
20/12/21
Con todos os nosos mellores desexos !!!
Despois deste comezo de curso tan complicado cheo de dúbidas e de inquedanzas e despois de sufrir unha grandísima perda dentro do noso claustro de profesorado, somos quen de levantar o noso ánimo e desexarvos todo o mellor para estes días de reunións familiares e recordo para aquelas persoas que, desgrazadamente, xa non poden sentarse á nosa mesa.
Moita precaución, moito sentidiño ... pero celebrar!!! Que nestas épocas é o que toca !!!
22/12/20
Boas Festas! (e a desfrutalas con responsabilidade)
Rematamos o primeiro trimestre deste curso tan especial. Ninguén podería ter asegurado que iamos ter uns primeros catro meses de curso tan "normais" como ao final así foron. As medidas de seguridade e distanciamento social tomadas e interiorizadas por tod@s @s que conformamos a comunidade educativa veñen de amosar uns resultados mellores dos que nun principio se podían prever. O papel fundamental do profesorado, concienciando ao seu alumnado do que realmente debiamos facer tod@s para minimizar o impacto desta pandemia e o comportamento extraordinario de todo o noso alumnado (dende os 3 ata os doce anos) fixo que o número de contaxios internos no centro fóra cero, e os poucos producidos fóra do entorno escolar, non tiveran ningún impacto entre o resto de compañeir@s c@s que compartían aula, patio, comedor, ...
Por esta razón e chegado este momento de parón, queremos recoñecer os esforzos levados a cabo por todo o persoal docente e non docente en cumprir e facer cumprir todos os protocolos establecidos no centro para manter á raia este maldito virus, pero sobre todo AGRADECER (con letras maiúsculas) o extraordinario comportamento de todo o noso alumnado (coa colaboración indispensable de todas as familias que conforman a nosa comunidade educativa) amosando un compromiso exemplar en todas e cada unha das situacións tan distintas e estranas que este principio de curso nos ten feito vivir. De corazón... MOITAS GRAZAS!
Desconectade, disfrutade destas datas (pero coa mesma responsabilidade que tedes tido no cole) ... e vémonos o 11 de xaneiro!
21/12/20
Felicitando as festas ás nosas persoas maiores...
Hoxe foi unha mañá chea de fortes emocións. O alumnado de quinto de Ed. Infantil foi a felicitar estas festas ás nosas tan queridas persoas maiores da Residencia de Maiores "Santa Mariña" e do Centro de Día do noso concello. Debido á situación actual este encontro tívose que producir con certa distancia e temos que resaltar o comportamento exemplar de todas as persoas que nesta actividade participaron. Pais, nais, usuarios e traballadores de ambos centro e, por suposto, o noso alumnado, respectaron escrupulosamente todas as medidas de distancia social e fixeron desta mañá un momento de encontro entre xeracións moi emotivo e cargado de fortes sentimentos.
Aproveitaron tamén para achegarse a felicitar estas datas ao membros do acuartelamiento da Garda Civil da nosa vila, que recibiron encantad@s esta visita.
A estes tres colectivos faranlles chegar en breves datas as postais de felicitación en formato dixital nas que durante estes derradeiros días estiveron traballando e que por motivos de seguridade sanitaria non lles puideron entregar en man.
Como ben figura na entrada da Residencia de Maiores "Santa Mariña", "Ganaremos esta batalla" e nos vindeiros anos seguro que xa poderemos voltar a ver como as distintas xeracións da nosa sociedade fúndese nunha grande aperta de cariño e respeito! Boas Festas para tod@s!!
VIII Concurso Tarxetas de Nadal
Hoxe entregamos o premio ao gañador deste VIII Concurso de Tarxetas de Nadal a Hugo Rodríguez Rodríguez de 5ºB. Mañá, martes 22 de decembro, todas as familias da nosa Comunidade Educativa recibirán esta felicitación de parte de todo o persoal docente e non docente do noso centro. Moitos parabéns para tod@s @s participantes e, en especial, para o traballo gañador!
18/12/20
Recomendacións lectoras (e non lectoras) para este Nadal. Boletín da Biblioteca nº 13
Queridos nenas e nenos!
Dende o equipo da Biblioteca ademáis de desexarvos unhas FELICES FESTAS deixámosvos o Boletín de recomendacións de libros para todas as idades, por si vos poden axudar nos encargos navideños.
Aquí quedan tamén algunas suxerencias para estes días de lecer.
Música
O apalpador, de Brinca Vai
https://www.youtube.com/watch?v=qZPsO5m_Tns&t=81s
O apalpador de Mamá Cabra,
en LSE
https://www.youtube.com/watch?v=xkP4uxhqZb4
CD "Xa me tardan estes magos", de Mamá Cabra
Recopilatorio de canción de nadal de estilos moi diferentes
https://view.genial.ly/5fd7c94ae7f0ee0d6b6930a5/presentation-nadal-de-musica
Manualidades
https://www.pequeocio.com/manualidades-navidad-para-ninos/
http://www.mundoderukkia.com/2017/12/100-manualidades-navidad-ninos.html
Películas
- Milagro en la ciudad
- Cuento de Navidad de Mickey
- El Grinch
- Pesadilla antes de Navidad
- Rudolph, el reno de Navidad
- Mr. Magorium e a súa tenda máxica
- Muchas gracias, Mr. Scrooge
- Navidad, ¿bien o en familia?
- Estaré en casa para Navidad
- Arthur Christmas
- Un vecino con pocas luces
- Polar express
- ¡Vaya Santa Claus!
- Una navidad de locos
- Gremlins
- El Origen de los Guardianes
- Elf
- Nico, El Reno
- Eduardo Manostijeras
- Los Teleñecos en Cuentos de Navidad
- La Navidad de Charlie Brown
19/12/19
Concurso tarxetas de Nadal
Fomos buscando o aguinaldo!!
18/12/19
Preparando as panxoliñas para saír a pedir o aguinaldo
17/12/19
Visitáronnos as súas Maxestades de Oriente....
22/12/18
Nadal, panxoliñas, cine, aguinaldo...
19/12/18
21/12/17
Boas festas e un venturoso 2018!
O claustro do profesorado e o persoal non docente do CEIP ROSALÍA DE CASTRO queremos desexarvos Boas Festas e un venturoso 2018



























