22/6/17

Guía de campo (Río Limia)

 





Onte, xoves, o alumnado de cuarto de primaria pasamos media xornada polas beiras do río Limia. Acompañados por dous amigos e especialistas, Xosé Calleja (pai de Anxo) e Tomás García, paxareiro e biólogo (entre outras cousas) estivemos, coa súa axuda, curbrindo un caderno de campo que nos achegaron os de Ponte de Lima. (Centro educativo As Lagoas)
Dous apartados xerais: caracterización xeral do río e estudo do ecosistema acuático foron o noso cometido. Aínda que á sombra e ó lado do río a temperatura foi levadeira, máis que o calor que estamos soportando estes días impactáronnos moitos datos (dos que non somos realmente conscientes) e outros que facilmente poidemos constatar a partires dunha observación guiada.  Moitas grazas a tod@s, especialmente a Pepe e Tomás. 

19/6/17

O Batán, Niñodaguia, X. de Espadañedo, Maceda.

Este luns 19 de xuño o alumnado de cuarto de Primaria tivemos unha xornada ben apretada polas terras de Maceda e arredores. Primeiro estivemos na Olería de O Batán; na olería da familia Carrera Conde que abriu este espazo en homenaxe ao oleiro Manuel Carrera; avó dun dos alumnos (Pablo) e do que soubemos que durante unha etapa na que traballou na cerámica de Vallauris, na Costa Azul Francesa, coñeceu a Pablo Picasso e pode que intercambiara co pintor segredos de artesán oleiro.

Manuel morreu hai 30 anos e desde entón as portas do taller estiveron pechadas e agora a súa viuva e os seus fillos, con Xosé Manuel á fronte, recuperáronno, co obxectivo da dar a coñecer a ensinar este oficio a quen poida estar interesado. "O meu pai comezou a traballar na olería de solteiro, a mediados do século pasado", conta Xosé Manuel. "Cando se casou, emigrou a Francia, á cerámica de Vallauris, na Costa Azul, onde chegou a coñecer a Pablo Picasso, e voltou ó Batán haberá uns 50 anos, para reabrir a olería". O padre Silva convenceuno pouco despois para ir á alfarería de Benposta, onde estivo sete anos e na que chegaron a traballar cinco persoas e ó remate desta etapa volveu a Olería do Batán, o último taller de Maceda e na que estivo ata a súa morte, hai trinta anos.(LA Región 9 de abril de 2017)

Moitísimas grazas a esta familia que nos acolleu e nos preparou un anaco da xornada na que ademais de traballar neste "emblemático" espazo nos levou a visitar un fermosísimo cruceiro a Tioira, ver a capela de San Roque e agasallarnos cunha peza para cada crianza e profesorado... ademais dunhas sabrosísimas galletas. Grazas José Manuel, Jesús, Guillermina, María José...

Despois estivemos con Paula e Patricia no Museo de Olería de Niñodaguia e visitamos os fornos; a continuación gozamos dunha sesión con Eugenia no Mosteiro de Santa María (en Xunqueira de Espadañedo). Máis tarde do previsto volvemos para xantar en Maceda, a carón do río e das piscinas. E aquí veu o noso momento negro do día porque estabamos con idea de darnos un baño e comezaron a caer unha pingas... Así que demos un paseo (con Sara e Sarela de guías) ata un muíño restaurado para inmediatamente subirmos a unha das naves da escola de ciclismo J.A. Hermida para coas bicis que levamos no autobús e cos magníficos mestres (Xulio, Sarela, e outros alumnos da escola) darmos unha voltas. Tivemos que marchar porque nos estaban esperando no castelo - o Sr. alcalde e un concelleiro- para facer un pequeno percorrido por aquelas alturas e aprendermos máis cousas; de Alfonso X O Sabio e mesmo de Napoleón. 

Si, quedounos pendente un baño nas piscinas... Con todo, unha excelente xornada: grazas a tod@s os que a fixeron posible. Moitísimas grazas!!!
  

14/6/17

Viaxando e... Lendo. Un xuño bulideiro.


E segue xuño cargado de actividades. Saídas pola comarca (Pobo escola: Lodoselo), nas provincias de Ourense (San Cibrao de Las), Lugo (Monforte de Lemos) e A Coruña (Arteixo), por Asturias e Cantabria... E con máis pais e nais participando en "Ti tamén contas"; que nos animan a ler e comparten con nós, na biblioteca, algunhas lecturas. Moitas grazas! Si, tamén en xuño cos exames da terceira e última avaliación... E xa preparando o festival de fin de curso!
https://www.youtube.com/watch?v=ptMs62Ador8&sns=fb

Día Nacional das Linguas de Signos



Vídeo Elaborado por a ONU, Grupo de Intérpretes de Lengua de Signos e Mediadores comunicativos que traballan en Centros Educativos de Galicia. O obxectivo é festexar O Dia NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS (14 de Xuño) e amosar unha presenza normalizada da LSE no ámbito educativo, en todos os niveis. Nel PARTICIPAN alumnado xordo e ouvinte, profesorado, intérpretes e Mediadores comunicativos. 

https://www.youtube.com/watch?v=hYnLYg2Ybkk

https://www.youtube.com/watch?v=A05OuF8mchA


9/6/17

Abrazo ao río Limia

 O pasado martes, 6 de xuño, tivemos con nós aos nosos amig@s de Ponte de Lima; Despois da acollida na praza Carlos Casares estivemos na Casa de Cultura e no río onde nos demos un "Abrazo" simbólico; rematamos a mañá dando un pequeno paseo pola beira ó son do canto das ras. 
Pola tarde despois de xantar e amosarlle o Museo do Entroido, visitamos no monte Talariño (Paradiña, Sarreaus) o nacemento do río que nos une e visitamos o Festival Internacional de Xardíns en Allariz.
As fotos son de Amandio. Moitas grazas a el e a tod@s os que fan posible esta entrañable actividade. 







RIO LIMIA

Dende hai anos, o alumnado do IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia, fan dentro dun programa de educación ambiental “PROXECTO RÍOS”,  desde os departamentos de bioloxía e física e química, o estudo da situación do río Limia ao seu paso pola nosa localidade, tanto en outono como na primavera.
Sempre lles gustaría sinalar e estar orgullosos de que o noso río está entre os máis saudables de Galicia. Pero ano tras ano, os datos son tozudos; e vannos sinalando o contrario. Non melloramos, seguimos a maltratalo.
Fan estudos sinxelos, pero moi representativos; dinnos como están as súas beiras, o estado da súa vexetación, os pequenos macroinvertebrados que indican a calidade das súas augas, o lixo que atopan neles, que animais viven nel; fan análises sinxelos da súa química, etc. etc.  E cada ano encontran que imos pouco a pouco empeorando.
Cando van no mes de outubro xa saben –por outros anos- que non van atopar auga; o nivel freático baixa tanto por todo o que se lle quita, que, poden camiñar sobre o seu leito e ir, de poza en poza, para ver o que queda; as plantas acuáticas, que axudan a limpalo, están secas; o seu bosque de ribeira vai perdendo os mellores exemplares de amieiros, que debilitados, son presa dos fungos e van a menos. Atópanse moitos entullos aquí e acolá. É unha mágoa ver o río nesta época do ano. Ata que non cheguen as chuvias do inverno…-E neste último ano non foi ata decembro-, non volvemos ver auga no seu cauce.
Na primavera venno millor: xa leva auga, aínda que este ano foi escasa. Explota a vexetación, vense animais: o pato azulón coas súas crías, algún niño de mergullón pequeño e pitas de agua; non moito máis. Pero cando miran qué macroinvertebrados hai nas súas augas, están aqueles que soportan medios máis contaminados: a crúa realidade; e por riba este ano, a vexetación herbácea foi queimada por herbicidas, por?... Non temos explicación.
Moitos problemas ten a Limia coas súas augas, moito verquido que polas condicións destas terras van chegar ata o río; augas que dende aquí, van discurrindo ata chegar a Portugal: Pedímosvos desculpas.
 E, a ver se conseguimos, entre tod@s, que o río volva a ser o Limia sobre o que lemos, sexa  en Carlos Casares ou Antón Riveiro Coello, por exemplo, o espazo onde as persoas poidamos ir bañarnos, refrescarnos… en augas limpas.   
                                                                  Este foi o texto que lemos no río e que nos preparou o noso amigo Tomás García, o día 5 de xuño de 2017, Día Mundial do Medio Ambiente

5/6/17

Conectar ás persoas coa natureza


Este é o lema do día de hoxe, 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente. Anímanos a que gocemos ao aire libre e que nos perdamos na natureza para apreciar a súa beleza; reflexionar que somos parte integrante da mesma e o moito que dependemos dela.

O país anfitrión do Día Mundial do Medio Ambiente, onde teñen lugar as celebracións oficiais, varía anualmente. Este ano é Canadá.  


4/6/17

Participamos na festa de Voz Natura: 20 anos!

O sábado 3 de xuño acudimos 49 persoas a Acea de Lama, O Burgo - Culleredo (A Coruña) para participarmos na festa fin de curso do programa medioambiental Voz Natura. 
 Como outros anos o grupo que viaxou estaba formado polo alumnado máis lector do Ceip; un dos premios para estes aventureiros que conseguiron o pasaporte lector despois de ter superado ó longo do curso os retos lectores que o Equipo Dinamizdor da BE planeou.
Tamén paticipamos o alumnado de 4º cos seus titores. Gozamos dun día espectacular no metereolóxico e cheo de actividades (atraccións, obradoiros, etc. e máis retos para conseguir os carnés de axentes de Voz Natura). 
E xa vedes como acabaron de rendid@s algúns no autobús á volta. Parabéns a tod@s !!!

O alumnado de ciclo medio con sesións tecnolóxicas


O pasado venres, 2 de xuño, o alumnado de 3º e 4º de primaria tivemos dúas sesións nas que contamos con Cristina para aprendermos tecnoloxía. Os códigos QR, modelos 3D, realidade virtual (face-las gafas), scratch, arduino, etc. vai formando parte do noso vocabulario.
Na procura de fomentar o pensamento diverxente, de termos presente a fase dos soños, a crítica e a realista a nosa invitada este día alentounos a termos na aula o recuncho do soñador. Grazas Cristina. Iremos visitarte á Molinera. 




3/6/17

Os Danzantes de Lamas aprendéndonos o seu saúdo ó sol

O pasado xoves, día 1 de xuño, o alumnado de 4º A tivemos na aula uns mestres moi especiais. José Vidal Moreiras (un dos artífices da recuperación desta tradición - a medio camiño entre a danza procesional e o ritual de orixe pagano- hai 36 anos), Pilar Blanco Salgado e un mozo, Jorge Joga Cid, apaixoado por manter viva esta danza ancestral; así que no noso Ceip imos ver se facemos este traballo de canteira. 
Ademais de explicarnos e representar a danza en honor á Santa Cruz, a súa recuperación, etc. viñeron coas vestimentas para contarnos a importancia de ir debidamente ataviados coas coroas de flores na cabeza (en alusión á chegada do sol primaveral), a falda encarnada sobre camisa e calzón branco, con calcetíns e zapatos negros.
E xa fomos probando cos dous paus que facemos soar chocando entre si e tamén xirando arredor doutro máis grande sobre o que habemos de ir trenzando as cintas, unhas encarnadas e outras azuis. Rendindo tributo ó mesmo tempo á Nai Natureza e á Nai de Deus.
Moitísimas grazas por vir, por transmitir con tanto entusiasmo esta tradición. Grazas tamén á Alberto Martínez Morales por posibilitarnos os materias cos que contan en Lamas, polos que estamos a facer outros, -para termos no Centro- e posibiltar que a nosa comunidade educativa teña presente o noso entorno, a súas raíces.