Mostrando entradas con la etiqueta educación infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta educación infantil. Mostrar todas las entradas

3/6/25

Fixemos babot e pizza!

Durante todo o curso o alumnado de catro anos realizamos diferentes receitas grazas ao acompañamento das nosas familias.

As últimas dúas foron unha deliciosa pizza, da cal eliximos entre todos e todas os ingredientes e tamén un pan típIio de Marrocos: o BATBOT, un pan tipo pan de pita que nesta ocasión acompañamos de marmelada... Unha delicia!

O máis importante para nós foi poder compartir estes momentos coas nosas marabillosas familias que nos acompañan e nos axudan no día a día na nosa aprendizaxe.


GRAZAS, FAMILIAS!!



30/5/25

Saída á granxa

Dentro do proxecto Quen vive na Limia? centrado nos animais que viven na nosa contorna, o alumnado de catro anos aceptou a invitación de tres alumnas do nivel para visitar os seus animais.

Tivemos a sorte de visitar a granxa de porcos de Iria, onde puidemos ver ás nais e  aos porquiños. Tamén saudamos á sua cadeliña, demos de comer ao seu cabalo e recollimos os ovos das galiñas.

Despois visitamos cerca da Saínza as vacas de Nagore, e a súa “burrita Lolita”, que comeu moitas cenorias e deixou a quen quixo subir ao seu lombo.

De paso alimentamos tamén aos coellos e pitas da avoa de Carmen.

Foi unha mañá fantástica, na que tamén nos invitaron á merenda e nos coidaron tanto que sempre nos quedarán ganas de volver!


26/5/25

Creando lembranzas

"El mejor trabajo es el que se hace en equipo" Hernán Sabio 

O profesorado, as familias e o alumnado de Educación Infantil gozaron todos xuntos dunha xornada especial, chea de emocións e diversión. Os xogos, bailes e a creatividade foron unhas das actividades principais desta xornada onde o traballo en equipo e a convivencia foron os verdadeiros protagonistas. Uníronse as fortalezas de cada un para acadar unha  meta compartida: crear recordos inolvidables para os nosos cativos.

19/5/25

Las herramientas de Ruby para hacer amigos

"A verdadeira amizade resiste o tempo, a distancia e o silencio". Isabel Allende, escritora chilena.

Este luns Uxía, mamá de Ana, decidiu repetir experiencia como pisacharcas. Desta vez elixiron para nós o conto "Las herramientas de Ruby para hacer amigos". Narra a historia de Ruby e as dificultades que supón a chegada a unha nova escola á hora de facer amigos. Pero nesta aventura contará coa axuda dunhas ferramentas moi valiosas (unha cinta métrica, uns alicates e unhas gafas de seguridade) que lle valerán para canalizar sentimentos como a ansiedade, o medo e o nerviosismo. Un conto moi tenro que nos mantivo coa intriga ata o final. Grazas pola túa visita, Uxía!




9/5/25

El niño con la cabeza de flores

 "Los libros son el avión,el tren,el camino. Son el destino y el viaje. Son el hogar" Anna Qindelen, periodista estadounidense.

Kenia, mamá de Mauro de 6⁰ de Educación Infantil, repetiu experiecia como mamá pisacharcas. Nesta ocasión, o conto protagonista foi "El niño con la cabeza de flores", que trata sobre a importancia da amizade, a superación de obstáculos e que verdadeira beleza reside na bondade e nas cualidades das persoas máis alá das aparencias.




6/5/25

Serafin, el pájaro que buscaba su melodía

"Un libro es un regalo que puedes abrir una y otra vez." Garrison Keillor, humorista estadounidense.

Hoxe os cativos e cativas de 6º de Educación Infantil puideron desfrutar dun conto da man de Laura, mamá de Marcos e nova pisacharcas do cole.

A través do conto Serafin, el pájaro que buscaba su melodía, os nenos e nenas interiorizaron a importancia dos aprendizaxes da vida cotidiana como algo fundamental para conformar a súa personalidade.




Adiós, soledad. ¡Hola, amor!

"Ser empático é ver o mundo cos ollos do outro, e non ver o noso mundo reflectido nos ollos del." Carl Rogers, sicólogo estadounidense.

Mercedes, mamá de Lola da aula de 5 anos A, quixo compartir con todos nós o conto "Adiós, soledad. ¡Hola, amor!".

A través desta lectura, e da man da pequena tartaruga Olivia, reflexionamos sobre a empatía, a capacidade de poñerse no lugar do próximo e o valor da verdadeira amizade. Grazas Mercedes por estas ensinanzas tan valiosas!!




23/4/25

O ladrón das flores

"Un libro é un soño que vostede ten nas súas mans." Neil Gaiman, escritor británico 

Este pasado martes visitounos Magalí, repetindo experiencia como pisacharcas. Contounos o conto O ladrón de flores, que trata de concienciar sobre o coidado e o respecto ás plantas e flores silvestres, como beneficio para a conservación do medio natural.




10/4/25

¿De qué color es un beso?

 "Segue lendo. É unha das máis marabillosas aventuras que calquera persoa pode ter." Lloyd Alexander, escritor estadounidense

Hoxe visitounos Karla coa finalidade  de sorprender aos nenos e nenas de 6 de infantil. Co conto ¿De qué color es un beso? Demostrounos a importancia de transmitir os sentimentos e as emocións a través das cores.Xuntos e dunha forma orixinal, sementaron a súa própia planta de bicos violetas .Ademais de levar un marabilloso agasallo para pintar os seus bicos de cores.

E os vosos bicos? De que cor son?.




28/3/25

Saborosas mini pizzas

«A gastronomía é a arte de usar os alimentos para crear felicidade».Theodore Zeldin, académico británico

Unha vez máis, os nenos e nenas de 5 anos empregaron o espazo da aula de cociña do cole. Desta vez tocou cociñar PIZZA. Axudados polas mestras cortaron os anacos de masa para, cadaquén ao seu gusto, elaborar a súa propia minipizza cos ingredientes que desexaban. Unha vez cociñadas no forno tocou degustalas. Todos quedaron con gana de máis. 

Sen dúbida, unha receita con moito éxito!!






26/3/25

Contos compartidos

"Só a propia e persoal experiencia fai ao home sabio". Sigmund Freud, médico austríaco

Esta mañá o alumnado de 5°A de Primaria representou para todo o alumnado de Educación Infantil unha serie de contos que eles mesmos elaboraron e ensaiaron con esmero. Esta actividade inclúese dentro da súa programación de lingua galega e tiña como obxectivo a mellora das destrezas comunicativas tanto orais coma escritas.

Pasamos unha mañá divertidísima escoitando as novidosas historias que prepararon. Quedamos con gana de máis!!






12/2/25

Coñecemos mellor o noso entroido

"O Museo Galego do Entroido é un espazo de tradicións, de mostra, salvagarda da cultura e do noso carácter."

O alumnado de catro anos visitou o Museo Galego do Entroido.Grazas a Carlos por recibirnos e explicarnos tantas cousas!

O mellor para aprender... observar!!!

"No décimo aniversario deste importante día, e agora que reflexionamos sobre os 30 anos transcorridos desde a Declaración de Beijing, axudemos a achandar o camiño cara ás carreiras en ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas que as mulleres e as nenas merecen e que o mundo necesita." Secretario Xeral da ONU, António Guterres

A Asemblea Xeral declarou o 11 de febreiro Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia en recoñecemento ao papel crave que desempeñan as mulleres na comunidade científica e a tecnoloxía. Na súa resolución do 22 de decembro de 2015, a Asemblea aprobou unha resolución que proclamaba este Día Internacional e encomiaba as iniciativas levadas a cabo pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO), a Entidade das Nacións Unidas para a Igualdade de Xénero e o Empoderamento das Mujeres (ONU Mujeres), a Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) e outras organizacións competentes para apoiar ás mulleres científicas e promover o acceso das mulleres e as nenas á educación, a capacitación e a investigación nos ámbitos da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas.

En catro anos realizamos un experimento no Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

11/2/25

E volveu nevar no Rosalía!

 “A tradición non se herda, conquístase.”  André Malraux, escritor francés

Un ano máis comeza o entroido máis longo de todo o mundo no noso cole. O alumnado de Educación Infantil celebraron o seu propio Domingo Fareleiro. 

O obxectivo destas actividade é poñer máis en valor, se é posible, o fondo sentimento de tradición que todas estas nenas e nenos teñen polo noso Entroido.

10/2/25

Transmitindo un #sentimento

 "Un pueblo sin el conocimiento de su historia pasada, su origen y cultura es como un árbol sin raíces" . Marcus Garvey

Dentro do proxecto sobre as culturas das nosas aulas, queremos que as familias teñan un papel relevante. Por este motivo quixemos contar con elas para recrear algúns dos intres máis salientables do noso Entroido. Engalanadas coas vestimentas típicas do fareleiro, colgamento do meco, oleiro, corredoiro e enterro da sardiña, compartiron con nós unha mañá fascinante e inesquecible, transmitíndonos o verdadeiro sentimento do Entroido de Xinzo. Moitas grazas pola vosa participación e por metervos de cheo no papel que representabades. Isto é só o comezo de todas as actividades que temos programadas coas familias.

4/2/25

Facendo arepas

"Unha comida ben equilibrada é como un poema ao desenvolvemento da vida." Anthony Burgess, escritor británico

Grazas á participación das familias cociñamos arepas.

Foi moi divertido, e estaban boísimas!

Contamos coa axuda do persoal de cociña, o director, mestras do departamento de orientación, a coidadora e, por suposto, as familias.

Sen vós nada de esto sería posible!

Grazas, de corazón !!!

1/12/24

Galletas na nosa cociña

"Coida o teu corpo. É o único lugar que tes para vivir." Jim Rohn, empresario estadounidense

O pasado venres volvemos contar coa axuda das familias para elaborar unha deliciosa receita de galletas de manteiga, ideais para preparar este Nadal!

Desfrutamos mezclando os ingredientes, amasando e dando forma ás nosas galletas.

Non quedou nin a mostra!

Moitas grazas ás mamás participantes.

Seguiremos cociñando despois das vacacións.

10/11/24

O pasadizo do terror!

"Ás veces perdes unha batalla. Pero as travesuras sempre gañan a guerra." John Green,  escritor estadounidense.

As mestras de Educación Infantil prepararon unha chea de actividades para conmemorar o Samaín co seu alumnado. Disfraces, merendas especiais, ... e ata un pasadizo do terror cheo de probas e actividades por superar. Todo un acerto!! O noso alumnado gozou con todas elas e este pequeno vídeo e boa mostra diso!!!

6/11/24

Samaín en cinco anos

"Ser neno é vivir entre soños e xogos, sen saber onde rematan uns e empezan outros." Autor descoñecido.

Esta pasada semana quixemos que nenas e nenos fosen os protagonistas dunhas actividades moi especiais. Comezamos o luns, cos ollos brillantes de emoción e as mans ben arremangadas, vaciando cabazas, entre risas e algún que outro berro de sorpresa ao tocar a viscosa masa interior.

O martes foi hora de meter as mans na masa, literalmente, xa que xuntos creamos unhas masas de cores ao gusto de cada quen.

E chegou o gran día de Samaín. Ataviados coas nosas galas máis aterradoras participamos nun circuíto terrorífico con moita diversión e momentos para recordar.

30/10/24

Merendas terroríficas para @s máis pequen@s do cole!

"Non te deixes invadir... na Galicia temos Samaín"

@s máis pequen@s do cole poideron relamberse con estas merendas tan monstrosas que as súas mamis e os seus papis fixeron chegar ao cole. Pantasmas, morcegos, ... e demías protagonistas deste noso Samáin foron as vítimas das nenas e nenos de tres anos que non deixaron nin rastro destas criaturas terroríficas!
Remataron cun esconxuro onde cahamron as todas as meigas boas para cumprir co ritual tan propio destes días.
 Grazas familias por facelo posible !!!