección e conservación de os ecosistemas fluviais que sustentan.

As próximas xornadas en abril, maio e xuño, o noso alumnado visitará unha zona da conca do noso río Limia onde farán talleres prácticos onde se porá en valor a importancia do coidado dos nosos ríos e toda a variedade de flora e fauna que eles soportan. Sen dúbida, vai ser unha experiencia didáctica única!