31/10/20

Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero

Conmemoramos neste 31 de outubro o Día das Letras Galegas debido o seu adiadamento dende o mes de maio. Unha celebración máis estrana e que as condicións sanitarias e de distanciamento social non nos permiten levar a cabo grandes actividades dun xeito conxunto no cole. En todas as nosas aulas tiveron nestes días un recordo especial para Ricardo Carvalho Calero, escritor ao que se adicou este ano esta grande homenaxe. 
Sirva esta pequena peza elaborada por Illa Bufarda para A Fundación para recordar os momentos máis sobranceiros da vida e obra do primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela, numerario da Real Academia Galega e membro de honra da Associaçom Galega da Língua. 
Por mil primaveras máis!



Máis recursos e información en https://carvalho2020.gal/




Misteriosas presenzas no noso cole...

Samaín 2020. CEIP Rosalía de Castro. Ano complicado para compartir experiencias, para achegarnos, para poder facer cosas tod@s xunt@s... No medio desta situación algunha presenza aparece polo cole para encher de sonrisos (e algún que outro susto) ao noso alumnado. Moitas grazas querid@ compañeir@ por romper a regularidade do día a día e recordarnos que temos motivos para celebrar, conmemorar, facer  outros aprendizaxes distintos nestas circunstancias tan particulares que son tan ou máis importantes que os que aparecen nos libros de texto!



26/10/20

Recursos Samaín 2020

O Equipo da BE vén de recoller unha serie de recursos para traballar na aula referidos á celebración do Samáin que podedes atopar na nosa Biblioteca Escolar. Preme na imaxe para acceder a eles.





24/10/20

DÍA DA BIBLIOTECA

Nesta data celebramos o día do saber, da imaxinación, do pracer, do estudo, da cultura… Conmemoramos neste día 24 de outubro o Día da Biblioteca.

A iniciativa desta conmemoración remóntase a 1997, onde a asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, co apoio do Ministerio de Cultura, promove esta homenaxe ás bibliotecas tras a destrución da biblioteca de Saraxevo en 1992 durante o conflito balcánico. Querían con isto retratar e resurxir a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as idades, como lugar de convivencia, de formación e de cultura.

Certo é que as bibliotecas achegan o poder da lectura a tódolos públicos, independentemente da súa idade, posición e condición social, facendo que a cultura esté ao alcance de todos, e converténdose así nun axente igualitario da nosa sociedade. Hoxe en día as bibliotecas contan con recursos tanto en papel como dixitais, dotando aos usuarios da posibilidade de desenvolverse e acceder a tódolos contidos do mundo actual.

No eido educativo a biblioteca non fai mais que apartacións positivas ao noso colectivo. Convértese nun lugar de pesquisas interminables e saciador de curiosidades, nun lugar máxico onde perderse atopando libros, nun espazo de reflexión e aprendizaxe…  dándolle a posibilide a tódolos alumnos e alumnas de sentir voar a súa mente con cada parágrafo, con cada páxina… sendo cada libro unha viaxe a súa fantasía onde o único límite que teñen é a propia imaxinación.

Gozar do silencio exterior que rodea unha lectura chea de voces, persoaxes e aventuras, onde a inmersión lectora fará que perdas a noción do tempo, tempo o cal posibilitou vivencias e viaxes que na realidade física serían imposibles.


Vive mais, únete ao apaixoante mundo da lectura!






22/10/20

Merendas terroríficas!!

 


Concurso de minicontos de medo e terror

A Concellería de Cultura do Concello de Xinzo de Limia vén de convocar o I concurso de minicontos de medo e terror. Aquí podedes atopar as bases e toda a información que é necesaria para poder participar. Animádevos!



Bases completas do concurso

1/10/20

A lectura alimenta as caldeiras do cerebro

Ler non é un gran placer. ÉCHE UNHA obriga moral. Para pensar e reflexionar. E pescudar ata chegar ás propias conclusións. Tamén para gozar. Para perderse na viaxe interminable dun libro, extensión da imaxinación e da memoria, dicía Borges. Importante é o camiño, a festa do verán, xoias e perfumes no mercado de cada porto, cantan os versos de Kavafis. Todo o que atesoura a viaxe é preferible a Ítaca. Case é o itinerario que percorre entre as follas cada libro.

Ler é unha necesidade. Se non lemos, como imos aprender a escribir? Se non sabemos escribir, como imos pensar? E se non sabemos pensar, xamais chegaremos a ser humanos. No corazón do libro late o rumor do poderoso silencio. Percorres inéditas sendas do pensamento. Descobres o mundo e tamén o mundo dos outros. E se persistes, ata os propios adentros.

A cunca das mans que sosteñen o libro énchese co dourado po da beleza, a textura do tempo, todos os aromas dos ociosos paseos polo xardín das palabras. E que máis? vestidos adolescentes da primavera, a morna luxuria do sol, todas as esculturas que desnuda o inverno, o viño novo do outono. E que máis? Ulises e Safo. A estilizada beleza de Nefertiti e os seis mil crucificados con Espartaco. Cervantes da man de Shakespeare. A tantos filósofos desfalecidos na procura da verdade. Nos libros late o medo que queimou a bruxas que só querían ser mulleres. Figuras como Gandhi, a nosa Rosalía, Marie Curie, Olof Palme vivirán sempre nos libros.

E que máis? A pólvora dos canallas. Versos quentando o corazón. Dragóns nos contos infantís. Bolboretas e todas as alas do ceo. Soños. E realidades: en 2018 editáronse 62.180 títulos. Medran os lectores aínda que un 38,2% non le nunca. Mágoa, pero ler, como amar, non soporta o imperativo.

Non poden gañar os desprogramadores do cerebro, ese big bang con cen mil millóns de neuronas. Enleadas en billóns de sinapses, nelas aniña a intelixencia e a fantasía. E os odios. As pulsións do sexo e os latidos da solidariedade. Creatividade para recrear un mundo onde importan todas as veciñanzas dos seres vivos.

Cada libro éche unha viaxe a rexións xamais visitadas. Por exploradores vacinados contra as enfermidades dos fundamentalismos, ou o camiño unidireccional. Do fascismo, ou o matonismo da violencia e do odio. Do fanatismo ou nada máis que a miña verdade. Por iso, a primeira lección do ler é a dúbida razoable. A lectura alimenta as caldeiras do cerebro. Contra os manipuladores e sicofantes e a feligresía onde medra o ruído, os berros, os fanatismos inventáronse os libros. Son baratos. Gratuítos nas bibliotecas públicas. Nunca excesivos. Duran toda a vida. Sempre volvemos a eles. Algúns terán un lugar privilexiado nos faiados da memoria.

Si, ler non é un gran placer. É moitísimo máis. E tamén un gran placer.

Un artigo do amigo