Mostrando entradas con la etiqueta nutriescola. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta nutriescola. Mostrar todas las entradas

3/6/25

Fixemos babot e pizza!

Durante todo o curso o alumnado de catro anos realizamos diferentes receitas grazas ao acompañamento das nosas familias.

As últimas dúas foron unha deliciosa pizza, da cal eliximos entre todos e todas os ingredientes e tamén un pan típIio de Marrocos: o BATBOT, un pan tipo pan de pita que nesta ocasión acompañamos de marmelada... Unha delicia!

O máis importante para nós foi poder compartir estes momentos coas nosas marabillosas familias que nos acompañan e nos axudan no día a día na nosa aprendizaxe.


GRAZAS, FAMILIAS!!



28/3/25

Saborosas mini pizzas

«A gastronomía é a arte de usar os alimentos para crear felicidade».Theodore Zeldin, académico británico

Unha vez máis, os nenos e nenas de 5 anos empregaron o espazo da aula de cociña do cole. Desta vez tocou cociñar PIZZA. Axudados polas mestras cortaron os anacos de masa para, cadaquén ao seu gusto, elaborar a súa propia minipizza cos ingredientes que desexaban. Unha vez cociñadas no forno tocou degustalas. Todos quedaron con gana de máis. 

Sen dúbida, unha receita con moito éxito!!






4/2/25

Facendo arepas

"Unha comida ben equilibrada é como un poema ao desenvolvemento da vida." Anthony Burgess, escritor británico

Grazas á participación das familias cociñamos arepas.

Foi moi divertido, e estaban boísimas!

Contamos coa axuda do persoal de cociña, o director, mestras do departamento de orientación, a coidadora e, por suposto, as familias.

Sen vós nada de esto sería posible!

Grazas, de corazón !!!

1/12/24

Galletas na nosa cociña

"Coida o teu corpo. É o único lugar que tes para vivir." Jim Rohn, empresario estadounidense

O pasado venres volvemos contar coa axuda das familias para elaborar unha deliciosa receita de galletas de manteiga, ideais para preparar este Nadal!

Desfrutamos mezclando os ingredientes, amasando e dando forma ás nosas galletas.

Non quedou nin a mostra!

Moitas grazas ás mamás participantes.

Seguiremos cociñando despois das vacacións.

30/10/24

Merendas terroríficas para @s máis pequen@s do cole!

"Non te deixes invadir... na Galicia temos Samaín"

@s máis pequen@s do cole poideron relamberse con estas merendas tan monstrosas que as súas mamis e os seus papis fixeron chegar ao cole. Pantasmas, morcegos, ... e demías protagonistas deste noso Samáin foron as vítimas das nenas e nenos de tres anos que non deixaron nin rastro destas criaturas terroríficas!
Remataron cun esconxuro onde cahamron as todas as meigas boas para cumprir co ritual tan propio destes días.
 Grazas familias por facelo posible !!!







28/10/24

Pequenos grandes chefs

 " Unha receita non ten alma, é o cociñeiro quen ten que darlle alma á receita" Thomas Keller, chef estadunidense

Coa chegada da festividade do Samaín,o alumnado de 6° de Educación Infantil non quixo perder a oportunidade para cociñar un rico biscoito de cabaza. Entre todos, e con moita ilusión e organización, picamos a cabaza, batemos ovos, medimos e pesamos o resto de ingredientes e mesturamos todos ata conseguir unha masa perfecta.

Aínda que o resultado non foi proporcional á ilusión coa que cociñamos, quedámonos coa experiencia e a vivencia de seguir sumando grandes momentos para crear recordos inesquecibles.

19/10/24

Preparamos unha torta riquísima!!!

 «A gastronomía é a arte de usar os alimentos para crear felicidade».Theodore Zeldin, profesor universtario británico.

O alumnado de quinto de Ed. Infantil tiñamos moitas ganas de visitar o taller de cociña do noso cole e que mellor oportunidade que elaborar unha riquísima torta de mandarina coa axuda das mamás e  que viñeron a botarnos unha man.

O primeiro que fixemos foi elaborar a receita que ibamos facer, fixándonos nos ingredientes que utilizariamos e os utensilios que cociña que ibamos a precisar.

Despois xa só quedaba poñer mans á obra e nun ratiño e coa axuda de todo o persoal de cociña do cole, xa tiñamos preparada o almorzo de media mañá dese día.

E quedounos.... Riquísimo !!!



10/10/24

Almorzos sans: Preparamos unha ricas galletas!!

 "Coida o teu corpo. É o único lugar que tes para vivir." Jim Rohn, orador dos EUA

Fomos @s encargad@s de estrear o novo espazo do centro dedicado aos obradoiros de cociña entre outros moitos quefaceres...

Estamos aprendendo a importancia de alimentarse ben e como hai certos "almorzos" que poden ser ben ricos e ben sans, como é o caso destas galletas que preparamos con plátanos e avea. Tivemos que completar todo o proceso, dende esmagar a froita, engadirlle o cereal, darlles forma e colocalas na placa do forno, para que despois Pablo, o cociñeiro do cole nos botara un man (máis ben as dúas) para fornealas e poder probar despois na clase  estas riquísimas galletas que preparamos.

Estamos segur@s que esta foi a primeira das moitas veces que seguiremos elaborando e descubrindo alimentos que nos gustan moito e que son bós para a nosa saúde!!