Mostrando entradas con la etiqueta pontes de letras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pontes de letras. Mostrar todas las entradas

18/12/25

Sete (+1) Portas que se abren para o coñecemento

“Non é só unha biblioteca. É unha nave espacial que che levará aos puntos máis afastados do universo, unha máquina do tempo que che levará ao pasado afastado e ao afastado futuro, un mestre que sabe máis que ningún ser humano, un amigo que che divertirá e consolarache e sobre todo unha saída a unha vida mellor, máis feliz e máis útil” Isaac Asimov, divulgador ruso.


Nunha escola onde cada biblioteca é un portal ao infinito, comeza a viaxe. Sete gardiáns de mundos onde a lectura esperta o coraxe, acende a memoria e restaura a esperanza a quen se atreve a cruzalos. Cada porta abre a historias que cambiaron o mundo, historias que nos lembran que a liberdade é un dereito, nunca unha coincidencia.

Aquí resoan a voz de Malala, firme fronte ao silencio imposto. Aquí revisitamos a inocencia perdida en O neno cos pixamas raiados e sentimos os nosos corazóns latexar entre as páxinas do Diario de Ana Frank. Aquí lembramos que un simple xesto pode transformar un país, como fixo Salgueiro Maia, e preguntámonos, con emoción, avoa, onde estabas o 25 de abril?

É neste lugar onde descubrimos que cada neno ten dereitos, os Dereitos do Neno, e que coñecer estes dereitos é coñecer o propio futuro.

Aprendemos que Todos Somos Diferentes, e é nesta diferenza onde reside a forza do mundo, e celebramos o poder daqueles que abriron camiño, como as historias de vinte e cinco mulleres que cambiaron xeracións.

Tamén os soños habitan nestas portas: palabras que brillan no Dicionario de Palabras de Soño, maxia que se agocha no Caixón Máxico, sementes que medran en cada lector que descubre que ler é imaxinar o imposible.

E cando chega o frío do inverno... o Nadal estoura nas páxinas. Vémolo en Ese Nadal, oímolo en Cando cae a neve, sorrimos coa promesa de Papá Noel e recoñecemos que mesmo os corazóns máis duros poden aprender a amar. Porque, ao fin e ao cabo, o que permanece é a xenerosidade.

E entón lembramos a verdade máis grande: «O esencial é invisible aos ollos».

Pero o esencial está aquí. En cada porta que se abre. En cada libro que se colle. En cada lector que esperta.

Aquí, a lectura non só conta historias.

A lectura cambia todo

Texto orixinal elaborado polo Equipo Dinamizador da Biblioteca António Feijó de Ponte de Lima

20/10/25

MOCHILA VIAXEIRA DE 4º B

 "Non saber o que ten sucedido antes de nós é como ser incesantemente nenos"

Cicerón

Dende fai décadas, a sociedade deu grandes pasos en prol da igualdade. Sábese que un dos camiños para lograr derrubar estereotipos de xénero é presentando á rapazada modelos de mulleres fortes e testemuñas de historias reais protagonizadas e loitadas por elas e por tanto cun papel importante na historia. Este libro, incluido na mochila viaxeira de 4º B de educación primaria, "DANIELA E AS MULLERES PIRATAS DA HISTORIA", contribúe a unha socialización dos rapaces e rapazas máis igualitaria e xusta ca historia as veces silenciada do sexo feminino. O conto nos relata como Daniela descobre un antigo libro da súa avoa coa historia de dez valentes mulleres piratas. Dende os mares da China ata a costa de Nova York, dende a antiga Grecia ata os tempos modernos, estas mulleres piratas surcaron os océanos en busca de riquezas. Aínda que moitas veces tentaron impedirlles navegar, elas negáronse a aceptar o seu destino ou loitaron por melloralo. Awilda, Mary Read, Lai Choi San, Grace O’Malley, Ching Shih… As súas vidas e fazañas inspiraron a Daniela.

Non se pode rematar a publicación sen mencionar o incrible traballo realizado por Lucas e a súa familia. Perfecto globo terráqueo co que traballar dun xeito integrado a historia, a xeografía e valores!






17/2/25

Compartimos as nosas experiencias

"Os humanos axudamos porque somos capaces de sentir e de poñernos na pel dos demais. E axudar xera felicidade persoal e colectiva." Elsa Punset, escritora e divulgadora española.

Dentro do noso progama "Pontes de Libros, Fontes de Saber" que compartmos coa Biblioteca do Agrupamento António Feijó de Ponte de Lima, levamos a cabo a II Xornada de Traballo conxunto onde amosamos moitas das experiencias que levamos a cabo na nosa Biblioteca Escolar e as dinámicas de traballo que temos nela.

Non temos dúbida que estas xornadas de convivencia entre os nosos centros son moi enriquecedoras para todos os profesionais que participan nelas e teñen unha fonda repercusión no alumnado co que traballan.

Seguiremos a tender pontes que nos unan nas nosas formas de traballar e seguimos convencid@s que as beiras do noso rio Limia/Lima non son liñas que nos separan, se non, moi ao contrario, oportunidades que nos trae para traballar xunt@s.






22/1/25

Haiku​ (俳句) que rachan fronteiras

 «A poesía non quere adeptos, quere amantes». Federico García Lorca, poeta, dramaturgo e prosista español.

Dentro do noso proxecto "Pontes de Letras, Fontes de Saber", percorreu o pasado día 15 de xaneiro a primeira das video conferencias coa EB da Feitosa e a EB do Trovela onde o alumnado compartiu as súas creacións de haikus de inverno, da man da nosa Biblioteca Escolar e das Bibliotecas Escolares do Agrupamento de Escolas António Feijó.

Superadas as primeiras incidencias técnicas, o alumnado das tres escolas foi quen de compartir as súas creacións neste formato da poesía tradicional xaponesa, poñendo en valor elementos da natureza comúns as distintas realidades.

Foi unha primeira toma de contacto, que é preciso incrementar e mellorar, para afondar nestas estratexias de colaboración que favorecen novos escenarios de aprendizaxe.

8/1/25

Unhas felicitacións moi especiais!

 "As cartas son como paquetes que conteñen sorpresas." Doménico Cieri Estrada, escritor mexicano.

Dentro do proxecto "Ponte de Letras, Fontes de Saber, que realizamos en colaboración coas escolas do Agrupamento António Feijó de Ponte de Lima figuraba a actividade de intercambio de tarxetas de Nadal entre o alumnado de 4º curso do noso cenro coa EB da Feitosa e a EB de Trovela.

Ao longo das vacacións de nadal foron chegando as cartas enviadas polo alumnado dende o país veciño, pero foi hoxe cando foron repartidas nos nosos grupos.

Grande sorpresa, moito ledicia por ter resposta ás que enviaron el@s e moitas ganas de seguir colaborando nestes proxectos que supoñen, en moitos casos, unha das "súas primeiras veces"... neste caso en recibir unha carta ao seu nome co seu nome no sobre e cun selo dun país "estranxeiro" que seguro que gardarán como un gran recordo!!

Ampliamos horizontes e derribamos barreiras... toca seguir preparando o próximo proxecto!!!













4/12/24

Pontes de Letras, Fontes de Saber

"O camiño máis breve cara á ciencia é a atención e dilixencia en escoitar."Juan Luis Vives (1492-1540), humanista e filósofo español.

Asistimos á I Jornada Formativa de Intercambio Docente entre o noso centro e o Agrupamento de Escolas António Feijoó de Ponte de Lima.

Estas xornadas de traballo están englobadas dentro do Proxecto do "Abrazo/Abraço ao Rio Limia/Lima", que dende fai máis de dez anos teñen medrado dun xeito expoñencial e que con este tipo de encontros salta a outro nivel de cooperación.

Os Equipos das Bibliotecas Escolares do Agrupamento de Escolas António Feijó dalgunhas das súas escolas (EB1 de Ponte de Lima, EB do TrovelaEB da Feitosa e a Sede Principal do Agrupamento) compartiron co noso profesorado experiencias de formación a todos os niveis (alumnado, profesorado, familias e persoal non docente) abrindo novas posibilidades de levar a cabo esas experiencias no noso cole.

O agarimo, a familiaridade e o trato exquisito foron os sinais constantes  por parte dos nosos colegas portugueses ao longo de toda a xornada. Moitas grazas a todas e todos @s profesor@s, responsables, nais/pais, ... (non nomeamos a ningún porque non queremos esquecernos de ninguén!!!) de todos os centros que nos acolleron e trataron tan ben e por compartir con nós esas experiencias tan interesantes que, sen dúbida, tentaremos poñer moitas delas en práctica!

Esperamos estar á altura na vosa próxima visita á nosa escola en xaneiro! Ate já!!