21/12/17

Boas festas e un venturoso 2018!


"Aniñan no meu corazón bos sentimentos que quero compartir coas persoas que me rodean"

O claustro do profesorado e o persoal non docente do CEIP ROSALÍA DE CASTRO queremos desexarvos Boas Festas e un venturoso 2018

19/12/17

O alumnado de 1º A na biblioteca

Coñecéndoa e moi ilusionados cos carnés de soci@s 






16/12/17

Xornada de convivencia intercultural no Rosalía

Na Biblioteca e no comedor tiveron lugar estas actividades (Charlas, música, gastronomía, obradoiro) organizadas polo CDR "O Viso" e coa colaboración do Ceip Rosalía de Castro. 
Máis información no enlace seguinte Xornada de convivencia intercultural





15/12/17

Charla de Carolina Rguez na Casa de Cultura

O alumnado de 5º e 6º de primaria do noso centro (entre @s que hai unha manchea de artistas nesta disciplina de ximnasia rítmica) vai participar nunha charla deportiva a escolares que impartirá Carolina Rodríguez con motivo da súa presenza na vila.

Aprendendo "Portugal" con Carla


Os de 3º A tivemos unha "profe" moi especial hoxe no cole. Veu Carla, que é de Lisboa, e leva uns meses facendo o Servizo de Voluntariado Europeo no C.D.R. "O Viso" a aprendernos moitas cousas do seu país. Moitas grazas!!!

10/12/17

Entrega de carnés ó alumnado de 1º B



Esta pasada semana entregáronselle os carnés da biblioteca ó alumnado de 1º B.  

8/12/17

Materiais das VIII Xornadas das B.E.

Volvemos poñer aquí o cartel das xornadas, porque, a través del ou no enlace que aparece aquí, temos toda a información que se deu naqueles días. Paticipamos e aquí están os materiais dos dous días: merece botarlle unha ollada. Moitas grazas, ós autor@s por compartir tanto traballo.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/course/view.php?id=30

4/12/17

Circopeta... Un espectáculo diferente!

Hoxe, o alumnado de primeiro e segundo de Primaria fomos ao Auditorio Municipal de Ourense para asistir á representación de "Circopeta", onde os instrumentos da vida cotiá (mal chamados instrumentos pobres), os sonoros tambores de plástico reciclados,os ritmos conxuntos con coreografías orixinais, as melodías de instrumentos de láminas e unha interacción poderosa con todos nos nós fixeron que pasaramos uns momentos moi divertidos... Non perdades o final... e descubriredes unha artista invitada!

1/12/17

"Camino a la esuela"

Velaquí unha extraordinaria película, un documental para ver do que poidemos gozar o sábado na noite temática. Ademais poñemos nesta entrada un artigo do nos amigo Antón Pinto, que coma sempre escribe con moito tino.

http://www.caminoalaescuela.com/

http://www.caminoalaescuela.com/

POUCO QUE celebrar no mundo da infancia aínda que vimos de facelo no Día Universal do Neno. Neste tema, como noutros da axenda global, a balanza está desequilibrada. Unha minoría vai coa mochila cargada de dereitos, mentres a inmensa maioría de nenos e nenas dos mundos máis aló do primeiro mundo, cargan no lombo un pesado fardo de deberes. E poucos dereitos que levar á boca.

Camino a la escuela, multipremiada película francesa, recolle catro historias de nenos e nenas afrontando cada día o durísimo camiño á escola. É dicir, camiño ao paraíso da educación vedado para tantos. Ao fin, é o camiño para conquistar dereitos humanos con rostro de neno. E construír un mundo máis humano e vivible.

A película de Pascal Plisson, 75', é imprescindible. As catro historias do camiño de casa á escola, erizado de dificultades, contrastan coa nosa sobreprotección aos nenos, forma sibilina de maltrato que converte a tantos pais e nais en taxistas ou nunha sorte de gali- ñas chocas.

O documental, co apoio da Onu, Unesco, Unicef e Axuda en Acción, éche unha declaración de principios. Só con educación poderán mellorar o mundo no que viven. Aínda que, curiosamente, a película será vista polos que te- ñen a escola á porta da casa, e aínda así chegan cada día ás aulas no colo do coche.

Xusto cando vimos de celebrar o Día Universal do Neno, tamén o Día do Mestre, percatámonos do malgasto de prescindir de millóns de cerebros e abandoar á súa sorte aos que naceron no lugar, na familia, ou co sexo equivocado. E iso que todos nacemos libres e iguais. Uns máis que outros.

O mundo é así de inxusto cos nenos que, como di Galeano, nacen coas raíces no ar. Cinco millóns morren nos primeiros anos de enfermidades que se poden previr. Quiñentos millóns están afectados por guerras e emerxencias. Catrocentos millóns malviven en extrema pobreza. Cento setenta millóns traballan...

Tantas cores escuras non ocultan os progresos das últimas décadas. A mellora da nutrición e a reducción da mortalidade permitíu a millóns deles rachar co círculo maldito da pobreza. O mundo é así pero ben pode ser doutro xeito: máis fermoso e habitable se hai decisión política para revertir a situación que condena aos máis febles. Investir na infancia non é só un imperativo moral, é apostar polo presente e colocar alicerces de futuro. A escola é unha oportunidade moi valiosa para centos de millóns de nenos.

As historias de Salomé e Jackson en Kenia, Carlitos e Micaela na Patagonia, as de Zahira, Zineb e Noura no Alto Atlas, a de Samuel na cadeira de rodas que empuxan dous irmáns pequenos mostran historias conmovedoras, cheas de coraxe, determinación e un millón de sorrisos.

Catro horas, hora e media, dúas horas cada día nunha teimuda e esperanzada loita diaria. Camiño da escola.