17/12/09
16/12/09
Regalemos Galego
Na web dos ENDL está colgado, como iniciativa destacada, o catálogo de agasallos de Nadal en galego, feito polo CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral (unha nova proposta de catálogo actualizado de agasallos que nos ofrece un suxestivo percorrido polo mundo do lecer en galego co que poder sorprender os familiares e as amizades. Xogos electrónicos, libros, cine, computadores, xogos de mesa, documentais, música, roupa, mp4, móbiles etc. reunidos baixo un denominador común: o galego como lingua de aprendizaxe e comunicación. E sen esquecer algúns consellos importantes para exercer un consumo responsable). Preme na imaxe para ver ese catálogo.
Boletín da Biblioteca 2009
Presentámosvos o segundo número da nosa publicación onde entre outras moitas cousas poderes atopar recomendacións de lecturas e agasallos para toda a vosa familia. O EDIBI do CEIP Rosalía de Castro quere desexarvos unhas Felices Festas e un venturoso ano 2010. Ánimo e a ler moito.
Publish at Calaméo or browse others.
Se o queres ver máis grande poder empregar este enlace:
http://es.calameo.com/read/00013804572d9c1586892
Suscribirse a:
Entradas (Atom)