Mostrando entradas con la etiqueta entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta entroido. Mostrar todas las entradas

17/2/25

O sentimento dun pobo

" Un pobo sen tradición é un pobo sen porvir." Alberto Lleras Camargo, político, xornalista e diplomático colombiano.

Hoxe contamos coa presenza de Adriana Jiménez, da Asociación Cultutal A Pantalla que veu a contarlle ao noso alumnado de terceiro, cuarto e quinto de Educación Primaria a forma correcta de vestir o traxe da Pantalla e de como debe comporatse estes días que están por chegar despois de celebrar o vindeiro Domingo Corredoiro.

Con esta serie de actividade poñemos en valor a nosa tradición e o #sentimento de respecto que temos tod@s @s limiáns cara a máxima figura do noso Entroido!






12/2/25

Coñecemos mellor o noso entroido

"O Museo Galego do Entroido é un espazo de tradicións, de mostra, salvagarda da cultura e do noso carácter."

O alumnado de catro anos visitou o Museo Galego do Entroido.Grazas a Carlos por recibirnos e explicarnos tantas cousas!

11/2/25

E volveu nevar no Rosalía!

 “A tradición non se herda, conquístase.”  André Malraux, escritor francés

Un ano máis comeza o entroido máis longo de todo o mundo no noso cole. O alumnado de Educación Infantil celebraron o seu propio Domingo Fareleiro. 

O obxectivo destas actividade é poñer máis en valor, se é posible, o fondo sentimento de tradición que todas estas nenas e nenos teñen polo noso Entroido.

10/2/25

Transmitindo un #sentimento

 "Un pueblo sin el conocimiento de su historia pasada, su origen y cultura es como un árbol sin raíces" . Marcus Garvey

Dentro do proxecto sobre as culturas das nosas aulas, queremos que as familias teñan un papel relevante. Por este motivo quixemos contar con elas para recrear algúns dos intres máis salientables do noso Entroido. Engalanadas coas vestimentas típicas do fareleiro, colgamento do meco, oleiro, corredoiro e enterro da sardiña, compartiron con nós unha mañá fascinante e inesquecible, transmitíndonos o verdadeiro sentimento do Entroido de Xinzo. Moitas grazas pola vosa participación e por metervos de cheo no papel que representabades. Isto é só o comezo de todas as actividades que temos programadas coas familias.

17/2/24

Un ano máis enchemos as rúas de cor!

 "O tempo que se goza é o verdadeiro tempo vivido." Jorge Bucay, escritor argentino

Nin a chuvia pode con nós! Cunha semana de retraso todo o traballo levado a cabo por familias e profesorado para preparar este gran Desfile Infantil de Entroido veu  o seu resultado polas rúas ateigadas de xente da nosa vila que nos acompañou por todo o percorrido, feito que é salientable para recoñecer, sendo un día laborable!

Queremos dar as grazas a todos os centros de ensino da zona da Limia participantes por facer ese gran esforzo de desprazarse cos seus propios medios para facer, aínda se cabe, máis grande esta data tan sinalada na nosa festa máis importante do ano. Destacar a gran acollida e a perfecta organización coa que o CEIP Carlos Casares nos recibiu para, despois dun gran desfile, poder recuperar folgos cun chocolatiño quente e bica a esgalla!

Agradecer igualmente ao Concello de Xinzo de Limia, Policía Local, Protección Civil e á Asociación A Pantalla polo seu papel imprescindible para que a xornada se desenvolvese con toda normalidade e coa seguridade garantida en todo o percorrido.  

Temos que salientar, sen dúbida, a implicación total de todas as familias que compoñen a nosa gran Comunidade Educativa. Talleres de confección de disfraces que comenzaban as 15.15h os luns e remataban máis alá das 20.00... Colaboración total na aquisición de materiais e complementos para que o noso alumnado lucira espectacularmente... E, finalmente, a estupenda resposta ao chamamento do centro para acompañar aos distintos grupos do centro aportando medios musicais e facendo do Desfile deste ano un dos mellores que se poden recordar. Non temos palabras para agradecer todas as aportacións que sempre facedes cando así volo pedimos.

Por suposto temos que recoñecer o  marabilloso traballo levado a cabo polo profesorado do noso cole. Planificar, decidir disfrace, facer patróns, coser, adquirir complementos, xestionar compras... e unha longuísima lista de traballos a realizar sen horarios e cunha dedicación e entrega case exclusiva merecen, pensamos, un grandísimo aplauso para tod@s el@s... Moitas grazas, compañeir@s!!

E por último, pero para nada menos importante, o noso alumnado. Colaborativo, @s máis grandes e "sufridor@s", o máis miúdo, son, sen dúbida, @s grandes protagonistas deste día. Sen el@s, nada disto tería sentido! 

Esperando xa o Entroido 2025, non queda máis que gozar con elas e eles, cheos de cor, enchendo de que maneira as rúas da nosa vila!!






6/2/24

E vestimos a nosa Pantalla!!!

 "A tradición non se herda, conquístase." André Malraux (1901-1976) Novelista e político francés.

#Tradición #Respecto #Sentimento son os valores que a Asociación A Pantalla ten como finalidade transmitir e facer perdurar no tempo, porque como el@s din: #OQueNonSeEsqueceNonMorre. Leticia e Lourdes, membros da Asociación, coa inestimable axuda de Carla (da que son tía e nai) foron quen de comunicar ao alumnado de Educación Infantil todos eses valores e o importante que é coñecer como vestir e  como levar o noso máis emblemático traxe.

Estamos segur@s que cada neno e cada nena que asistiron con tanta atención e ilusión a todas estas fermosas explicacións que elas hoxe nos deron,  serán o día de maña elos moi fortes desa gran cadea dos nosos  Bens de Interese Cultural do Patrimonio Inmaterial, dos que xa forma parte con todo merecemento o noso Entroido e como non … a nosa Pantalla!!

31/1/24

Oliñas veñen e van ...

"Un pobo sen tradición é un pobo sen porvir. "Alberto Lleras Camargo (1906-1990) Político, xornalista e diplomático colombiano.

O noso alumnado de sexto de Educación Infantil segue transitando polo ciclo do Entroido máis grande do mundo.

Desta volta, visitaron o Museo Galego do Entroido, onde Carlos foi o seu "Cicerone" e presentou ás nosas nenas e nenos de cinco anos os fermosísimos traxes representativos de moitos dos Entroidos espallados por toda Galicia e Portugal  cos que este magnífico noso museo conta, sempre co mesmo agarimo e trato afable que Carlos nos dispensa cada vez que imos ata o MUGAE.

E como non!! Chegado o segundo domingo/luns do noso Entroido foi tempo de xogar coas olas, co resultado final que era de esperar... centros de cachiños de cerámica espallados polo patio de Educación Infantil!!!

24/1/24

Primeira nevarada no noso cole !!!

“Gústame a xente con ese átomo de tolemia que fai que a existencia non sexa monótona, aínda que sexan persoas desgraciadas e estean sempre nas minchas.” Carmen Laforet. Escritora.

Seguindo co afondamento no noso gran ciclo do Entroido, o alumnado de sexto de Ed. Infantil, "sufriu" desta volta os efectos da primeira gran nevarada no patio de recreo. O Fareleiro Infantil é o primeiro gran domingo dos cinco que completan o Entroido máis longo do mundo! Unha toma de contacto que, sen dúbida, non é a primeira vez para el@s, pero que foi unha mañá chea de ledicia e diversión cos resto d@s súas compañeir@s!!!

22/1/24

Coñecemos como se fai a nosa fermosa máscara!

 “Ver traballar a un artesán dame acougo, ancórame na terra, inspírame. Lémbrame a extraordinaria importancia que neste mundo ten o traballo ben feito.” Andre Agassi, tenista profesional norteamericano.

O pasado venres, 19 de xaneiro, tivemos a enorme fortuna de poder visitar Arrebol, o taller dos artesáns Aurora e Santi, que con tanto agarimo  e durante tantos anos levan facendo para moitísimas xeracións de limiás a súa pantalla.

O noso alumnado de sexto de Educación Infantil foi quen de poder descubrir todo o proceso dende que se colle esa chapeu de feltro ata que se chega á grandiosidade na nosa bela pantalla.

Queremos manifestar a nosa máis grande gratitude a Aurora e a Santi polo agarimo, proximidade e trato marabilloso que nos brindaron esta maña na que será, sen dúbida, unha experiencia e aprendizaxe que endexamais se borrará deste grupo de nenos e nenas que teñen este traxe e esta máscara como algo seu … como #unsentimento!!!

19/2/23

Desfile Entroido 2023

Vendo o resultado final... Pouco que engadir! Unha mañá chea de colorido e de ganas de pasalo ben despois de moitas semanas de duro traballo! 

Dar as grazas a @Pepe Nocelojar, a Hugo García e a Noemí Anta polas súas marabillosas fotografías!!!

Grazas a a todos @s que formamos parte da  Comunidade Educativa do CEIP Rosalía de Castro,  o desfile de Entroido deste ano resultou simplemente... espectacular!



9/2/23

Sentimento... Tradición... Respecto!!!

Hoxe estiveron con nós no noso centro Carlos e Leticia, da Asociación Cultural "A Pantalla"

Esta asociación naceu en Xinzo de Limia no Entroido do ano 1996. A súa finalidade é a protección, promoción e difusión do noso símbolo de identidade cultural máis significativo, a Pantalla.

Despois de moitos anos traballando duramente, a Asociación Cultural A Pantalla comeza en abril do 2017 un novo rumbo.

Renóvase a directiva realzando de novo o labor da asociación, ampliando o número de socias e socios e reconducindo unha vez máis o traballo para acadar os obxectivos xa mencionados e ampliando os campos de actuación.

Este novo período que vive a asociación está cargado de actividades e novas iniciativas, que se desenvolven en diferentes campos e ámbitos de traballo, para chegar a trasmitir a verdadeira esencia de ese Entroido máxico e tradicional que herdamos dos nosos antepasados.

Recollendo palabras de Castelao: "A verdadeira tradición non emana do pasado, non está no presente, nin se alvisca no porvir; non é serva do tempo. A tradición é a alma eterna de Galicia, que vive no instinto popular e nas entrañas graníticas do noso chan. A tradición non é a historia. A tradición é a eternidade e revélase no idioma, no espírito, na cultura, na arte , no xeito de vivir e pensar". (http://apantalla.gal/)

O alumnado de terceiro e cuarto contaron tamén coa participación de Anxo, de quinto de Educación Primaria, que ensinou @s seus compañeir@s o xeito perfecto de como vestir o noso traxe por excelencia para o Entroido!

Unha gran rolda de preguntas puxo fin á exposición que Carlos e Leticia fixeron, aos que non nos queda máis que agradecer poder contar con el@s un ano máis. Que comece a festa! Que empece o tempo de Entroido! #unsentimento






7/2/23

Oliñas veñen... e van!

Hoxe, a alumnado do comedor escolar celebrou o "Domingo Oleiro" con algo de retraso... 
Todos as nenas e os nenos gozaron desta data tan especial ... non sen algo de risco!! Pero... tranquilidade! As olas d@s máis pequenos eran totalmente... Irrompibles!!
Moitas grazas ás mamás colaboradoras do comedor escolar por facer posible estes momentos dificilmente inesquecibles!! #unsentimento



6/2/23

Tod@s botamos unha man!

 Estes derradeiros luns, todas as familias do alumnado de Educación Infantil botaron unha man (móis ben as dúas!) para colaborar coas mestras das súas fillas e fillos en confeccionar os disfraces que levarán con moito "porte" o vindeiro 17 de febreiro no Desfile Infantil de Entroido que dará o "pistoletazo" de saída aos días grandes da nosa gran festa!

Queremos dar grazas infinitas a todas as mamás (e aos papás.... que algún tamén tivemos) por todo este tempo de costura, recorte, patroaxe, "brilli, brilli", ... e todas as técnicas de corte e confección que nestas xornadas se puxeron en práctica. Grazas de corazón!!

Xa non queda nada... O Entroido xa está "case" aquí !! #unsentimento



2/2/23

Arrancamos as actividades do noso Entroido!!

Chegan os día grandes do Entroido á nosa vila e o noso cole empeza a "quentar motores". Desta volta o alumnado de terceiro de Ed. Primaria foron @s primeir@s en visitar o noso gran Museo do Entroido e coñecer da man de Carlos Martínez cada pequeno detalle que alí está plasmado, en todo o relacionado co ciclo máis longo desta Festa deI Interese Turístico Internacional e cos diferentes traxes que alí se expoñen, destacando dun xeito moi especial para nós, como non podía ser doutro xeito, o da nosa benquerida pantalla. Mañá de aprendizaxes diferentes, pero moi importantes para afondar no máis próximo que nos rodea!







27/2/22

Nova visita ao MUGAE

Dous grupos máis do noso centro (6º de Ed. Infantil e 4º de Ed. Primaria) fixeron unha visita ao Museo Galego do Entroido, onde da man de Carlos Martínez, percorreron todos os días sinalados do noso gran ciclo do Entroido e coñeceron de primeira man unha numerosa variedade de traxes singulares dos Entroidos máis coñecidos de Ourense, Galicia, España e Portugal, destacando entre todos eles, como non podía ser doutra forma, a nosa querida Pantalla, da que Carlos deu todos os detalles de como vestila e de como portarse cando a levamos posta. Temos relevo xeracional garantido!  


Fotografías: José M. García, Sonia Pombar e Manuela Vázquez

Música: TANXUGUEIRAS & RAYDEN - Averno

20/2/22

Domingo Corredoiro no Rosalía!

E seguimos en tempo de Entroido no noso centro! Desta volta o alumnado de sexto de Primaria fixo unha vista ao Museo Galego do Entroido, onde, da man de Carlos Martínez, poideron coñecer curiosidades do noso e de outros entroidos de toda Galicia.

Aproveitamos tamén a visita para pescudar na vida e obra do autor de cabeceira da Limia, Carlos Casares, facendo unha investigación persoal a través da exposición "Os mundos de Carlos Casares", sita na planta baixa do museo. Alí descubrimos o seu amor pola fotografía e polos trens a escala, así como a súa "obsesión" por coleccionar exemplares do "Principiño" en diferentes edicións e linguas.

Para rematar esta xornada visitamos tamén a sé da Asociación Cultural A Pantalla, onde puidemos observar exemplares moi antigos da nosa máscara, os primeiros traxes e un montón de elementos moi significativos de todo o noso ciclo de Entroido.

Rematamos cunha charla de Carlos e Leticia, da propia Asociación, onde nos explicaron como se debe vestir e comportar unha Pantalla nestes días de festa que están por chegar.


Fotografías: Trini Fortes, Jose M. García e Mª Jose Peaguda

Música: Habitación Vudú - Tu Carnaval


17/2/22

Seguimos aprendendo sobre o noso Entroido!!

Hoxe, o alumnado de sexto de Educación Infantil (5 anos) tivemos o grande privilexio de recibir no noso cole a Antonio Gómez, mestre artesán, que durante moitísimos anos era a persoa que máis vexigas preparaba en Xinzo para que as nosas Pantallas poideran "batilas" con forza durante os días grandes do noso Entroido. 

Contounos todo o proceso de como se fai para que queden perfectamente curadas e non rebeten ás primeiras de cambio, de que animal son, ... e un montón de cousas interesantes que descoñeciamos totalmente. 

Vimos tamén un vídeo, onde o noso invitado tamén aparecía, cos elementos máis significativos deste noso longo ciclo de días sinalados que temos na nosa vila (Fareleiro, Oleiro, Corredoiro, Entroido e Piñata).

Ao final, Antonio contestou a un montón de preguntas que previamente prepararamos en clase.

Unha mañá distinta! Un xeito distinto de aprender! Moitas grazas por todo!


Fotografías: Sonia Pombar e Diana Vispo

11/2/22

Oliñas veñen, oliñas van !!!

Segundo domingo do mellor Entroido do mundo! No cole quentamos motores e practicamos a lanzar as olas tal e como marca a tradición. Moitas grazas á Comisión do Entroido de Xinzo, e en especial a Adriana, por estar sempre dispostos a colaborar con nós en todas as actividades que organizamos! En breve, máis e mellor!!














11/2/21

ENTROIDO, UN SENTIMENTO

Forma parte do entroido!!

Este ano de non entroido anímate e participa cunha foto para facer un álbum.

Convírtete no protagonista deste álbum sobre o entroido tradicional.

Sentimento con Sentidiño.



22/2/20

Comadres 2020

Xoves de "revancha". È a quenda dos mozos de escapar coa súa comadre na man para ridiculizar ás súas compañeiras.Será misión delas.... Que non quede ningunha!!