25/4/25
Aprendemos a estar ben informad@s
15/11/24
O mundo está roto pero pódese camiñar
"Cando todo pareza ir na túa contra, lembra que o avión despega contra o vento", Henry Ford, empresario estadounidense.
O noso alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria asistiu hoxe á representación por parte da compañía Contra Produccións da obra "O mundo está roto pero pódese camiñar", que é unha peza para público infantil e familiar que, nun ton poético e nunha estética fresca e luminosa, conta o relato dunha reconciliación, coa vida e co seu pai, dunha nena de dez anos ferida por unha perda traumática.
Nesta obra unha nena perde prematuramente a súa nai e, desde entón, está enfadada co mundo. O pai non sabe como romper o muro de incomunicación no que se encerrou a filla e argalla un curioso sistema: escribirlle mensaxes en avións de papel que lle lanza cada día desde o balcón e onde lle encomenda pequenas tarefas diarias como, por exemplo, ir devolver un libro á biblioteca.
Unha bibliotecaria amena e espelida axuda á nena a descubrir o vínculo entre os libros e a vida, logrando establecer coa cativa unha relación divertida, construtiva e inspiradora. Moitos anos despois, a nena, agora escritora, voltará á biblioteca para contarnos aquela experiencia iniciática e sanadora. (https://bit.ly/3O812bH)
Despois todo o grupo deu un "paseo didáctico" por Ourense, descubrindo lugares historias que pensamos foron do seu agrado. Unha xornada completa de aprendizaxes nun contexto distinto ao de outros días!
28/4/24
Visitamos o Centro do Lobo Ibérico
"Un home pode facerse amigo dun lobo, pero ningún home será capaz de domesticalo en realidade." George R. R. Martin, escritor estadounidense.
O alumnado de terceiro de Primaria visitou o Centro do Lobo Ibérico de Castela León en Robledo de Sanabria. Alí poderon comprobar de primeira man que fermoso é este animal e aprender un montón de datos e curiosidades sobre este cánido que pobra os nosos montes.
Remataron o día cunha visita a un dos "Pueblos más bonitos de España", como é Puebla de Sanabria, coas súas empinadas rúas e o seu Casco Histórico Medieval.
Unha xornada chea de aprendizaxes significativos e que recordarám estas nenas e nenos por moito tempo!
12/3/24
Hugo: Empatía, diversidade, a beleza de sermos diferentes.
"A inclusión non é só un termo, é un compromiso diario de aceptación e respecto pola diversidade." Stella Young, comediante australiana, xornalista e activista dos dereitos da discapacidade
Gañadora do Premio María Casares ao mellor espectáculo para o público infantil e familiar no ano 2022. Hugo conta a historia dun neno que é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústalle falar e gústanlle as plantas. Hugo ten TEA.
Unha peza teatral que aborda o tema do trastorno do espectro autista na infancia, chea de sensibilidade e empatía, que fala da diversidade, da convivencia e da beleza de sermos diferentes. https://escolares.afundacion.org/actividad/hugo/
Esta obra presenta valores que son chave dentro do noso Proxecto Educativo de Centro, onde a inclusión e a atención á diversidade son algunhas das bases sobre as que construímos o noso quefacer diario.
O noso alumnado complementou esta xornada cunha visita didáctica á cidade de Ourense, identificando os principais monumentos e lugares de interese, como son As Burgas, o edificio do Concello, a Catedral e o Xardín Botánico.
26/2/24
Iniciando a nosa aventura
"Caminante, no hay camino, se hace camino al andar". ~A. Machado ~
25/2/24
Lendo etiquetas para coidar da miña saúde
“Só hai un medio para manter en pé unha sociedade libre e é manter ao público informado.” Joseph Pulitzer
Sabemos o que comemos? Somos capaces de ler as etiquetas e distinguir relamente o que estamos a consumir? Coñecemos realmente a cantidade de azúcares e outros compoñenetes nocivos para a nosa saúde que están presentes na maioría de bebidas e bollería industrial que comemos día a día?
As resposta a estas e outras moitas pregunta foron o obxecto do obradoiro que o Grupo de Innovación Docente “Aliméntate con Ciencia e Conciencia” formado dentro da Universidade de Vigo impartiu ao noso alumnado de 2º,4º e 6º durante o día de hoxe.
"Estímase que 2000 millóns de persoas en todo o mundo teñen sobrepeso ou son obesas e o 40,6 % da poboación infantil española ten exceso de peso (Estudio Aladino, 2019). A obesidade relaciónase cun maior risco de padecer distintas enfermidades (cardiovasculares, diabetes, etc.) que afectan a calidade de vida das persoas e ao seu benestar. Unha alimentación sa e saudable pode axudar a combater a obesidade. Malia todo, a poboación non ten demasiada formación en temas alimentarios e nutricionais. Para facer unha compra axeitada ás nosas necesidades nutricionais é prioritario ler e entender a información alimentaria que se amosa na etiqueta dos alimentos envasados. Unha correcta comparación do etiquetado nutricional e da lista de ingredientes entre alimentos similares é imprescindible para implantar hábitos saudables e escoller aqueles alimentos que presenten un menor contido de sal, azucre e graxas saturadas e/ou un maior contido en fibra, e graxas mono- e poliinsaturadas.
Co gallo de dar unha resposta a esta necesidade social, no ano 2022 creamos na Universidade de Vigo o Grupo de Innovación Docente “Aliméntate con Ciencia e Conciencia”, o cal pretende acercar o coñecemento en materia alimentaria ao alumnado, universitario e preuniversitario, formándoos como consumidores e desenvolvendo un espírito activo na promoción da súa saúde. Para iso:
- Estamos a elaborar materiais divulgativos (podcasts, píldoras de aprendizaxe e vídeos) que se distribuirán entre o alumnado.
- A maiores, puxemos en marcha o Proxecto de Innovación Educativa en Aprendizaxe-Servizo (Aps): Lendo etiquetas para coidar da miña saúde no que participan os nosos alumnos do Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e os centros educativos de educación primaria da contorna. Mediante a súa participación voluntaria, o noso alumnado adquire competencias transversais da titulación e outras específicas, pon en práctica os coñecementos adquiridos, e desenvolve habilidades e actitudes mediante un servizo á comunidade."
https://foodandhealthomics.es/grupo-innovacion-docente
Unha mañá chea de aprendizaxes significativos e relacionados cos ODS, especialmante co ODS 3 Saúde e Benestar, que fan que a partir de hoxe todo o nos alumnado sexa quen de saber realmente o que están a consumir e sexa competente para racionalizar o consumo destes azúcares nocivos para a súa saúde.
29/11/23
Vaia ritmo!
"A música é a miña vida, e o ritmo é a miña alma." Buddy Rich, baterista de jazz estadounidense.
O noso alumnado de 1º e 2º de Edcación Primaria acudiu hoxe á posta en escea desta "permormance" que inclúe Afundación a través do seu programa de actividades para escolares.
"Improvisación e imaxinación para espertar o enxeño con este concerto que propón Odaiko. A través do factor sorpresa, e facendo uso do humor e a interacción, preséntannos diferentes elementos de percusión que nos levarán a melodías cheas de ritmo e, polo tanto, con diversión garantida." (https://escolares.afundacion.org/actividad/vaia-ritmo/)
15/11/23
Coñecemos a pegada franciscana na cidade de Ourense
7/6/23
Banksy asolaga Verín
"Un muro é unha arma moi grande. É unha das cousas máis desagradables coas que podes golpear a alguén". Bansky
O pasado luns, 5 de xuño o noso alumnado de quinto de Ed. Primaria percorreu durante máis de dúas horas o proxecto que puxo en marcha o Concello de Verín que consta dun total de 23 obras do artista "callejero" Banksy.
Esta iniciativa ten por obxectivo rehabilitar espazos degradados da vila e eliminar eses "feísmos" cun roteiro que recolle gran parte da obra do artista.
Contamos desta volta co grande privilexio de contar co artista responsable desta iniciativa, Alex Araújo, quen nos deu todo tipo de explicacións tanto sobre as obras orixinais como sobre como el enfrontou o difícil reto de ser o máis leal posible nas súas reproduccións.
Tamén o alumnado participou na presentación dalgunhas das obras que visitamos, xa que nas semanas previas tiñan traballado sobre o grafiteiro e a súa obra na área de plástica, impartida na sección bilingüe pola súa mestra Rochi.
Unha mañá chea de aprendizaxes, feitas no propio entorno e co seu protagonista como "mestre" excepcional! Moitas grazas, Alex polo agarimo e empatía con que nos trataches!
2/6/23
Onde o mundo se chama Celanova
Cantiga pra durmir a un neno
"Celanova ten un vento,
Celanova un vento ten,
un vento peleriñante,
un vento que vai e ven."
Celso Emilio Ferreiro
Da man de Fundación Curros Enríquez, hoxe o noso alumnado de sexto de Ed. Infantil participou na activadade "Vén coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio".
Durante toda a xornada e acompañados por Paula Conde e as súas mestras visitaron Vilanova dos Infantes, onde descubriron bonitos recantos e monumentos, como a torre do Homenaxe e a cova de San Vivián para despois coñecer en Celanova o Mosteiro de San Salvador, onde desfrutaron dun contacontos amenizado por música do impresionante órgano.
Tiveron tempo tamén de divetirse nos brinquedos e de pasar unhas horas de gran compañeirismo e moitas aprendizaxes nunha xornada que a ben seguro será difícil de esquecer para tod@s el@s!!!
14/3/23
Nautilus. 20 000 leguas de viaxe submarino
20/12/22
Coñecemos un pouco mellor o noso barrio
O alumnado de primeiro de Ed. Primaria levou a cabo unha actividade centrada en coñcecer un pouco mellor o barrio do Polígono onde está o noso centro escolar. Mediante pistas e as súas lupas de espías tiñan que atopar os distintos edificios singulares que hai ao noso redor e facer un pequeno traballo de investigación sobre eles. Sen dúbida, unha mañá moi aproveitada e chea de aprendizaxes diferentes!!
15/3/22
Todo ... Rico, rico !!
Que ben volver á Casa da Cultura do Concello de Xinzo de Limia (moitísimas grazas polas facilidades dadas polo persoal da Concellería de Cultura, María e Alfonso, para poder levar a cabo esta actividade) máis de dous anos despois e cunha obra tan divertida como este Saaabor!! da man de Félix Rodríguez e Fran Rei, que nos fixeron pasar unha hora de risas e entretemento!
"Saaabor!, Premio do público Festiclown 2018, é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os nosos protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela ata a máis elaborada, sen esquecer viño e sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia.
Félix Rodríguez é un actor e músico con ampla traxectoria escénica en compañías como Odaiko, Píscore e Trío Refugallo, que nesta ocasión compleméntase perfectamente con Fran Rei, cómico que participou en máis de 20 montaxes con compañías como Vos Sete Magníficos máis Un, Pallasos en Rebeldía ou Acontrabutaca." https://www.culturactiva.org/es/espectaculo/saaabor
Xuntos crearon este espectáculo, unha receita chea de sabor que fixo as delicias dos padais máis esixentes entre o noso alumnado!
Fotografías: Manuela Vázquez Bouzas
14/5/20
Laboratorio STEAM na casa
12/5/20
Ángel Carracedo 👨🏫 / Lugrís 🎨 / Papiroflexia ✋.. Descubre propostas en #AfundaciónEncasa
ENTRAR NA VISITA VIRTUAL
Jorge Pardo, director da EMOZ (Escola Museo Origami de Zaragoza) e coordiandor da exposición «Papiromates. Matemáticas
+ Creatividade = Papiroflexia», apréndenos a facer figuras básicas con papel.
Este taller está pensado para os máis pequenos da casa, por iso é sinxelo. Vai dirixido a escolares desde Ed. Infantil ata
3º de EP. Tratamos de orientalos na
creación das cores primarias e como
a partir destas podemos conseguir moitas outras, tomando neste caso unha composición xeométrica como as que
facía Luis Caruncho, que nos pode servir
de inspiración..