30/9/16
Sesións de benvida ó alumnado de 1º de primaria
26/9/16
Día Europeo das Linguas
Unha conmemoración que organizan, conxuntamente, o Consello de Europa e
a Unión Europea dende o ano 2001 cos obxectivos de celebrar a
diversidade lingüística no territorio comunitario e de promover a
aprendizaxe de linguas entre a cidadanía europea.
Celebramos neste día, como cada 26 de setembro, a importancia e mais a
necesidade de preservar e fomentar a rica diversidade cultural e
lingüística de Europa, así como de incrementar o grao de entendemento
intercultural e lingüístico a través do impulso da aprendizaxe de
linguas.
Neste sentido, non se deben pasar por alto datos como que en
todo o continente europeo existen arredor de 200 linguas nativas, que a
Unión Europea é a institución do mundo máis plurilingüe ao recoñecer 24
linguas oficiais (ás que cómpre sumar arredor de 60 linguas denominadas
rexionais ou minoritarias) ou que se falan no seu territorio algo máis
de 100 linguas procedentes doutros continentes do mundo que usan a
diario persoas inmigrantes.
Facemos presente que unha das transformacións á que
aspiramos consiste en lograr que a lingua que foi o código de expresión
das persoas que habitaron Galicia durante os mil últimos anos estea en
condicións de seguilo a ser durante os mil anos futuros como vehículo de
comunicación útil e dinámico.
19/9/16
Semana da Mobilidade. 19-23 de setembro
A Semana Europea da Movilidade 2016 quere facernos reconsiderar a maneira na que facemos os nosos desprazamientos.
A campaña sobre promoción da mobilidade urbana sostible e
intelixente, SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE, supón unha oportunidade
perfecta para explicar os retos que afrontan as ciudades e os pobos
para promover un cambio no comportamento e camiñar cara unha
estratexia de transporte máis sostible.
E ti, anímaste a facer algo? Velaquí algúns enlaces sobre isto.
Semana Europea de la Mobilidad
Semana da Mobilidade. Pontevedra
Semana da Mobiblidade. Seguridade vial e ruta en bici: Carballo
Semana da mobilidade. Burela
Semana da Mobilidade. Plans en Madrid
16/9/16
A lectura, unha chave de futuro
Recomendamos a guía dixital A lectura, unha chave de futuro, porque nos pode dar boas ideas para tratar a lectura coas familias e para deseñar orientacións para a lectura en familia desde a biblioteca escolar.
É un proxecto de Letra en Obras, o portal educativo Botóns e da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Cultura.
É un proxecto de Letra en Obras, o portal educativo Botóns e da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Cultura.
O recurso está dividido en dez apartados nos que se describe a importancia do hábito lector para o futuro dos nenos e das nenas, os primeiros pasos na animación á lectura, o tipo de libros máis axeitados para cada idade, regras básicas para a lectura en familia,a lectura no mundo dixital, o papel das librarías e bibliotecas, tamén a escolar, como espazos comúns de lectura. Propón asimesmo algunhas actividades para facer na casa en torno aos libros.
Complétase o recurso co apartado Compartindo experiencias onde persoas destacadas do mundo da literatura, do ensino, das bibliotecas e librarías e de diferentes asociacións contan a súa experiencia e dan algunhas claves para a animación á lectura.
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura el 9/09/2016 08:26:00 a. m.
14/9/16
Roald Dahl: Centenario do seu nacemento
(Llandaff, Cardiff, Gales, 13 de setembro de 1916 - Oxford, Inglaterra, 23 de novembro de 1990) foi un novelista e autor de contos británico de ascendencia noruega; famoso escritor para nenos e adultos. Entre os seus libros máis populares están Charlie y la fábrica de chocolate, James y el melocotón gigante, Matilda, El gran gigante bonachón, Las brujas y Relatos de lo inesperado. Algúns dos que se converteron en películas: Matilda, Fantastic Mr. Fox, Charlie and the Chocolate Factory, James and the Giant Peach.
http://www.biografiasyvidas.com/biografia/d/dahl_roald.htm
https://www.youtube.com/watch?v=0_O--92SCE8 Los tres cerditos y el lobo - Cuentos infantiles en verso- Roald Dahl
Las Brujas. Roald Dahl
Se aínda non o descubriches... Estás a tempo
13/9/16
BENVID@S. Curso 2016/17
"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido
para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017 con destino ás
bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.
A imaxe creada por Minia Regos
garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo
de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante
que é toda biblioteca escolar.
Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible
integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de
acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación
científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da
exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa
parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as
bibliotecas. Cómpre agora facer visible esa parte do coñecemento humano
que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida
na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades
programadas anualmente con esta temática.
Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a
explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese
por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo a
experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a
arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).
Convidámosvos a descubrir o último vídeo de Agustín Fernández Paz para as Bibliotecas Escolares dentro deste cartel a través da aplicación Aurasma de Realidade Aumentada.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)