24/4/21

Conmemoramos o Día do Libro co clásico entre os clásicos!!

Día 23 de abril do 2021... Un dos días máis importantes no noso centro... Outros anos, Día do Apadriñamento Lector... Este ano, respectando as condicións sanitarias non foi posible celebrar esa gran xornada de lectura entre iguais... Pero para substuituílo ... nada mellor que recrear a lectura continuada do Quijote que cada ano (e esta é a vixésima edición) organiza o Ministerio de Cultura no Círculo de Bellas Artes de Madrid

Unha mañá distinta onde o noso alumnado disfrutou descubrindo e lendo o gran título "clásico entre os clásicos" da nosa literatura española. Non deixedes de ver o vídeo ata o final... que seguro que atopades unha sorpresa que a algún e a alguna de nós vainos levar ata os nosos anos da infancia... 


23/4/21

Día do Libro !

 Nesta data conmemoramos o Día do Libro, e con iso queremos poñer de manifesto a importancia que teñen estos documentos na nosa sociedade, tanto como difusor de información como creador de imaxinación.


Os libros sempre estiveron presentes ao longo da historia, e o precer pola lectura foi algo que perdurou a través de ela, non obstante o estilo de vida actual e tódolos cambios producidos tanto a nivel tecnolóxico como laboral, fixeron que cada vez haxa un menor número de lectores, ou ben por descoñecemento ou ben por falta de tempo. Non obstante o período de cuarentena que por mágoa tivemos que pasar por mor da COVID-19, fixo que moita xente se atopara de novo co pracer da lectura e retomara este gran hábito, así como moitos outros o coñeceran converténdose e novos e asiduos lectores.


Pois ben, para recoñecer e fomentar a importancia da lectura e defender os dereitos de autor decídese instaurar o Día do Libro, o cal se celebra en España dende 1926 (proposición que xorde en Cataluña) aínda que esos primeiros anos se celebraba o 7 de outubro en memoria ao nacementos de Miguel de Cervantes, en 1930 decidíuse cambiar esa data e instaurala no 23 de abril (data na que tamén se celebraba en Cataluña San Jordi, onde había a tradición de intercambiar unha flor e un libro cunha persoa querida como mostra de afecto) facéndoa coincidir así esa data coa morte do mesmo Miguel de Cervantes Saavedra así como a de outros ilustres escritores como William Shakespeare, Inca Garcilaso de la Vega... Finalmente en 1995 a UNESCO aprobou a proposta de celebración do Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor (nome completo da conmemoración) como festa mundial cada 23 de abril.





14/4/21

E naceron os primeiros poliños!!!

Despois de 21 días na nosa incubadora e baixo a atenta supervisión do profe Toño.... xa están aquí os primeiros poliños nados neste anos 2021. Ao longo destes días seguirán nacendo máis poladas das que fomos preparando estes datas.... A expectación e a sorpresa entre o noso alumnado é máxima. Outros aprendizaxes en contacto coa propia observación e experimentación!!








8/4/21

Comezamos un novo proxecto: "Me gusta mi río, enséñame a cuidarlo"

Hoxe, o alumnado de sexto de Educación Primaria participou na xornada de presentación deste proxecto hidrolóxico impulsado pola Confederación Hidrogáfica do Miño-Sil, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica do Goberno de España.

Neste proxecto a CHMS pretende fomentar a educación e a sensibilización ambiental da poboación, desde a infancia, a través de charlas informativas e visitas de campo nas distintas estacións do ano nas que se potenciará o valor dos ríos e a importancia de a protección e conservación de os ecosistemas fluviais que sustentan.

As próximas xornadas en abril, maio e xuño, o noso alumnado visitará unha zona da conca do noso río Limia onde farán talleres prácticos onde se porá en valor a importancia do coidado dos nosos ríos e toda a variedade de flora e fauna que eles soportan. Sen dúbida, vai ser unha experiencia didáctica única!