Como todo parecía prever ‘Tanxugueiras’ foi a escollida. Tedes toda a información e a súa curiosa orixe neste vídeo da xenial Esther Estévez no seu "Dígocho eu"
28/12/21
Xa temos Palabra do Ano en galego!!
21/12/21
PUBLICAMOS UN NOVO BIBLIOBOLETÍN
Ola de novo habitantes e visitantes da Charca dos Libros, queremos aproveitar esta nova entrada para transmitir o desexo de Papacontos de que pasedes unhas felices festas neste Nadal. e que, tendo en conta as circunsrtancias, disfrutedes en familia e cos vosos seres queridos, incluidos os libros! Si, un libro é unha das mellores compañías que podemos atopar, xunto a eles non é doado aburrirse!
Seguro que nestas datas atopades algún intre para adicarlle á lectrura,tanto a nivel individual como para compartir en familia. Tamén é máis sinxelo atopar uns momentiños para xogar en familia. Este é o obxectivo deste biblioboletín, lembrarvos algúns títulos e xogos educativos que consideramos poden ser do voso interés ,xunto a outros moitos que poderedes atopar se visitades algunha librería ou Biblioteca, ou "navegades" buscando xogos e libros.
Tamén queremos visualizar que a nosa Biblioteca segue estando en continuo cambio e á procura de novas vías que nos acheguen a superar, pouco a pouco, o simple lugar de préstamo de libros. Ese é o obxectivo do Espazo Creativo, que pasiño a pasiño, xa está de novo en funcionamento. Non son tempos fáciles para ninguén, e para o ámbito escolar e a nosa Biblioteca tampouco. Sabemos que sen a colaboración de todos: familias, Institucións, profesorado e persoal non docente e, por suposto alumnado non sería posible avanzar, polo tanto: grazas a todos e todas e a seguir crecendo!
A continuación podedes visualizar o biblioboletin do que falamos e que tamén levaron todos os alumnos e alumnas do noso Centro en formato papel.
20/12/21
Con todos os nosos mellores desexos !!!
Despois deste comezo de curso tan complicado cheo de dúbidas e de inquedanzas e despois de sufrir unha grandísima perda dentro do noso claustro de profesorado, somos quen de levantar o noso ánimo e desexarvos todo o mellor para estes días de reunións familiares e recordo para aquelas persoas que, desgrazadamente, xa non poden sentarse á nosa mesa.
Moita precaución, moito sentidiño ... pero celebrar!!! Que nestas épocas é o que toca !!!
6/12/21
Coñecemos as nosas institucións !!
5/12/21
DiversXs desde pequenXs !! Educando en diversidade Afectiva-Sexual, de Xénero e Familiar
Durante estes días o colectivo ´"Nós mesm@s"
impartiu a varios grupos de Educación Infantil e Primaria unha serie de
"contacontos, charlas, obradoiros…que teñen como obxectivo desenvolver as
capacidades afectivas deste alumnado en todos os ámbitos da personalidade e nas
súas relacións coas demais persoas, así como unha actitude contraria á
violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas e de
discriminación por cuestións de diversidade afectivo-sexual e de xénero".
Son actividades que consideramos moi necesarias para coincienciarnos todas e todos da necesidade de recoñecer a identidade de cadaquen e respectar toda a diversidade d@s que nos rodean, evitando así nun futuro condutas violentas, tan presentes, por desgraza, na sociedade na que vivimos. Educar en valores ás xeracións de hoxe, garantiza un cambio nos adultos de mañá...