10/11/24

O pasadizo do terror!

"Ás veces perdes unha batalla. Pero as travesuras sempre gañan a guerra." John Green,  escritor estadounidense.

As mestras de Educación Infantil prepararon unha chea de actividades para conmemorar o Samaín co seu alumnado. Disfraces, merendas especiais, ... e ata un pasadizo do terror cheo de probas e actividades por superar. Todo un acerto!! O noso alumnado gozou con todas elas e este pequeno vídeo e boa mostra diso!!!

6/11/24

Samaín en cinco anos

"Ser neno é vivir entre soños e xogos, sen saber onde rematan uns e empezan outros." Autor descoñecido.

Esta pasada semana quixemos que nenas e nenos fosen os protagonistas dunhas actividades moi especiais. Comezamos o luns, cos ollos brillantes de emoción e as mans ben arremangadas, vaciando cabazas, entre risas e algún que outro berro de sorpresa ao tocar a viscosa masa interior.

O martes foi hora de meter as mans na masa, literalmente, xa que xuntos creamos unhas masas de cores ao gusto de cada quen.

E chegou o gran día de Samaín. Ataviados coas nosas galas máis aterradoras participamos nun circuíto terrorífico con moita diversión e momentos para recordar.