Un ano máis . Do noso centro iremos en dous autocares; case un cento de persoas estaremos o sábado 2 de xuño no parque de Acea de Ama, en Culleredo participando na festa de fin de curso 17/18. Unha xornada festiva, con numerosas actividades nas que participar de forma gratuíta. Os máis lectores, os que superaron os retos lectores e así lograron o pasaporte lector e algúns máis que sen alcanzalo fixeron parte do camiño imos aló.
A festa comezará ás 11.00 e prolongarase ata as 19.30 horas. Durante todo o día, os nenos poderán participar en xogos tradicionais e de aventura; saltar nos 20 inchables que se instalarán nunha pista de herba artificial; participar en competicións deportivas ou dar un paseo en pónei, entre outras moitas propostas que se poden consultar no programa de actividades dispoñible nesta mesma páxina.
Na festa deste ano terá especial protagonismo a protección do patrimonio etnográfico, tema central do curso que inspirou moitos dos 350 proxectos ambientais desenvolvidos polos centros participantes nesta 21.ª edición. Todos eles, poderanse ver na exposición que se montará na festa, onde tamén se entregarán os premios aos traballos máis destacados deste curso.
Onde comer…
…si queres aproveitar a xornada a lume de biqueira e pasar todo o día no parque, ten en conta que se trata dun recinto con amplas zonas verdes para comer de picnic, levando a comida de casa. Tamén, dentro do propio parque, podes comprar a comida (haberá pulpeira, bares e tres food truck con comida tex mex e mexicana, hamburguesas, saladiños e doces). Tampouco faltarán os postos de chuches e xeados.
Que levar…
…roupa e calzado cómodo, crema para o sol, un viseira e moita enerxía!
Ten en conta que o parque de Acea de Ama é un espazo seguro, pechado, con servizos e atención sanitaria.
Enlaces