27/4/15

Padriños e madriñas cos seus afillad@s no día do libro

Velaquí unha actividade que gusta e na que gozamos vendo estas estampas que agora compartimos con esta montaxe. Cada padriño/madriña cun ou dous afillad@s para os que lle prepara algunha lectura e á súa vez estos tamén buscan algo para lerlle, contarlle... e mesmo lle preparan algún agasallo. Antes temos que coñecer con quen imos estar, ímolos buscar, atendémolos... E de folla en folla, voando case como as follas polos multiuniversos. Unha sorte poder compartir estos momentos.
Ánimo porque queremos contar coas familias -que poidan e queiran- para este tipo de actividades. 
Parabéns!!!!
 

23/4/15

Aprendendo coas abellas

O alumnado de 1º e 2º de primaria  pasamos o día en Apípolis, en Santo André de Xeve, moi preto de Pontevedra capital; é un centro para a comprensión das relacións existentes entre os seres humanos e as abellas. Velaquí unha mostra, con fotos en branco e negro, dos obradoiros e os momentos que pasamos nesta xornada primaveral.

http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d19808027k1813551o1l1/appolis

20/4/15

V Abrazo río Limia

Os pasados 16 e 17 de abril, celebramos en Xinzo de Limia o V Abrazo ao río Limia, na compaña dos nosos compañeiros do CEIP Carlos Casares, a EB1 de Ponte de Lima, o CE das Lagoas e o CE da Ribeira. Foron dous días cheos de actividade e irmanamento entre todos nós. Sabemos cada día mellor da importancia do río que cruza a nosa vila, pero con encontros coma este tamén o Limia convértese en elemento unificador entre culturas e vilas, como xugo de amizade que ninguén poderá parar. Queremos agradecer as colaboracións na organización deste evento (ademáis dos cinco centros involucrados) ao Concello de Xinzo de Limia, especialmente ás súas concellerías de Educación e Deporte e a de Cultura, así como as Brigadas de Obras e a de Parques e Xardíns; á Policía Local e Protección Civil de Xinzo de Limia, tan necesarias en acontecementos coma estes; as ANPAS dos CEIPs Rosalía de Castro e Carlos Casares; á Banda Municipal de Gaitas, que nos entusiasmaron co seu marabilloso concerto do primeiro día, e, en fin, a todas as persoas e institucións que fixeron posible estes estupendos dous días de coñecemento e amizade entre nenos e nenas destas nosas vilas como son Ponte de Lima e Xinzo de Limia.
Arriba o Limia! Arriba o Lima!


17/4/15

Día Internacional do libro -quentando motores-

   Entre outras cousas, para a celebración do día do libro o vindeiro 23 de abril -nós celebrarémolo o venres 24- cun “apadriñamento/amadriñamento lector” do alumnado dos cursos superiores para os máis pequenos. Xa vos iremos dicindo...
Pero hoxe achegamos unha proposta para a realización dun marcapáxinas. Pincha no seguinte enlace: http://issuu.com/papacontos/docs/marcap__xinas
E xa podes ir buscando un libro para lerlle ese día ó teu afillad@ ou ó teu padriño/madriña e facendo o marcacáxinas para ter localizado o que vas preparando. Se precisas axuda, xa o sabes, estamos na biblioteca.

15/4/15

Finalistas no concurso "Xornalistas na escola"

  
 
http://issuu.com/papacontos/docs/eu_son_rosalia

   Hoxe o xornal escolar -suplemento dos mércores de la Región- publicou a participación do alumnado de 6º A no Concurso convocado a comezos de curso por este periódico. As bases deste concurso recollen que se publicarán os finalistas e finalmente haberá un premio para os gañador@s. Parabéns por estar como finalistas e sobre todo parabéns por este magnífico traballo: "Eu son Rosalía" ven a ser un número extraordinario con motivo do 40 aniversario da inauguración do CEIP Rosalía de Castro. Ademais da participación das familias (os artigos recollen a súa escolarización -o que lle contaron ós seus fillos- neste centro, escolas unitarias ou onde estiveron escolarizados) traballamos como verdadeiros xornalistas, entevistando, buceando na historia do periodismo e nas bibliotecas (mesmo as virtuais). Tamén colaboraron Ana Mon e José Manuel García.

8/4/15

7 de abril: día mundial da saúde


  

O tema do Día Mundial da Saúde 2015 é a inocuidade dos alimentos

Os alimentos insalubres están relacionados coa morte de 2 millóns de persoas ó ano, na súa maioría nen@s. Os alimentos que conteñen bacterias, virus, parásitos ou substancias químicas nocivas causan máis de 200 enfermidades, que van dende a diarrea ata o cancro.


Resultado de imagen para Dia Mundial da saúde

Cinco claves para a inocuidade dos alimentos:
  • Clave 1: Manter a limpeza
  • Clave 2: Separar alimentos crus e cociñados
  • Clave 3: Cociñar os alimentos completamente
  • Clave 4: Manter os alimentos a temperaturas seguras
  • Clave 5: Usar auga e materias primas inocuas
O Día Mundial da Saúde 2015 é unha oportunidade para alertar aos que traballan en diferentes sectores do goberno, aos campesinos, aos fabricantes, aos minoristas, aos profesionales sanitarios e aos consumidores da importancia da inocuidade dos alimentos; e conciencialos do papel que cada un pode desempeñar para que todos teñamos confianza en que os alimentos que nos chegan ó prato son inocuos.

As árbores e a auga

   Celebramos na semana do 23 ó 27 de marzo os días mundiais da árbore e a auga, nunha zona na que temos que traballar moitísimo esta temática. Porque as árbores como todas as plantas e a auga son amigas e complementarias para a existencia da vida na terra. E aprendemos que as plantas son seres "autótrofos", que non necesitan doutros seres para alimentarse... E que a auga é un elemento básico da vida; que os científicos aseguran que a cantidade total de auga existente no planeta non cambia nunca pero corre o risco de contaminarse e ser perigosa para a propia vida.
O alumnado se 6º plantaron 3 acibros no patio. Velaquí algunhas fotos do grupo de 6º C   


Para celebrar os días internacionais da árbore e da auga a Deputación de Ourense achegounos algúns materiais (Guía do profesorado, acibros e o libro/manual a palabra máxica).