26/3/23

Ciencia e cultura ... Que máis podemos pedir!

O pasado xoves 23  de marzo o alumnado de sexto de EP visitou no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela a quinta edición do Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova Galicia 2023.

FP Innova Galicia 2023 é unha magnífica ocasión para coñecer máis de cerca as posibilidades da formación profesional. O noso alumnado experimentou en primeira persoa coas novas tecnoloxías a través da visualización dos proxectos de innovación desenvolvidos nos centros e da participación nos obradoiros que se organizaron sobre hidróxeno verde, ciberseguridade, biotecnoloxía, robótica aplicada, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada, aplicacións móbiles ou impresión dixital, entre outros.

Tamén se mostraron experiencias innovadoras desenvolvidas nos centros a través de proxectos emprendedores, visualizando as miniempresas creadas por alumnado e profesorado de diferentes niveis educativos e outros programas dentro do Plan Eduemprende.

Foi unha mañá chea de aprendizaxes onde puidemos facer distintas experiencias titorizadas polos profesores dos distintos CIFP que alí presentaban as súas dinámicas de traballo.

Aproveitamos o día para tomar un cafeciño … (ía moito frío e choveu a cachón …) e visitamos a Casa de Rosalía, “alma mater” do noso cole. Aprendemos unha chea de cousas sobre a vida e obra da nosa autora de referencia e vimos de primeira man a casa e os aveños que empregou nos seus últimos anos de vida.



No hay comentarios:

Publicar un comentario