29/10/15
SAMHAIM, o ano novo celta e o antecedente do Halloween
Unha pequena mostra dos traballos que, con motivo do Samaín, se realizaron pola comunidade educativa do noso Centro. Parabéns polo traballo e a gozar das festas!!!
27/10/15
Manual ecolóxico para agricultor@s inquedos
Compartimos esta xoia que nos achegou o Blog Maestro de Voz Natura. É un ” Manual ecológico para agricultores inquietos“, editado polo Colexio Público José de Escandón e a AMPA do centro e financiado pola Consejería de Medio Ambiente de Cantabria.
O libro é un manual para os mestres que recolle a programación, contidos e actividades ao longo do curso escolar arredor do horto escolar e desde unha perspectiva de agricultura ecolóxica. A calidade dos materiais parécennos excelente.
26/10/15
No Samaín traballamos este sentimento
O medo
Cando o corvo da noite se pousaba
nas derradeitas luces do solpor,
os meus ollos de neno
enchíanse de bágoas e de lóstregos.
nas derradeitas luces do solpor,
os meus ollos de neno
enchíanse de bágoas e de lóstregos.
O vento que fungaba nas vereas
era un home langrán envolto en brétema
cun fol ó lombo pra levar meniños.
era un home langrán envolto en brétema
cun fol ó lombo pra levar meniños.
Os albres semellaban
pantasmas de cabalos desbocados
agallopando os eidos.
pantasmas de cabalos desbocados
agallopando os eidos.
Un medo que me viña das
raíces do mundo
tremíame no sangue.
raíces do mundo
tremíame no sangue.
Pasaba o xornaleiro asubiando
con dous luceiros prendidos na eixada,
i eu tiña medo.
con dous luceiros prendidos na eixada,
i eu tiña medo.
Pasaba o cazador
con bafexantes cans
arrecendendo a toxos e carqueixas
i eu tiña medo.
con bafexantes cans
arrecendendo a toxos e carqueixas
i eu tiña medo.
Pasaban de ruada os fortes mozos
que voltaran da guerra tan contentes,
i eu tiña medo.
que voltaran da guerra tan contentes,
i eu tiña medo.
Ao pasar ó meu lado e verme os ollos,
alporizados, pasmos, decíanme:
“Non teñas medo”,
i eu tiña medo
alporizados, pasmos, decíanme:
“Non teñas medo”,
i eu tiña medo
Soio cando chegaba ós meus ouvidos
a doce voz de mel da miña vella,
xa non tiña medo.
a doce voz de mel da miña vella,
xa non tiña medo.
Agora non comprendo
como aquil ser cativo,
aquela vella nena tan endébel,
(nos eus ollos azures
había luces de amenceres novos)
podía escorrentar tan grande medo.
O soño sulagado, Celso Emilio Ferreiro
como aquil ser cativo,
aquela vella nena tan endébel,
(nos eus ollos azures
había luces de amenceres novos)
podía escorrentar tan grande medo.
O soño sulagado, Celso Emilio Ferreiro
23/10/15
O monte é vida
Estamos acabando de preparar o espazo para poñer esta exposición da Sociedade Galega de Historia Natural... Así que mirade os días, horarios e pasade a vela cando poidades. As clases xa teñen asignada unhas horas cada semana para a biblioteca; nas horas dos recreos tamén está aberta e o resto da comunidade educativa ten a posibilidade de vir polas tardes de 15.15 a 17h.
16/10/15
"Abraço ao Rio Lima" Poemas
quinta-feira, 15 de outubro de 2015
RIO LIMA
Em Xinzo do Limia nasce
Um rio sem igual
É o rio mais lindo
Que passa em Portugal!
A vila de Ponte de Lima
É a mais bela de Portugal
Nela corre o rio Lima
Como ele não há igual!
Hoje vou ao rio Lima
Vou nele nadar
Na sua água cristalina
Me vou refrescar.
5/10/15
"TI, TAMÉN CONTAS"
A/A Nais, Pais e Titor@s do alumnado do Centro.
En breve recibiredes da man dos vosos fill@s a seguinte comunicación.
NOTA INFORMATIVA
Dentro do proxecto de animación á
lectura gustaríanos contar coa colaboración das familias, de toda a comunidade
educativa; por iso propoñémosche participar na seguinte actividade:
“Ti,
tamén contas”
Consiste en que o adulto que o desexe (pai, nai,
avó, avoa, madriña, padriño, ti@…) veña á biblioteca durante o horario escolar
para lerlle ou contarlle un conto a un grupo de nenos e nenas.
Os/as interesados/as deben
enviar ó centro a nota adxunta cuberta e
xa nos poñemos en contacto. Moitas grazas.
Atentamente
O Equipo Dinamizador da Biblioteca
D/Dna………………………………………………………………………………………………gustaríame
participar como contacontos na
actividade: “Ti tamén contas”.
Día ou días da semana que prefire
…………………………………………………
Hora na que podería vir
……………………………………..
Teléfono de contacto …………………………….
Así que ídevos animando e participade. Moitas grazas.
3/10/15
Canto sabes sobre os solos?
Avalía o teu coñecemento sobre os solos no seu Ano Internacional
E clasifica o solo do entorno que nos rodea para comprender a importancia deste elemento fundamental dos ecosistemas.
2/10/15
VI Abraço ao Rio Lima
http://centroeducativolagoas.blogspot.com.es/2015/10/centro-educativo-das-lagoas-vi-abraco.html
https://picasaweb.google.com/106818484823898616048/CentroEducativoDasLagoas02#5939530282079263394
Suscribirse a:
Entradas (Atom)