Mostrando entradas con la etiqueta paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta paz. Mostrar todas las entradas

30/1/24

Pecha os ollos ... Pensa na Paz!

"Non hai camiño para a paz; a paz é o camiño". - Mahatma Ghandi -

O 30 de xaneiro celébrase este día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz.

A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro. No Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

Nese día celébrase o aniversario da morte do Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas. (https://www.unicef.es/educa/dias-mundiales/dia-escolar-no-violencia-paz)

Este ano no noso cole quixemos pechar os ollos e plasmar a primeira palabra, debuxo, frase, ... que se nos viñera á cabeza ao escoitar o termo PAZ.

Con todas elas fixemos un fermosísimo mural que estes días podedes ver na entrada das aulas de Educación Infantil. 

Non quixemos rematar doutro xeito que cantar a pulmón cheo que somos nenas e nenos que respectamos aos que temos preto e que fundimos os rancores que se quedan dentro... Para seguir crecendo!!

31/1/14

Celebramos o día escolar da paz e a non violencia

    Ademais do traballo feito en cada aula nestes días, con motivo da conmemoración do día escolar da paz e a non violencia, o día 30 fixemos no patio un acto todo o alumnado e profesorado do Centro. A partires dunha actividade para conformar grupos onde estiveramos mesturados (grupos con alumnado de todos os cursos), fixemos un xogo de descuberta (cada grupo tiña que ir á procura dun "tesouro" agochado en calquera recinto do recinto escolar).
   Despois no ximnasio escoitamos un recitado de poesías -que nos prepararan o alumnado de 6º de primaria- e tod@s cantamos a canción que tiñamos preparada: SEGUIREMOS. 
  

13/1/14

Día Escolar pola Paz




O vindeiro 30 de Xaneiro, nesta ocasión, xoves, conmemoraremos, un ano máis, no colexio, o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA, no 66 Aniversario da morte de Mahatma Gandhi, unha personalidade aínda moi descoñecida para a maioría da poboación occidental, particularmente, as bases fundamentais do seu pensamento e da súa vida política e persoal.


23/1/13

30 DE XANEIRO, DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

Aquí tendes a ligazón coa páxina do Seminario Galego de Educación para a PAZ con recursos e información para celebrar o 30 de Xaneiro. No noso cole cantaremos este ano a canción de Rosario "No dudaría" e colaboraremos tod@s na elaboración do conto "Chámome Paz".


17/1/12

Recursos para celebrar o día da PAZ e a non violencia

Premendo sobre a imaxe da pomba que tes a continuación poderás acceder a unha chea de recursos para traballar o día da PAZ e a non violencia.

16/1/12

"Mensajes del agua" (Macaco) con letra

Se queredes practicar a letra da canción, deixámosvos esta versión: 


CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ

Aquí tendes a canción que imos cantar o día da PAZ no noso cole. Botade unha ollada! 



13/1/12

XOGO DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 
Nesta aplicación poderedes atopar información relacionada coa non violencia e a paz, con personaxes importantes, premios Nobel, letras de cancións, poemas, un cuaderno para traballar no aula, enlaces de interese...

PREMIOS NOBEL DA PAZ

PREMIOS NOBEL DA PAZ
Dende o IES de Curtis nos chega esta presentación sobre os premios Nobel da PAZ.


View more presentations or Upload your own.



10/1/12

MÁIS SOBRE A PAZ


  O Seminario Galego de Educación para a Paz promove, nos colexios e institutos de Galicia, a celebración, nas aulas e nos centros, do DÍA ESCOLAR POLA PAZ no vindeiro 30 de Xaneiro, luns, data na que se cumpre o 64 Aniversario da morte violenta de Mahatma Gandhi, unha das referencias mundiais do pacifismo contemporáneo. Se premedes na imaxe de arriba atoparedes unha chea de recursos.