24/2/16

Deseño de postais e intercambio

A AELG propuxo a elaboración e envío dunha postal cun deseño alusivo ao Día de Rosalía, e cun verso ou estrofa que actúe de estímulo creativo para que rapazas e rapaces realicen un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro. Fixemos  este traballo e procedemos a envialo ao Ceip Rosalía de Castro de Lugo como agasallo rosaliano. Como texto propúxose a seguinte estrofa de “Alborada”, tamén de Cantares gallegos:
      Canta, paxariño alegre,
      canta!
      Canta porque o millo medre,
      canta!
      Canta porque a luz te escoite,
      canta!
      Canta que fuxeu a noite.
No seguinte enlace unha mostra destes traballos. Os que o outro centro nos enviou a nós tamén o expoñeremos no noso centro.


Sesión de contacontos e maxia

No día de Rosalía para o alumnado de educación infantil contamos cun pai, Óscar Gómez Míguez, da nosa comunidade educativa que deixou abraiados a pequenos e grandes. Moitas grazas Óscar e moitas grazas a todas as nais e pais ( Laura, Alberto, Gil, María, Elisa, Mº Dolores, Cristina, Rosa Mª, Manuela, Cristina, Sandra, Mónica, Nuria, Youssef, Isabel...) que estades participando con este "Ti tamén contas"

24 de febreiro, día de Rosalía


http://axendaaelg.blogaliza.org/2016/02/16/mobiliza-rosalia/
Na biblioteca adicamos os tempos de recreo a ver documentais e proxeccións con motivo do día de Rosalía.
E tamén tivemos con nós á Lucía e ás familias que participan no programa de Educación Infantil Familiar na Limia promovido polo CDR O Viso. Neste seu enlace temos a Rosalía pequeniña https://www.facebook.com/permalink.php?story_fbid=983060615098371&id=925353627535737&notif_t=like

20/2/16

Entroido na Escola Básica de Ponte de Lima

As nosas amigas e amigos da Escola Básica nº 1 de Ponte de Lima, cos que celebramos todos os anos o ABRAÇO ao noso río Limia, celebraron tamén un gran desfile polas rúas da súa vila. Estas fotos tan chulas que nos enviaron ensínanos o ben que o pasaron e os disfraces tan chulos que fixeron.

Pronto estarán aquí con nós para compartir un par de días en Xinzo... Agardámol@s con moita impaciencia!!

Tedes toda a información sobre o desfile dos nos@s amig@s de Ponte de Lima neste enlace:

15/2/16

Exposición "Reservas da Biosfera" na Biblioteca


Esta exposición créase polo Grupo de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos”.
Pódese consultar máis información sobre este proceso en www.marinasbetanzos.org
As reservas da Biosfera decláranse pola UNESCO no marco do Programa MaB (Home e Biosfera).
A finais de 2012 había 563 reservas en 110 países.
Teñen por finalidade harmonizar a conservación do patrimonio natural e cultura, e o des sostible da súa poboación.
Nelas podemos atopar todos os ecosistemas e todas as culturas do planeta. 
En España existen 40 das que 5 están en Galicia (Río Eo, Oscos e Terras do Burón, Terras do Miño, Ancares Lucenses, Área de Allariz, e a reserva transfronteirizaGerês- Xurés).
As reservas son:
LUGARES onde se traballa polo mantemento da biodiversidade e da diversidade cultural
ÁREAS que buscan un desenvolvemento social e económico respectuoso co medio.
ZONAS que experimentan para conseguir un bo uso dos recursos naturais,culturais e sociais
SITIOS onde se fomenta a participación dos cidadáns, a formación e a educación.
Entre outros beneficios, a declaración dunha Reserva da Biosfera abre a oportunidade de :
- Situar ao territorio no mapa mundial.
- Dar prestixio ao territorio, ás súas empresas e aos seus produtos.
- Ampliación dos mercados para os produtos, a través das marcas de calidade.
- Recuperación das actividades económicas tradicionais.
- Incentivas e fortalecer as iniciativas ligados ao turismo sostible.
- Xerar oportunidade de capacitación e formación.
- Acadar apoio internacional, estatal e rexional para iniciativas e proxectos ligados ao desenvolvemento sostible e á conservación ambiental.
- Mellorar a conservación ambiental e a información sobre os recursos naturais.
Foto da actividadDescrición. 14 paneis.


  • Panel 1. Portada. Descargar
  • Panel 2. Rede Española de Reservas da Biosfera. Descargar
  • Panel 3. Que son?. Descargar
  • Panel 4. Estrutura e funcións. Descargar
  • Panel 5. Quen xestiona?. Descargar
  • Panel 6. Beneficios. Descargar
  • Panel 7. Auga... como protagonista. Descargar
  • Panel 8. Alta montaña... o teito da península. Descargar
  • Panel 9. Ambiente mediterráneo... de montaña. Descargar
  • Panel 10. Illas... xestión integrada. Descargar
  • Panel 11. Montaña cantábrica... tapiz verde. Descargar
  • Panel 12. Transfronteirizas... natureza sen fronteiras. Descargar
  • Panel 13. O Programa MaB da Unesco cumpre 40 anos. Descargar
  • Panel 14. Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

  • Estará na nosa biblioteca ata finais do mes de febreiro.
  • Exposición da "bolboreta Monarca" na Biblioteca

    Un dos fenómenos mais abraiantes que nos ofrece a natureza galega é unha visitante de alén do Atlántico:
    a bolboreta Monarca, que voa miles de quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e nos visita cada outono cun sixilo que non fai honra a semellante fazaña.
    A chegada a Galicia desta bolboreta, espertou unha interesante iniciativa por parte do seu descubridor, o lepidopterólogo galego Eliseo H. Fernández Vidal, para poder obter máis datos sobre o arribo desta especie ás nosas costas: a Operación Monarca.
    Foto da actividad
    Este proxecto ten como obxectivo que cada vez máis persoas coñezan esta bolboreta e poidan informar das súas observacións, co fin de ter un coñecemento máis profundo da súa presenza en Galicia. Ademáis, pretende que as persoas alleas á lepidopteroloxía se interesen polo coñecemento deste marabilloso mundo e a súa conservación.
    O CEIDA e a Deputación da Coruña produciron esta exposición.
    Características da exposición
    A exposición conta con cinco paneis explicativos sobre como identificar a especie, a súa bioloxía, as súas migracións,...
    Panel 1
    A monarca, un bo xinete que cabalga polo mundo
    Panel 2
    Case corenta anos para descubrir o lugar de invernada das monarcas da costa oeste norteamericana
    Panel 3
    Á monarca sáenlle imitadoras
    Panel 4
    A monarca: unha viaxeira incansable
    Panel 5
    A migración e a vida da monarca
    Enlaces ao dossier, tríptico e paneis: 
    1. http://www.ceida.org/files/exposicions/dossier-monarca.pdf 
    2. http://www.ceida.org/files/exposicions/operacion_monarca.pdf
    3. http://www.ceida.org/files/exposicions/paneis-monarca.pdf

    Ata finais do mes de febreiro estará na Biblioteca escolar

    Exposicións na nosa biblioteca


    Re-pensando as bibliotecas

    "En Egipto a las bibliotecas se las conocía como "El tesoro de los remedios del alma". En efecto, curábase en ellas de la ignorancia, la más peligrosa de las enfermedades y el origen de todas las demás”.
    Jackes Benigne Bossuet
    ¿Os imagináis algo tan surrealista y a la vez deseado como una biblioteca llena de niños disfrutando?
    No solo las historias dentro de los libros han de atraer. Creemos ambientes que capturen el interés de los niños y niñas; que en parte de su tiempo libre encuentren en los espacios donde viven los libros una ocupación que les haga sentirse felices. Todo lo demás vendrá solo (sí, incluida la comprensión lectora). César Bona

    13/2/16

    Desfile Infantil dos Centros Educativos da comarca da Limia 2016

    A pel de pito....!!! Máis de mil seiscentos nenas e nenos desfilando polas rúas da nosa vila.... e millares de persoas aplaudindo e dando todo o seu cariño ás rapazas e rapaces. Ao ver estas fotos, as lembranzas que temos é de satisfacción pola organización e participación da maioría dos centros educativos da comarca da Limia que estivemos alí... Moitas grazas, en especial a Pepe Alvar polas fotos, que son espectaculares.... e... A desfrutar!!!

    11/2/16

    " Non Penso Calar"

    3º e 4º de primaria no Auditorio, Botánico e no tren das termas

    A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) continúa coa súa proposta de espectáculos escénicos para escolares en Ourense coa obra de teatro musical Cousas de 4 da compañía Odaiko Percussion Group. O espectáculo combina instrumentos do mundo da percusión contemporánea con elementos de nova creación, moita improvisación e efecto sorpresa para lograr que os nenos e nenas o pasen en grande. E nós pasámolo moi ben. Despois os de 3º estivemos no Parque Botánico co José Manuel (outro limiao) que nos contou moitas cousas curiosas relacionadas co medio e sobre todo abraiamos coas plantas carnívoras... Os de 4º montamos no tren turístico das termas.

    4/2/16

    Hoxe as comadres e...

    Ultimando as cousiñas de mañá. Así que, convidámosvos a que mañá venres 5 de febreiro vos sumedes á festa porque, todo o alumnado que así o desexe, participará no desfile de Entroido acompañado polo profesorado do centro. O desfile sairá ás 11.00 co seguinte percorrido: CEIP Rosalía de Castro – Rúa Rosalía de Castro – Rúa Padre Feijoo - Avda. de Madrid – Avda. de Ourense – Rúa Marcelo Macías – CEIP Carlos Casares. Despois SI HABERÁ SERVIZO DE COMEDOR, E AS SAÍDAS DO CENTRO SERÁN COMO OUTRO DÍA CALQUERA.

    Comadres 2016 - Kizoa Movie Maker

    2/2/16

    2 de febreiro: Día mundial dos humidais

    Interesante post sobre o Día Mundial dos Humedais, que se celebra o 2 de febreiro, e no que temos información e actividades de interese:
     

    http://blogs.voznatura.es/blogmaestrovnat/blog/2016/01/28/humedais-para-o-noso-futuro/